"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • [Phytolacca americana, Fam das fitolacáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Extensión grande de monte baixo.

    2. Propiedade rural, pechada, con construcións diversas, que se dedica á explotación agrícola e gandeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, un león rampante de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Doutorouse en Teoloxía en Roma e estudiou xornalismo na Columbia University de Nova York. En 1918 exerceu como redactor en El Debate e posteriormente traballou en Ya, España Pesquera e El Ideal Gallego, ademais doutras publicacións españolas e estranxeiras. A partir de 1921 foi correspondente da axencia News Service. Despois de fundar con Angel Herrera Oria en 1926 a escola de xornalismo El Debate, foi asesor do Sindicato Nacional de Pesca. Durante a Guerra Civil española foi cronista de guerra co grao de tenente provisional. Publicou La Escuela de Periodismo. Programas y métodos (1930), Qué debe España a los religiosos? (1932), Mares y peces (1952) e a tradución Mi conversión al catolicismo (1940), do cardeal Newman. En setembro de 1949 foi nomeado fillo predilecto da vila de Cangas e déuselle o seu nome a unha rúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Románica, foi catedrático de Lingua e Literatura de ensino medio. Desde os dezaoito anos formou parte, xunto con Celso Emilio Ferreiro, do consello de redacción da revista de poesía Alba e durante a súa etapa de estudante en Salamanca (1955-1957) foi un dos impulsores da revista Clavero e da tertulia Marabunta, organizadora de encontros culturais e diversos recitais poéticos na universidade salmantina ao lado de Rafael Laínez Alcalá. En 1958 participou en Madrid na fundación do grupo Brais Pinto e colaborou en diversas publicacións. Incluído na Xeración das Festas Minervais, da súa produción destaca, Poema do home que quixo vivir (1958), Vinte mil pesos crime (1962), Contos populares da provincia de Lugo (1963), Profecía do mar (1966), O león e o paxaro rebelde (Premio O Facho 1969), Fins do mundo (1974), Sinfarainín contra don Perfeuto (1975), Non vexo Vigo nin Cangas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Covelo baixo a advocación de san Bernabeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Rosa de Viterbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteceso baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no lugar de Mourelos (Toques), aséntase sobre un outeiro. O estudo do xacemento iniciouse en 1933 coa catalogación feita polo Seminario de Estudos Galegos e continuou coas diversas campañas de escavación (1987-1993), realizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de Arqueoloxía da Universidade de Lodz (Polonia) e o Museo da Terra de Melide. Ocupado entre o s VIII a C e o s II d C, trátase dun asentamento de tamaño reducido defendido por unha muralla oval, primeiramente un simple terraplén de terra, e en época romana construída en pedra. Ao xacemento accédese por medio dun camiño de época romana escavado na rocha con muros de cachotería nos laterais, que estaría cuberto por unha estrutura de madeira. Neste camiño, ademais de apreciarse as rodeiras de carros no seu lousado, atopáronse gran número de chatolas de ferro pertencentes á cuberta de madeira e restos materiais romanos. A entrada do castro estaría protexida por unha porta levadiza flanqueada por dúas torres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Realizou estudios de debuxo, pintura, gravado e ingresou na facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. A súa obra caracterízase polas cores suaves e cuns ritmos que analizan as formas curvas e orgánicas mostrando un surrealismo moi persoal. Realizou diversas exposicións individuais e colectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. milgranda.

      1. Proxectil cheo de material explosivo que se pode lanzar coa man (granada de man) ou cunha arma de fogo (granada de fusil). A explosión prodúcese por percusión ou mediante unha espoleta retardada.

      2. granada contrapersoal

        Proxectil de aceiro que leva unha carga interior de balotes esféricos de chumbo e antimonio, unidos en condicións normais por unha substancia aglutinante coa que forman unha masa compacta ata que se produce a explosión.

      3. granada de agresión química

        Proxectil que non produce metralla e que está cargado cunha substancia que provoca efectos lacrimóxenos, sufocantes ou tóxicos.

      4. granada de fume/granada fumíxena

        Proxectil similar á granada de agresión química pero coa carga de fósforo branco ou de calquera outra substancia fumíxena, que serve para diminuír a visibilidade creando nubes de fume que dificulten a percepción dos efectivos propios por parte do inimigo.

      5. granada incendiaria

        Proxectil cheo de pequenos cilindros cargados de material inflamable que pode ser unha mestura de aluminio en po e óxido de ferro, ou unha solución de fósforo branco con sulfuro de carbono, ou ben bencina xelatinizada con xabón de aluminio (napalm), ou algún outro inflamable reincidente.

      6. granada rompedora

        Proxectil constituído por un recipiente de aceiro ou de fundición de aceiro cheo dun potente explosivo. O efecto prodúcese pola onda explosiva e polas estelas nas que se fragmentan as diversas partes ao estouparen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio e capital da provincia homónima, Andalucía, situado ao pé de Sierra Nevada e na confluencia dos ríos Darro e Genil (240.661 h [2001]). A comezos do s XX a poboación experimentou un grande aumento (dos 70.000 h de principios de século ata os 150.000 h en 1950), grazas á introdución da remolacha, que o converteu nun centro inmigratorio. Coincidindo coa reforma agraria, sufriu grandes transformacións urbanas e adquiriu unha nova estrutura urbanística. É o centro dunha ampla rexión agrícola, a Vega de Granada, e un núcleo de vías de comunicación entre o val do Guadalquivir e o Mediterráneo. Destaca como núcleo comercial, turístico e, en menor medida, industrial. É sé arcebispal. Fundada no s VIII polos musulmáns sobre a antiga cidade romana de Elvira, non se desenvolveu como cidade ata a constitución no s XI do reino taifa de Granada, cando o núcleo urbano se trasladou ao Albaicín. No s XIII, trala creación do reino nazarí de Granada, a cidade acadou un gran desenvolvemento urbano...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Andalucía (12.531 km2; 821.660 h [2001]). A súa capital é Granada. A poboación concéntrase nas beiras dos ríos e na zona de Motril. A base da súa economía é a agricultura de regadío centrada nos cultivos de hortalizas, froiteiras, remolacha azucreira e patacas. Tamén ten importancia a gandería caprina e porcina ademais das industrais alimentarias, metalúrxicas, da construción, da confección e da pel. O turismo eo comercio teñen unha importancia crecente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Nicaragua (929 km2; 155.683 h [1995]). A capital é Granada (71.783 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de América Central, situado no mar das Antillas, formado pola illa homónima e por un grupo das illas Granadinas (344 km2; 94.000 h [estim 2001]). Situado ao SL do Caribe, é a máis meridional das illas Windward ou de Barlovento. Esténdese entre os 12° de latitude N e os 62° de lonxitude O. A capital é Saint George’s.
    Xeografía física

    Relevo e climatoloxía
    De orixe volcánica, o seu relevo é bastante montañoso, co punto máis elevado no monte Sainte Catherine situado a 840 m de altitude. Os vales situados entre as montañas son bastante fértiles e están drenados por numerosos ríos. A illa conta tamén con importantes mananciais termais, algúns lagos de montaña e amplas praias. O clima é tropical, cunha temperatura media anual de 27,8°C. As precipitacións anuais na costa son de 1.524 mm e a estación das chuvias prolóngase entre xuño e decembro.
    Xeografía económica

    Economía
    A agricultura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Doutor en Dereito na Universidad de Montevideo, foi xuíz e ocupou a cátedra de Dereito Civil e de Xentes no Liceo Católico, a de Literatura no Ateneo Uruguay e a de Dereito Natural na Universidad Nacional. Colaborador de diversas publicacións, publicou Vocabulario rio platense razonado (1889 e 1890) e Reseña histórico-descriptiva de antiguas y modernas supersticiones del Río de la Plata (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de campañas (1481-1492) levadas a cabo polos Reis Católicos co fin de anexionar o Reino de Granada. Aínda que favorecidas polos continuos enfrontamentos entre a familia nazarí reinante, a guerra non foi fácil como consecuencia das numerosas forzas e prazas fortes que existían no reino granadino. A guerra formulouse a longo prazo e buscou illar a capital do reino. Os Reis Católicos financiárona a través de diversos medios: a declaración por parte do papado de cruzada, os préstamos xudeus, a venda de cativos e as continuas levas, como as documentadas en Galicia nas que se concedía o perdón a cambio de servir na Guerra de Granada por un prazo non inferior a catro meses. Durante os primeiros anos da contenda sucedéronse as escaramuzas entre cristiáns e musulmáns, pero a partir de 1483, coa vitoria dos exércitos cristiáns en Lucena e o apresamento do Rei Boabdil, que se converteu en vasalo dos Reis Católicos, iniciouse un período durante o que os cristiáns conquistaron numerosas prazas...

    VER O DETALLE DO TERMO