"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Xoán que dá nome ao concello de Mazaricos, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Xallas, situado no O da Comunidade Autónoma de Galicia, ao SO da provincia da Coruña, e situado a 42° 56’ de latitude N e 8° 58’ de lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Vimianzo, Zas (Terra de Soneira), Santa Comba (Xallas) e Dumbría (Fisterra), ao L cos de Negreira (A Barcala) e Outes (Noia), ao S cos de Outes (Noia), Carnota e Muros (Muros) e ao O co de Dumbría (Fisterra). Abrangue unha superficie de 187,3 km 2 nos que acolle unha poboación de 5.170 h (2007), distribuída nas parroquias de Alborés, Antes, Arcos, Beba, Chacín, Coiro, Colúns, Corzón, As Maroñas, Mazaricos, San Fins de Eirón e Os Vaos. A súa capital é o lugar da Picota, na parroquia de Mazaricos, situada a 124 km da cidade da Coruña e a 55 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago de Compostela e á ao partido xudicial de Muros.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Mazaricos localízase nunha área prelitoral que pertence ao chanzo que desde a Dorsal... -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mazaricos. De estilo neoclásico, data de finais do s XVIII e principios do s XIX e ten planta de cruz latina cunha soa nave. A capela maior presenta planta rectangular e cóbrese con bóveda de canón apuntada reforzada cun grande arco triunfal. A ábsida complétase cun retablo barroco que tapa o fondo e as capelas laterais comunícanse coa nave central por medio de arcos apuntados. No exterior destaca a torre de planta cadrada dividida en tres corpos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Espiga de millo.
-
Cantidade de la, fío ou estopa que se coloca dunha vez no fuso.
-
Peza metálica ou doutro material con forma de cilindro arredor da que se enrola o fío nunha máquina de coser ou nun tear.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa que é baixa e grosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reserva de metal líquido que ten por obxecto producir, dentro do molde, a presión necesaria para asegurar que o metal líquido ocupe todo o espacio.
-
PERSOEIRO
Mariño e político. Participou nas expedicións de Xoán de Lángara (1772 e 1774) e en 1783 ascendeu a xefe de escuadra. Defendeu Cádiz (1797) contra a escuadra de Horatio Nelson e en 1801 foi separado do servicio, a petición de Napoleón I Bonaparte, por opoñerse aos seus plans navais. En 1808 Xosé I Bonaparte nomeouno ministro de Mariña e en 1809 delegado rexio para organizar Galicia. Na Coruña anunciou o resarcimento dos gastos ocasionados pola guerra e os abusos franceses, pero o seu labor diplomático foi inútil e tivo que fuxir xunto cos franceses cando os exércitos populares se fixeron coa situación.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Murcia, situado na costa do golfo homónimo (20.841 h [2001]). Posúe industrias metalúrxicas aínda que a principal actividade económica é a agricultura, cun importante crecemento do regadío, seguido da pesca, do turismo e da minería.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo mazateco ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo mazateco.
-
Pobo que habita nas proximidades de Huantla e Teotitlán (Oaxaca). En época precolombina os mazatecos poboaban a rexión chamada olmeca, no estado de Veracruz.
-
Lingua otomangueana do phylum amerindio que fala o pobo mazateco.
-
-
CIDADES
Cidade do estado de Sinaloa, situada en México (380.509 h [2000]). É o principal porto mexicano da costa pacífica, e un importante núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, situado ao pé da serra Calva, e drenado polo río Saja, ao SO de Torrelavega (1.846 h [2001]). O núcleo do termo é Luzmela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político-relixioso propugnado en Persia no s V polo mago e sacerdote Mazdak (470?-535). Tendía ao igualitarismo e a un comunismo incipiente e foi perseguido cruelmente (528-529) ata que os seus seguidores foron reducidos á clandestinidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relixión da antiga Persia que orixinariamente tiña un carácter dualista, pero foi interpretada nun sentido monoteísta por Zoroastro, quen estableceu a Ahura Mazdā (Ormazd) como deus supremo. Posteriormente derivou en ritualista e asumiu elementos xudeus e budistas; este sincretismo debilitou o monoteísmo zoroástrico: o principio do mal, Ahrimān (Angra Mainyu), erixiuse en rival de Ormazd, nun dualismo case absoluto. Aínda que a noción de salvador (shaoshyant) foi lixeiramente tardía, correspondeu ao papel representado por Zoroastro. No s VII os mazdeístas refuxiáronse en India e en Persia, e entre estes xurdiron os autores máis destacados das obras teolóxicas mazdeístas, como Dênkart (s IX), os do Libro de Zoroastro (ss XII-XIV) e os de Revâyât (ss XV-XVIII).
-
-
Relativo ou pertencente ao mazdeísmo.
-
Seguidor do mazdeísmo.
-
-
PERSOEIRO
Atamán dos cosacos de Ucraína. Estivo do lado do tsar Pedro I de Rusia no comezo da Guerra Nórdica (1700-1721), pero coa intención de asegurar a independencia de Ucraína, asinou un acordo con Carlos XII de Suecia. Vencérono xunto cos suecos en Poltava (1709).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cansar ou debilitar moito a alguén.
-
Sentir alguén gran cansazo ou debilitamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prisión subterránea. Cela de carácter provisorio.
-
-
Martelo de madeira que pode ser de diferentes tamaños.
-
Instrumento para mazar o liño.
-
Instrumento para mazar o leite que ten no extremo do mango unha roda.
-
Martelo grande que usa o ferreiro para estirar o ferro.
-
Ferramenta para axustar as rodas do carro ao eixe cando estas están frouxas.
-
Artiluxio que se emprega para moldear ou bater o ferro, que consta dunha roda hidráulica que lle transmite o movemento de rotación á árbore, e que leva unhas pezas que tropezaban alternativamente co cabo do mango, facendo que o mazo se levante e golpee enriba da engra.
-
Peza do carro coa que se asegura a cuña que se pon nas rodas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha ponte de pedra unida a un castelo, adestrado dunha árbore de sinople. Dunha fiestra sae un brazo cara a destra; bordo de sinople, cargado de oito aspas de ouro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Verducido (A Lama). O seu cumio acada os 782 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO