"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
-
Relativo ou pertencente aos uranoscópidos.
-
Peixe da familia dos uranoscópidos.
-
Familia dos peixes teleósteos, da orde dos perciformes, de dimensións medianas, cabeza grande e cúbica, boca cortada oblicuamente e aberta, polo tanto, cara a arriba, os ollos totalmente dorsais, con dúas aletas dorsais pelvianas en posición xugular e a caudal non escotada, o opérculo provisto de fortes e agudas espiñas que comunican con glándulas velenosas capaces de producir feridas dolorosas -incluso a morte ao home-, e órganos eléctricos detrás dos ollos que poden emitir descargas de ata 50 volt.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
uránico.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Urartu, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Urartu.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo urarteo.
-
Individuo do pobo urarteo.
-
Pobo que habitou nas proximidades do lago de Van (Turquía), que estendeu os seus dominios cara a Cilicia e o N de Siria, ata que os escitas tomaron a súa capital en 609 a C.
-
-
Lingua propia de Urartu que semella estar emparentada co hurrita. Escribíase en caracteres cuneiformes, nun silabario derivado do sumerio-acadio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo país de Oriente Medio, situado ao N de Asiria e centrado ao redor do lago de Van (Turquía). Mencionado nas fontes asirias desde o s XIII a C, os urarteos amosaron certas semellanzas cos hurritas. Despois das derrotas sufridas polos seus soberanos Uruatri e Aramu contra Salmanasar I e II respectivamente, Sardurio I (840-830 a C) fundou unha nova dinastía que iniciou unha fase de esplendor vinculada á metalurxia do ferro. Desde mediados do s VIII a C estendeu os seus dominios polo val do río Araxes, Melitene (777) e unha parte do Reino de Tuate de Tabal. Sardurio II (755-735 a C) expandiuse cara ao O, chegando a Cilicia, ao N de Siria e á zona do Tigris, pero o renacemento do poder asirio con Teglatfalasar III, significou a fin da influencia urartea na zona (743 a C). Ademais Rusas I (735-713 a C) tamén foi vencido polos cimerios (714 a C), e por Sargón II de Asiria e, a partir da toma da súa capital polos escitas (609 a C), Urartu deixou de existir como estado importante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido úrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza dun exceso de uratos nos ouriños.
-
CAPITAIS
Capital do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón (469.675 h [1997]). Situada na ribeira do río Ara, ao NL de Toquio, é un centro residencial e administrativo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Toquio, na illa de Honshū, Xapón, situada ao lado da baía de Toquio, ao L da conurbación (123.376 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de Bujumbura.
-
-
Xuro superior ao que establece a lei ou o uso.
-
Delito cometido por quen presta habitualmente cartos con xuros desproporcionados.
-
Beneficio ou aproveitamento excesivo.
-
-
-
Relativo ou pertencente á usura.
-
Aplícase a un empréstito ou un xuro en que hai usura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insecto coleóptero robusto, de gran tamaño e cores escuras, provisto de mandíbulas moi fortes e desenvolvidas. O macho (8 cm) mide practicamente o dobre ca a femia, que carece destas mandíbulas. Teñen a cabeza e o tórax cuadrangular cun par de élitros, baixo os que se esconde o abdome, e outro par de ás membranosas. Aliméntanse de materia vexetal e a súa presenza está asociada, principalmente, aos bosques de carballeiras, pois non só se alimenta do zume desta árbore, senón que tamén utiliza a madeira do chan en descomposición para poñer os seus ovos. Están presentes en varios países de Europa, e en España habitan na rexión N e zonas moi concretas do centro. En Galicia atópase por toda a rexión, pero a súa captura está prohibida xa que é unha especie protexida.
-
MONTAÑA
Aliñación montañosa do centro de Galicia, situada nos contrafortes orientais da Dorsal Occidental Galega, que serve de límite ao concello de Monterroso cos de Taboada e Portomarín. Con dirección SSO-NNL, culmina a 830 m de altitude no monte San Cristovo, na Torre (Taboada). Constitúen a divisoria de augas das concas do Ulla, ao que verten os ríos que drenan a súa vertente occidental, e do Miño, colector que recolle as augas da súa aba oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Coñecido como Jiři Mahen, escribiu obras poéticas de ton impresionista, ademais de dramas, como Mrtvé More (O mar Morto, 1918), e novelas, como Kamarádi svobody (Camaradas da liberdade, 1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiadora. Especilista en historia contemporánea, foi codirectora desde 1988 do proxecto HISTORGA (Historia Oral de Galicia), que recollía testemuños orais da historia recente de Galicia e formou parte do Seminario de Fontes Orais. Publicou Prensa juvenil y estudantil en el bando franquista de la Guerra Civil (1986) e La Universidad de Santiago de Compostela 1898-1936 (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de varrer.
-
Desperdicios e lixo que quedan ao varrer.
-
-
GALICIA
Actriz teatral. Coñecida como Maruxa Villanueva, emigrou a Arxentina en 1926, onde iniciou a súa carreira como cantante de alalás e composicións galegas. Contou cun programa propio na televisión arxentina, que compaxinou co teatro. Montou, co autor Daniel Varela Buxán e co actor Fernando Iglesias Tacholas, a Compañía de Arte Regional Gallego “Aires da Terra”, que co tempo se converteu na Compañía Galega Maruxa Villanueva. Puxo en escena obras como Os vellos non deben de namorarse (1941), de Castelao, e as súas representacións tiveron moito éxito en Arxentina e Uruguay. Ao seu regreso a Galicia (1971) encargouse da dirección da casa-museo de Rosalía de Castro en Padrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora e mestra, irmá de Dora Vázquez. Coñecida como Pura Vázquez, foi secretaria da Escuela de Periodismo da Universidad Central de Caracas e encargada do Archivo Fotográfico do Instituto Nacional de Cooperación Educativa. Colaborou en diversas publicacións periódicas, como ABC, Estafeta Literaria, La Noche, Posío, La Voz de Galicia e La Zarpa. A súa obra, fundamentalmente poética, caracterízase polo lirismo, a relixiosidade e o intimismo, con certas doses de preocupación social e o emprego dalgúns tópicos de carácter romántico. É autora de Íntimas (1952), Maturidade (1955), A saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971), Verbas da edra no vento (1992) e Zodíaco, opúsculo (1992). No eido da literatura infantil, de trazos moralistas e clásicos, destacan os poemarios Versos pra os nenos da aldea (1968) e A música dos tempos (2002), ademais da narración “Segundo Pereira”, incluída no...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Carmen Pura Vázquez Iglesias.
-
-
Acción e efecto de velar ou velarse.
-
Capa sutil de cor que o artista estende sobre unha pintura xa seca, para facer resaltar o ton, para suavizar a modelaxe ou para modificar a forza da coloración.
-