"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Pintor. Militar de profesión, instalouse en Vigo en 1950. Especializouse na realización de acuarelas. As súas obras, fundamentalmente paisaxes, caracterízanse pola perfección do debuxo, pola pincelada solta e ampla e polos contrastes de dous planos de cor. Realizou exposicións en diversas cidades españolas. Recibiu a Medalla de Ouro da Bienal de Pontevedra en 1972 e 1975, a Medalla de Plata do XLII Salón de Otoño de Palma de Mallorca (1983) e o Premio Nacional de Pintura Ejército 1986. A súa filla María Luisa Heredero (Vigo 10.1.1963), coñecida como Mariola Heredero, cultiva tamén a acuarela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teorema que afirma que o número e, base dos logaritmos neperianos, é un número transcendente. A extensión do teorema, que afirma que para calquera número alxébrico α, o número ea é un número transcendente, coñécese como teorema de Hermite-Lindemann. Foi demostrado por Charles Hermite.
-
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en Madrid, Salamanca e París (1913). Cun estilo sobrio, tallou en pedra obras realistas, inspiradas na arte exipcia antiga, cunha temática animalista e bustos, nús e retratos. Legou a maior parte da súa obra ao Estado español.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Doutorouse en Medicina en 1907 en Madrid. Foi discípulo de S. Ramón y Cajal. En 1911 estudiou farmacoloxía co Dr. Schmiedeberg en Estrasburgo. Desde a súa licenciatura dedicouse de forma preferente á patoloxía e seguiu formándose en gastroenteroloxía. Foi catedrático de Terapéutica da Universidad de Madrid (1912) e membro da Real Academia de Medicina de Madrid (1919). En 1922 demostrou a inconstancia da hiperclorhidria no ulcus. Xunto con G. Marañón escribiu Manual de medicina interna (1916). Foi un dos máximos impulsores do desenvolvemento da farmacoloxía moderna en España e gran mestre de terapéutica e gastroenteroloxía. Foi nomeado presidente da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición en 1933, desempeñando esta función ata o ano 1936. Foi presidente do Consejo Nacional de Cultura (1933), membro de cinco academias americanas, e membro de honor e medalla de ouro de numerosas academias españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor húngaro. De orixe xudía e como promotor do sionismo, propuxo a reconstrución dun Estado xudeu fundamentado na raza con Der Judenstaat (O estado xudeu, 1895) e Altneuland (Vella terra nova, 1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á flor ou á planta que ten o perianto diferenciado en cáliz e corola distintos entre sí.
-
-
Que está formado por elementos de distinta natureza ou que teñen propiedades diferentes.
-
Aplícase á reacción que se produce entre substancias que están en fases diferentes.
-
-
PERSOEIRO
Político alemán. Membro do Deustche Demokratische Partei, foi membro do Reichstag (1924-1928; 1930-1933). Profesor no Colexio de Ciencias Políticas de Berlín, foi expulsado polos nazis en 1933. Cofundador do Demokratischen Partei Deutschlands (1946), participou na redacción da Constitución da República Federal (1948-1949). Foi o primeiro presidente da República Federal de Alemaña (1949-1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Estudiou nas universidades de Budapest, Berlín e Friburgo. Traballou nas universidades de Manchester, onde colaborou con Ernest Rutherford, Viena e Copenhaguen, onde colaborou con Niels Bohr, e logo traballou no Instituto Bohr de Física Teórica. En 1923 descubriu, xunto con D. Coster, o hafnio en minerais de circonio, onde as teorías de Bohr predecían a súa existencia. A partir de 1934, Hevesy comenzou a estudar a utilización dos isótopos radioactivos, especialmente o fósforo, como indicadores de fenómenos químicos e biolóxicos, polo que se lle outorgou o Premio Nobel de Química en 1943. Das súas obras destacan Element Hafnium (1925), A manual of radioactivity (1939), Indicadores radioactivos (1948), e Adventures in radioisotope research (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos hidnáceos.
-
Boleto da familia dos hidnáceos.
-
Familia de afiloforais de basidiocarpo carnoso ou coriáceo, con papilas revestidas polo himeneo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás hidrocaritáceas.
-
Planta da familia das hidrocaritáceas.
-
Familia de hidrocaritais de flores actiomorfas, hipóxinas e trímeras, e de froitas baciformes. Comprende unhas 100 especies de herbas acuáticas como as do xénero Elodea.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás hidrofiláceas.
-
Planta da familia das hidrofiláceas.
-
Familia de solanais constituída por plantas herbáceas de flores actimorfas e a miúdo pentámeras e froitos capsulares. Consta dunhas 170 especies propias de América do Norte.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos hidroideos.
-
Cnidario da orde dos hidroideos.
-
Orde de cnidarios da clase dos hidrozoos xeralmente coloniais e con alternancia de xeracións entre pólipos e medusas no seu ciclo biolóxico (a hidra é unha excepción). As colonias, a miúdo moi ramificadas, son frecuentes en todos os mares. Tamén hai especies de auga doce.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meteoro acuoso determinado pola condensación ou conxelación do vapor de auga atmosférico. Pódese presentar en gotas líquidas en suspensión (as nubes, a néboa e a brétema), en precipitacións líquidas ou sólidas (a chuvia, a neve e o pedrazo) e en depósito líquido ou sólido formado directamente en contacto co terreo sen que o depósito sexa precipitado (orballo e xeada).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da meteoroloxía que estudia os produtos da condensación e sublimación do vapor de auga atmosférico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que investiga os caudais subterráneos ou superficiais de auga, tratando de descubrir novos acuíferos e de conservar os caudais superficiais e subterráneos xa existentes. OBS:Tamén se denomina hidroloxía superficial e subterránea.
-
-
Relativo ou pertencente ás higroforáceas.
-
Boleto da familia das higroforáceas.
-
Familia de agaricais con láminas grosas, cerosas e espaciadas, con basidios longos, sen veo parcial, e con esporada branca.
-
-
-
Cerimonia do casamento.
-
Composición nupcial da lírica clásica, cantada a coro cando a esposa era acompañada á casa do esposo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deus que preside o cortexo nupcial. Segundo as diversas tradicións pode ser fillo dunha musa, de Apolo ou de Dionisio e Afrodita. Na súa orixe foi a personificación do canto do himeneo, do cántico ritual que se efectuaba nos casamentos e que consistía en repetir amodo de estribillo o seu nome (“Himeneo! Himeneo!”). Esta tradición foi iniciada por un grupo de mozas en agradecemento ao deus por telas liberado dun ataque pirata. Represéntase como un belo mozo ben vestido e portando como atributos unha coroa de rosas e flores, un facho e, ás veces, unha frauta.
-
-
Relativo ou pertencente ás himenofiláceas.
-
Pteridófito da familia das himenofiláceas.
-
Familia de pteridófitos, da orde das eufilicais, que presentan os esporanxios sobre un receptáculo e protexidos por un indusio, e anel completo. Atópanse fundamentalmente nos bosques húmidos das montañas intertropicais.
-