"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • ácido undecanoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hunan, China, á beira do río Siang (487.148 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcano lineal de vinte e un átomos de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Centrado nun correcto nu feminino de contornos nebulosos, converteuse nun abandeirado da Alsacia perdida por Francia en 1871. O seu estudo de París foi convertido nun museo que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glándula dixestiva integrada pola fusión do páncreas e do fígado, que forman unha única masa secretora de zumes dixestivos. É propia de diversos grupos de invertebrados (crustáceos, arácnidos e moluscos) e non ten relación co fígado ou co páncreas dos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aldehido saturado que se obtén pola destilación de aceite de castor a presión reducida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á flor que presenta sete estames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidrocarburo saturado. É un líquido incoloro, inflamable, insoluble en auga, de punto de ebulición 98°C. Atópase no petróleo, do que se separa por destilación fraccionada. Emprégase como disolvente e como referencia para a determinación do índice de octano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido pimélico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido graxo saturado presente no aceite de fusel e que tamén está identificado nalgúns aceites rancios. Obtense por oxidación do heptanal. O seu nome común é ácido enántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol alifático obtido a partir do heptanal por redución con ferro en medio acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos hexánquidos, ao que pertence o tiburón gris.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Heraclio.

    2. Aplícase á dinastía dos emperadores bizantinos fundada por Heraclio I (575-641).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico liberal editado en Santiago de Compostela a partir do 21 de abril de 1820. Cesou a súa edición en outubro dese ano (nº53). Saía todos os martes e venres dos obradoiros tipográficos de Campaña e Aguayo. Fundado e dirixido por Antonio B. Fandiño, incluía artigos de carácter satírico dirixido aos políticos, feito que motivou a suspensión da edición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Ourense a partir de 1928. Cesou a súa edición o 13 de outubro de 1930. Fundado e dirixido por Xosé Fernández Gallego, na súa elaboración participaron destacados membros da intelectualidade ourensá da época. En 1930 foi substituído por Heraldo de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director de escena. A súa traxectoria profesional está moi vinculada á pedagoxía teatral e ao teatro para a infancia e a mocidade. Destaca a súa colaboración con moi diversos movementos de renovación pedagóxica e a súa actividade á fronte de Acción Educativa, entidade responsable da Escuela de Verano de Madrid e das Semanas Internacionales de Teatro para nenos que se organizan en Madrid e A Coruña. Colaborador da revista Cuadernos de Pedagogía, dirixiu diversos espectáculos con compañías de teatro infantil españolas e europeas, e publicou Teatro y Escuela ou Teatro, imagen y animación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. Coñecida como Rocío Dúrcal, comezou cantando en programas de radio e televisión como Primer aplauso, de TVE. Co produtor Luís Sanz debutou no cine con quince anos. Entre as películas nas que participou destacan Canción de juventud (1962), Rocío de la Mancha (1962), Tengo 17 años (1964), Más bonita que ninguna (1965), Las Leandras (1969) ou Marianela (1972). Gravou numerosos discos, entre os que salientan os dedicados á música mexicana, como Caramelito (2003) ou Entre Tangos y Mariachi (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e pedagogo alemán. Formado en Suíza, foi profesor nas universidades de Kaliningrad e Göttingen. Como filósofo considerou que o obxecto da filosofía era a análise crítica das nocións derivadas empiricamente para acceder á esencia da realidade. Entre as súas obras destacan Über philosophisches Studium (Sobre o estudo filosófico, 1807) e Allgemeine Pädagogik (Pedagoxía Xeral, 1806).

    VER O DETALLE DO TERMO