"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Químico inglés. Traballou no campo da cinética das reaccións químicas. Son relevantes os seus estudios da cinética química dalgúns enzimas bacterianos. En 1956 compartiu con Sem’onov o Premio Nobel de Química polas súas achegas á cinética química.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Área de influencia dunha cidade, para a que esta exerce funcións comerciais e administrativas de xeito inmediato.
-
Territorio, segundo o dereito internacional na época de expansión colonial, que se estendía tras dun sector costeiro colonizado que se consideraba baixo a influencia do estado colonizador aínda que non o tivese ocupado efectivamente.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cangas. Construída en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave. Cóbrese con bóveda de canón. No interior destaca o retablo cunha representación do inferno. A portada é románica, ten dúas arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas, e o tímpano presenta decoración escultórica rudamente tallada. A espadana é de dous vans semicirculares e está coroada por un frontón triangular en que se abre outro pequeno van. No adro atópase o cruceiro, obra de Xosé Cerviño García.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de puntos dun espazo n-dimensional tales que as súas coordenadas satisfan unha ecuación lineal. Os hiperplanos teñen propiedades alxébricas análogas á dos planos en coordenadas cartesianas.
-
-
Relativo ou pertencente ás hipocastanáceas.
-
Planta da familia das hipocastanáceas.
-
Familia de sapindais integrada por unha vintena de árbores de follas opostas palmatipartidas, de flores cigomorfas pentámeras e de froitos capsulares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a propiedade de facer diminuír o nivel da glicosa no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia que ten a propiedade de diminuír o nivel de lípidos no sangue.
-
PERSOEIRO
Antipapa (217-235). Presbítero de Roma (212), opúxose ao Papa Calisto e foi elixido papa polos seus seguidores (217). Adoptou abertamente unha postura cismática contra a oficial dos papas san Ceferino, san Calisto e san Ponciano (217). O cisma prolongouse durante o pontificado de Urbán I e Ponciano. Capturado durante a persecución de Maximino, foi desterrado xunto ao Papa Ponciano á illa de Sardeña, onde realizaron traballos forzados. Ambos renunciaron ao pontificado para rematar co cisma e procurar a unidade para todos os cristiáns. Morreron mártires o mesmo ano e enterráronos nas catacumbas de Roma. A súa festividade celebrábase o 22 de agosto, pero a reforma litúrxica posterior ao Concilio Vaticano II eliminouno do calendario litúrxico universal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(s III) Mártir cristián. Como carcereiro gardaba a prisión onde encarceraron a san Lourenzo e, pola coraxe amosada por este ante o martirio, converteuse ao cristianismo. Na iconografía viste clámide militar romana ou armadura medieval, con espada ou puñal ao cinto; e leva como atributos as chaves de gardián do cárcere. A súa festividade celébrase o 13 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silabario xaponés que está composto de 45 sílabas e 6 letras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiu na Antigüidade a Península Ibérica. A primeira división provincial da Hispania a efectos administrativos realizouse en 197 a C entre a Hispania Citerior e a Hispania Ulterior, establecéndose o límite entre ambas as dúas nas fronteiras preexistentes entre as poboacions de iberos, celtiberos e celtas dunha banda e turdetanos, lusitanos e celtas meridionais pola outra. No s I Augusto dividiu a Ulterior en Bética e Lusitania, mentres a Citerior, que non cambiou os seus límites, pasou a denominarse Tarraconense. Entre 284 e 305 Diocleciano realizou unha nova distribución da Hispania nas provincias: Tarraconense, Cartaxinense, Bética, Lusitania e Gallaecia. Entre 370 e 400 creouse a provincia Baleárica. A división provincial perdurou ata a chegada dos musulmáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana que recibiu este nome pola súa proximidade xeográfica a Roma e que comprendía inicialmente a costa mediterránea e o val do Ebro. Contou cun gobernador desde 197 a C e a súa capital foi Cartago Nova. En 27 a C Augusto estableceu unha nova división das provincias, pero a Citerior, que conservou os seus límites, pasou a denominarse Tarraconense e converteuse nunha provincia imperial. Durante o goberno do Emperador Caracalla separouse a provincia Hispania Nova Citerior Antoniniana, que comprendía o NO peninsular, da Tarraconense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade sen ánimo de lucro fundada en 1976 coa finalidade de complementar, por medio da acción cidadá, a conservación e defensa do patrimonio cultural e natural levada a cabo polo Estado. Integrada en Europa Nostra, desde 1978 encárgase da xestión dos premios que esta organización outorga. En 1997 promoveu a constitución da Fundación Hispania Nostra para la Conservación del Patrimonio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia romana que recibiu este nome pola súa distancia respecto da metrópole e que comprendía inicialmente o val do Guadalquivir. Dirixida por un gobernador nomeado polo Senado romano desde 197 a C, a súa capital foi Corduba (Córdoba). Foi dividida polo Emperador Augusto nas novas provincias Lusitania e Bética (27 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada por Archer Milton Huntington en Nova York (1904) coa finalidade de promover o estudo e o coñecemento da cultura hispánica en EE UU. Publica a Revue Hispanique e editou estudios e reimpresións de obras. Ten unha biblioteca con 200.000 manuscritos e 18.000 libros editados antes de 1701, entre outras obras. O seu museo ten unha importante colección de obras de arte da Península Ibérica, principalmente pinturas do s XIII ao s XX, de artistas como El Greco, Francisco de Zurbarán ou Joaquim Sorolla.
-
-
Relativo ou pertencente a España.
-
Relativo ou pertencente a Hispania.
-
Relativo ou pertencente á historia, á lingua ou á cultura española.
-
-
-
Conxunto dos países que falan español.
-
Características comúns dos pobos de cultura e lingua hispánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
La Española.
-
-
ocábulo, expresión ou xiro idiomático propios do castelán ou que proceden del.
-
Afección a España ou ao que estea relacionado con ela.
-
Conxunto de estudios sobre a cultura hispánica, especialmente os achegados por investigadores estranxeiros. O hispanismo comezou en Alemaña a finais do s XVIII, relacionado co prerromanticismo e co romanticismo. Os irmáns Schlegel foron os seus abandeirados, seguidos de Jacob Grimm, Herder, Wolf, Humboldt e, posteriormente, de Meyer-Lübke, Vossler e Rohlfs, entre outros. Estivo impulsado en diferentes lugares por diversos autores e institucións. Na Universidade de Toulouse (Francia) publicouse o Bulletin Hispanique e na de Liverpool o Bulletin of Hispanic Studies. En Italia publicáronse os Quaderni Iberoamericani, de Bertini, e os Studi di Letteratura Spagnola. Tamén hai que engadir os investigadores estadounidenses (A. M. Huntington, Iakov Malkiel, María Rosa Lida, Hatzfeld, Leo Spitzer, A. S. Morby e Rivers, entre outros), as revistas Hispanic Review e Hispania, e a The Hispanic Society of America. Existe, ademais, a Asociación Internacional...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao hispanismo.
-
Estudioso da cultura hispánica.
-