"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Papua Nova Guinea (11.200 km2; 229.619 h [1990]). A capital é Garoka (17.855 h [1990]).
-
PERSOEIRO
Historiador de arte e pintor inglés. Formouse con B. R. Haydon, e deuse a coñecer co cadro de historia Napoleon on board the Bellerophon (Napoleón sobre o Bellerophon, 1815). Foi bibliotecario (1842-1844) e presidente da Royal Academy (1850), e conservador (1843-1847) e primeiro director da National Gallery (1855-1865). Escribiu, entre outras obras, Materials for a history of oil painting (Materiais para unha historia da pintura ao óleo, 1847) e Contributions to the literature of Fine Arts (Contribucións aos escritos sobre Belas Artes), publicado postumamente pola súa dona en 1870. Recibiu o título de sir. O seu sobriño, Charles Locke Eastlake (1836-1906), foi conservador na National Gallery (1878-1898) e autor, entre outras obras, de Hints on household taste (Indicacións sobre o gusto doméstico, 1868) e A history of the gothic revival (Historia do neogótico, 1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa norteamericana fundada en 1892 por George Eastman. Líder mundial da industria fotográfica, dedícase principalmente á produción de cámaras fotográficas, películas, proxectores, fotocopiadoras, impresoras e outros equipos de oficina, amais de plásticos e produtos farmacéuticos. A compañía tivo a súa orixe na Eastman Dry Plate Company, creada en 1881 por George Eastman e Henry A. Strong. En 1892 revolucionou o mundo fotográfico ao introducir o papel Solio. En 1898 lanzou ao mercado a predecesora das cámaras modernas, a Kodak Folding Pocket, que acompañou a película Kodak Non-Curling (1903). En 1911 inaugurouse a Hamk Eye Works de Rochester na que se deseñan e fabrican os aparatos ópticos da compañía. A partir de 1917, coincidindo coa Primeira Guerra Mundial, desenvolveu as primeiras cámaras para fotografías aéreas. En 1923 comercializáronse as cámaras Cine-Kodak e o proxector Kodascope para afeccionados á cinematografía, que melloraron as súas funcións coa película Kodacolor de 16...
-
PERSOEIRO
Soprano inglesa. Realizou estudios en París e Londres e principiou a súa carreira musical en Berlín. Posuidora dunha técnica vogal depurada, actuou con frecuencia no Metropolitan Opera House de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inventor e industrial fotográfico. Fundador da Eastman Kodak Company, en 1878 comezou a preparar as primeiras placas de bromuro de prata e en 1880 comezou a súa fabricación industrial. A partir de 1881 substituíu as placas de cristal por papel. En 1888 introduciu a primeira cámara Kodak no mercado, preparada cun rolo de película para cen tomas en papel coa que contribuíu á difusión da fotografía no público xeral. Ao ano seguinte inventou unha película transparente de nitrocelulosa que empregou T. A. Edison no seu cinematógrafo. Xa en 1890 sacou ao mercado a Kodak nº 2, que permitía obter 150 imaxes en papel. Cinco anos despois inventou un sistema para cargar e descargar á luz un carrete de doce imaxes coa coñecida Kodak Pocket, un aparato de reducidas dimensións. Posteriormente, inventou a Kodak de tres diafragmas, provista de varias velocidades, e unha cámara para nenos coñecida como Kodak Brownie, cun rolo para seis imaxes. Dedicou unha parte dos seus recursos económicos, obtidos coa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico. Especializouse en papeis duros e violentos baixo as ordes de directores como Sergio Leone ou Donald Siegel, como nos filmes Per qualche dollari in più (A morte tiña un prezo, 1965), Il buono, il brutto, il cattivo (O bo, o feo e o malo, 1966) ou Dirty Harry (Harry, o sucio, 1971). Posteriormente, produciu e dirixiu algunhas películas: Play Misty for Me (1971), The Eiger Sanction (1975), Gauntlet (1977), Bronco Billy (1980), Pale Rider (1984), Bird (1988), White Hunter, Black Heart (Cazador branco, Corazón negro, 1990), The Roockie (1990) e o wéstern Unforgiven (Sen perdón, 1992), galardoado con tres Oscar, entre eles o de mellor director. Tamén dirixiu A Perfect World (Un mundo perfecto, 1993), The Bridges of Madison County (As pontes de Madison, 1995), Absolute Power (Poder absoluto, 1996) ou Space Cowboys (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que carece de brácteas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta do xénero Echinacea, da familia das asteráceas, de follas lanceoladas, enteiras e pilosas, dispostas nunha mouta basal, capítulos de flores de cor púrpura das que as marxinais son liguladas e raíces fusiformes. Orixinarias de Norteamérica son empregadas e cultivadas en moitos países, principalmente as especies E. angustifolia, E. pallida e E. purpurea, polo uso medicinal dos rizomas. Destacan entre os seus principios activos polisacáridos inmunoestimulantes, ácidos fenólicos e alcaloides pirrolizidínicos que contan entre as súas propiedades terapéuticas o favorecer o sistema inmune, incrementando a fagocitose, a liberación de factores antitumorais e de interferóns de actividade antitumoral e antiviral. Ademais posúen actividade antiinflamatoria e antiedematosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido no concello de Ponteareas a partir de 1919 e que cesou a súa edición ao pouco tempo.
-
-
Relativo ou pertencente a Guinea Ecuatorial ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Guinea Ecuatorial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato copulador dos insectos machos adultos, formado, as máis das veces, por cinco pezas; destas, a central é impar e constitúe o conduto exaculador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial establecida en 1990 en Santiago de Compostela. Fundada e dirixida por Xoán C. Rodríguez Sánchez e coordinada por José Bello Iglesias, conta con máis de douscentos títulos publicados. Dedícase fundamentalmente á edición de libros de ensino, comunicación, investigación, tecnoloxía, natureza e deportes. Divide a súa produción nas coleccións “Comunicación”, “Textos Media”, “Sociedade”, “Mar”, “Viaxes”, “Biblioteca Básica do Deporte”, “Psicopedagoxía”, “Historia e Tradición”, “Supernova”, “Narrativa”, “Cadernos Mediáticos”, “Cadernos Didácticos”, “Saúde”, “LEGAM” e “Documentos xornalísticos”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo establecido en 1991 entre a CEE e a EFTA, agás Suíza, co obxectivo de crear unha zona de cooperación económica de libre comercio entre ambas as dúas colectividades. Entrou en vigor en 1994 e tivo un carácter transitorio dado o interese dos membros da EFTA de ingresar na CEE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
François Lejeune.
-
PERSOEIRO
Escritor noruegués. Destacou polas súas novelas de estilo realista e polas súas obras teatrais de influencia ibseniana. Da súa produción destaca Almue (1891).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dominicano. Emigrou a Arxentina e ingresou no convento de San Telmo de Bos Aires (1871), onde exerceu a docencia. Publicou Sumario de las Indulgencias del Santísimo Rosario (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cantautor. Coñecido como Xosé Manuel Eirís, colaborou co grupo Na Lúa e compartiu a súa actividade artística coa de animador cultural do concello de Carballo. Gravou o disco Ese lago inmenso (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fase da respiración externa na que o aire entra nos pulmóns.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón (15.227 h [1996]). É a cabeceira e o centro económico da comarca agrícola de Las Bajas Cinco Villas. As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente os cultivos de cereais, a industria agroalimentaria e a fabricación de maquinaria agrícola. De orixe ibérica, foille conquistada aos musulmáns por Afonso I de Aragón o Batallador (1106), quen lle concedeu a carta de poboamento. Foi escenario das loitas civís que precederon ao compromiso de Caspe. Alí tivo lugar a reconciliación entre Xoana Enríquez e Leonor de Navarra (1467). As tropas de Filipe V sitiárona durante a Guerra de Sucesión. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa románica de San Salvador e a de Santa María, de orixe románica e modificada no s XVII, declaradas Ben de Interese Cultural en 1931 e 1984 respectivamente.
VER O DETALLE DO TERMO