"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Académica e profesora. Doutora en Ciencias Políticas e Socioloxía, é membro da Real Academia de la Historia (1989) e da Real Academia de la Lengua (2000). Obtivo o Premio Nacional de Periodismo, e o Premio Nacional de Historia de España (2000) pola obra Símbolos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Elixido concelleiro pola Coruña nas eleccións municipais de 1931, foi alcalde da cidade entre 1932-1933. Nas eleccións xerais de 1933 elixírono deputado pola Coruña polo Partido Republicano Gallego e foi nomeado fiscal xeral da República, en xaneiro de 1936. Tralo franquismo retomou a actividade política como senador na lexislatura constituínte pola Candidatura Democrática Galega, pasando a mediados da lexislatura ás filas da UCD, agrupación pola que foi senador durante a I lexislatura, e por Coalición Popular na III. No Parlamento galego foi deputado pola Coruña na I lexislatura por UCD e durante parte da II por Coalición Popular. No campo empresarial ocupou diversos cargos como presidente de Frigoríficos del Noroeste SA e secretario xeral de Industria Ballenera Española SA. Foi presidente da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación e foi condecorado coa Legión de Honor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, é profesor de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador de numerosas revistas e xornais, publicou Historia de una empresa periodística (1980), La televisión dominada (1990) e Una semana sin televisión (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xondo, realizou unha obra desde o surrealismo ata a desnaturalización. Destacan entre outras, Elementos e Arca de Noé. Tamén fixo retratos de embaixadores e artistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Estableceuse en Puerto Rico, onde fundou o Partido Obrero Socialista de Puerto Rico e o Partido Socialista Puertorriqueño, que representou no Senado de EE UU (1917-1932). Desenvolveu a Federación Libre de Trabajadores, integrada na AFL, e a Confederación Panamericana del Trabajo, da que foi secretario executivo a comezos da década de 1920. Desempeñou o cargo de comisionado residente de Puerto Rico en Washington, e interveu no Congreso de EE UU para reclamar unha lexislación federal para a illa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor teatral e cinematográfico. Coñecido como Tacholas, desenvolveu a súa traxectoria en Arxentina, país ao que emigrou cando tiña vinte anos. Alí participou en diversos espectáculos realizados por agrupacións escénicas afeccionadas. En 1935 uniuse á compañía de Maruxa Villanueva, e participou en diversos espectáculos creados e dirixidos por Manuel Daniel Varela Buxán e na estrea de Os vellos non deben de namorarse (1941), baixo a supervisión do propio Castelao. Posteriormente, creou as compañías Boga-Tacholas, coa súa muller Maruxa Boga, e a Compañía de Arte Folclórico Galego, coas que presentou diversos espectáculos de tipo enxebre e costumista. En 1975 visitou Galicia e participou en diversos traballos, entre eles na versión que de Os vellos non deben de namorarse realizara o grupo Teatro Circo. Participou en máis de cincuenta películas, algunhas cos mellores directores de cine arxentinos, entre as que destacan Mariñeiros (1938), Chiruca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e mestre. Como músico cultivou diversos xéneros como o motete, a suite orquestral, o lied, o preludio sinfónico ou a canción popular. Dirixiu o Conservatorio de Música de Pontevedra, a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, que el mesmo fundara xunto con A. Blanco Porto, e a revista cultural Logos (1932). Como mestre dirixiu o Laboratorio de Psicotecnia (1934), que puxera en marcha o Seminario de Estudos Galegos, e defendeu a galeguización do ensino desde os primeiros anos de escolarización do neno. Publicou a obra teórica Música en Compostela, sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria. Foi membro numerario da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes e da Comisión de Monumentos de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. É licenciado en Ciencias da Información. Redactor de Faro de Vigo, publicou, entre outras obras, Cierto olor a cuerno quemado (1967), Asreveiv (1976), Pensamiento de Mi-Au (1979), Retorno a Panolilandia (1980) Inédito-2 (1982) e Os cabalos de troula (1990?).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante de cómics. Coñecido como Kohell, nos seus inicios colaborou co grupo ourensán Frente Comixario. Realizou, entre outros, os debuxos de Impresiones de la Isla e Gorka e colaborou na antoloxía Comix 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a santo Ignacio de Loiola ou á súa doutrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir de Antioquía. Coñecido como o Teóforo ‘portador de Cristo’, era discípulo de san Xoán Evanxelista. Perseguido durante o goberno de Adriano, foi conducido a Roma cara ao 107 onde foi lanzado aos leóns no Coliseo. Na iconografía viste túnica e palio coma os apóstolos, ás veces co peito medio descuberto e leva como atributo o anagrama do nome de Xesús Cristo, outras veces un ou dous leóns, e tamén unha arpa ou outro instrumento musical. A súa festividade celébrase o 17 de outubro, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 1 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patriarca de Constantinopla (842-858 e 867-877), fillo de Miguel II. Loitou contra a corrupción e foi desterrado (858), pero foi restaurado no cargo polo Emperador Basilio I de Bizancio. A súa festividade celébrase o 23 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fundador da Compañía de Xesús. De familia nobre, dedicouse á carreira militar. Ata 1517 residiu na Corte de Fernando II, daquela rexente de Castela, ao servizo do contable maior do rei, Velázquez de Cuéllar; logo serviu ao seu parente, o duque de Nájera, vicerrei de Navarra. Ferido durante o sitio de Pamplona polos franceses (1521), foi trasladado a Loiola, onde a lectura de libros espirituais durante a convalecencia levouno a ir en peregrinación a Terra Santa e a facer vida penitente. Primeiramente peregrinou ao santuario de Montserrat, onde velou as armas de cabaleiro espiritual; despois viviu en Manresa, onde realizou prácticas moi rigorosas de pobreza, oración e penitencia, e onde comezaría a escribir os Exercicios espirituais, síntese persoal das súas experiencias e das correntes espirituais dos ambientes en que estivera: franciscanismo cristocéntrico de Euskadi, Devotio Moderna de Montserrat e ecos vicentinos e lulianos difundidos por Catalunya. En 1523 peregrinou a Xerusalén...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estado do que é ignorante.

    2. Feito de ignorar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen non sabe nada ou sabe pouco de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que se dá a diversos saurios da familia dos iguánidos especialmente os do xénero Iguana. De tamaño considerable, teñen un aspecto semellante ao dos dragóns, dos que se diferencian pola lingua, grosa e inmóbil, e polo feito de presentar os dedos aguzados, as pálpebras móbiles, os dentes inseridos na cara interna das enxivas e a cola longa e resistente. Posúen tamén espiñas correosas que van desde o pescozo á cola, gorxa con saco dilatable e cinco dedos en cada pata que rematan en garras. Viven nas árbores e a alimentación é variada: brotes, follas, froitos, insectos ou ovos de aves. Habitan en toda América, sobre todo nas rexións tépedas e cálidas. As máis importantes son a iguana vulgar (Iguana iguana), que habita nas selvas do centro e S de América, a iguana cornuda (Cyclura cornuta), que habita nas zonas rochosas e áridas das Antillas, a iguana xigante das Galápagos (Conolophus subcristatus), a iguana mariña (Amblyrhyncus cristatus), que...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos iguánidos.

    2. Réptil da familia dos iguánidos.

    3. Familia de réptiles, da orde dos escamosos, de cabeza grande e alongada, ollos protexidos por pálpebras móbiles, cinco dedos desiguais, lingua non protáctil e cristas sobre o lombo e a cola. Habitan en América, Madagascar e as illas Fixi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réptil fósil, da familia dos iguanodóntidos, da orde dos ornitiscos, duns 8-10 m de lonxitude e posición bípede. Viviu no Cretáceo Inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor liberal. Formouse nos obradoiros tipográficos de Manuel A. Rey, en Santiago de Compostela (1810-1812). Estableceuse na Coruña a partir de 1812. Por mor da súa ideoloxía política pasou un tempo no cárcere e desterrado. En 1840 estableceu parte da súa imprenta en Vigo. Fundou e dirixiu varios periódicos, como El Diario Constitucional (1820), El Correo de Galicia (1833), El Papel Volante (1836), El Conciso Correo de Galicia (1837) e Boletín de Noticias (1838). Á súa morte, legou a súa prensa ao Hospicio da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica da colocación nun floreiro, de flores talladas, ramas secas ou verdes, froitos vexetais e pedras, e do seu significado. As súas orixes, como arte floral, atópanse no s VI e teñen conceptos relixiosos, simbólicos e filosóficos. Sufriu unha lenta evolución e deu vida a outros estilos como o rikka, shoka, nagheine e moribana.

    VER O DETALLE DO TERMO