"ARE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1669.
-
PERSOEIRO
Relixiosa carmelita. Ingresou con 15 anos no convento de Lisieux, ofrecía as súas enfermidades para o ben das misións. Morreu de tuberculose. Escribiu, por orde da súa superiora, Historia dunha alma (1897). Canonizada en 1923, o Papa Pío XI proclamouna patroa das misións e en 1997 o Papa Xoán Paulo II Doutora da Igrexa e da Santa Faz. Represéntase con hábito carmelita, crucifixo con rosas entre as mans como atributo persoal, xa que cando estaba a morrer dixo que faría chover rosas e grazas do ceo. A súa festividade celébrase o 1 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘peseta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde ás voces ‘duro’ e ‘peso’.
-
-
Relativo ou pertencente a Tarento ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tarento.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Puglia, Italia, situada no ángulo setentrional do golfo de Tarento (201.349 h [2001]). Colonia da Magna Grecia fundada polos espartanos no s VIII a C, foi conquistada por Roma en 272 a C. Conquistada polos godos en 549, pasou, sucesivamente, ás mans dos longobardos, do Imperio Bizantino e dos árabes, e foi liberada por Nicéforo II Focas. Capturada por Robert d’Hauteville (1063), converteuse no centro do principado de Tarento, ata que en 1465 foi incorporada á Coroa de Aragón. Ao comezo do s XIX foi conquistada e novamente construída polos franceses. En 1860 integrouse definitivamente en Italia. Destacan a catedral, románica (s XII) e a fachada románico-gótica da igrexa de San Domenico Maggiore (s XIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Puglia, Italia (2.437 km2; 574.766 h [2001]). A súa capital é Tarento.
-
GOLFOS
Golfo das costas meridionais da Península Itálica, situado no Mar Xónico, entre o cabo Colonne (Calabria) e o de Santa Maria di Leuca (Puglia).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico literario. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor na mesma especialidade pola Universidad de Oviedo, é desde 1993 catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixe o proxecto “Dicionarios de Literatura” no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, do que ademais é director técnico da sección de Literatura. Membro do consello de redacción da revista Discursos, da Universidade Aberta de Coimbra, pertence ao consello reitor da revista Ínsula. Fundador e director do Boletín Galego de Literatura, colaborou en diversas publicacións de dentro e fóra de Galicia, como Anales de la narrativa española contemporánea, Colóquio Letras, Dorna, Encrucillada, El Extramundi, Grial, Linguistica e letteratura e Revista de Filología Románica, e semanalmente en O Correo Galego (1995-1997) e El Correo Gallego. Tamén colaborou nos xornais El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, entre outros. Estudoso...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político romanés. Deputado do Partidul Naţional Liberal (PNL), foi presidente do goberno (1934-1937). Durante a Segunda Guerra Mundial, entrou en contacto cos comunistas para crear unha fronte antihitleriana. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros e viceprimeiro ministro no goberno de Petru Groza.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista plástico, crítico e tipógrafo. Fundador do grupo Devetsil (1920-1931) e teórico do movemento surrealista (1934-1951), os seus primeiros traballos estiveron influídos polo cubismo. A partir de 1940 centrouse nas colaxes surrealistas de mulleres núas. Editor dos xornais Disk (1923-1925) e ReD (1927-1931), radicalizou a súa postura cara á esquerda, como resposta ao fascismo en Alemaña, e dedicouse á crítica da arquitectura moderna. Publicou Poetismus (1924), Alexander Archipenko (1923) e Architektura v Ceskoslovensku (A arquitectura en Checoslovaquia, 1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Xefe de informativos en Radio Arosa-Cadena SER, especializouse en información sobre narcotráfico. Foi correspondente de El Ideal Gallego, Diario de Pontevedra, Europa Press, EFE e Radio Pontevedra. Xunto cos servizos informativos de Radio Pontevedra, recibiu o Premio Ondas (1986) e o Premio Ojo Crítico (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo. Catedrático na Universidad de Madrid (1951-1975), foi un dos introdutores da xeografía moderna e da xeografía rexionalista francesa en España. Publicou Geografía de España y Portugal (1958) e Geografía regional de España (1968), e dirixiu a revista Estudios Geográficos (1975-1984), do CSIC. Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política inglesa. Coñecida como a Dama de ferro, en 1950 ingresou no Conservative Party e en 1975 foi elixida líder do mesmo. En 1979 converteuse na primeira muller en acceder ao cargo de primeira ministra en Europa. Foi reelixida en 1983 e 1987 e impulsou o liberalismo económico. A impopularidade da lei de impostos Pol Tax e a dimisión do ministro de finanzas Lawson (1989) e do seu conselleiro privado fixeron que dimitise en 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de Tihert.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao O da capital provincial (18.315 h [2001]). A súa economía é predominantemente agrícola, aínda que tamén destacan os traballos de ebanistaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de transparente.
-
diapositiva.
-
Procedemento técnico que permite rodar escenas de exteriores nun estudo cinematográfico, e que consiste en situar os actores entre unha pantalla especial, sobre a que se proxecta o escenario real, e a cámara.
-
Pincelada lixeira, xeralmente feita con verniz, que permite transparentar a textura do lenzo dunha pintura.
-
Calidade dun mercado, xeralmente expresada en termos relativos de prezo, en que a información sobre a evolución, a estrutura e o comportamento da oferta e da demanda, é completa e accesible a todos os que concorren nel.
-
-
-
Deixar un corpo ver algo a través del.
-
Deixar ver ou percibir algunha calidade ou estado de ánimo.
-
Deixar pasar a luz un corpo ao seu través.
-
Deixarse ver un obxecto a través dun corpo transparente.
-
Deixarse ver o estado de ánimo.
-
-
-
Que deixa pasar a luz de xeito que poden verse os obxectos ao seu través.
-
Que é moi claro de expresión ou que deixa ver o sentido sen dificultade.
-
Obxecto que deixa pasar a luz ao seu través e que se coloca ante unha luz con efecto decorativo.
-
mioporo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fillo primoxénito do tsar, herdeiro ao trono.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filla do tsar.