"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alianza entre Checoslovaquia, Iusgoslavia e Romanía establecida a través de acordos bilaterais asinados nos anos 1920 e 1921, cos que se impedía a coalición danubiana favorable ao Imperio Austro-húngaro. Foi apoiada sobre todo por Francia, que intentaba impedir a expansión de Alemaña e illar a URSS. Desapareceu en 1939 trala invasión nazi de Checoslovaquia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima proteolítico do intestino delgado, que transforma o tripsinóxeno en tripsina, mediante a hidrólise dos enlaces peptídicos do tripsinóxeno. Segrégano as células da mucosa do duodeno.
-
-
Relativo ou pertencente aos eosuquios.
-
Réptil da orde dos eosuquios.
-
Orde de réptiles, da subclase dos diápsidos, caracterizados por ser lagartos con dentes no padal. Existiron dende finais da Era Primaria ata o comezo da Secundaria. Pertence a esta orde o xénero Thadeosaurus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorio ou circunscrición das rexións orientais do Imperio romano, e máis tarde do Bizantino, sobre o que se estende a xurisdición do eparca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación moderada e prudente dunha lei ou principio tendo en conta as circunstancias persoais, de lugar e de tempo que concorren nun caso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siloxismo no que unha ou as dúas premisas se acompañan de probas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aso sen pé con corpo baixo e cilíndrico e cunha boquilla longa e saínte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reprodución sincronizada, propia dos anélidos poliquetos bentónicos, que se caracteriza pola aparición de individuos especializados (produto da división asexual, como na familia dos sílidos, ou mediante a transformación do individuo inmaduro, como nas familias dos nereidos e eunícidos), con capacidade para nadar grazas á transformación dos parápodos e para ascender ata a superficie onde liberan os gametos.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo dos equaesos.
-
Individuo do pobo prerromano dos equaesos.
-
Pobo prerromano do Conventus Bracarensis, situado, segundo Plinio, entre os callaecos e os limicos. Puídose estender polo val do Salas e as vertentes occidentais da serra do Larouco. Na epigrafía documéntanse varias inscricións nas que aparecen individuos deste pobo.
-
-
REXIÓNS
Rexión da República Democrática do Congo (403.292 km2; 4.789.000 h [estim 1994]). A capital é Mbandaka.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente aos equeneidos.
-
Peixe da familia dos equeneidos.
-
Familia de peixes mariños, da orde dos perciformes, de ata 90 centímetros de lonxitude, de cor gris, cunha banda negra bordeada en branco que atravesa o corpo; caracterízase por presentar a primeira aleta dorsal transformada nunha ventosa que lles permite fixarse a animais mariños de gran tamaño. Cada especie ten preferencias por certos hospedeiros e escollen entre quenllas, raias, peixes lúa, atúns, peixes espada, peixes martelo, sapoconchos, baleas e golfiños; todos eles teñen en común o feito de seren animais peláxicos. Poden fixarse tanto no exterior coma no interior da boca ou da cavidade branquial, e incrementan a succión deslizándose cara a atrás, e poden soltarse nadando cara a adiante. Poden fixarse aos cascos das embarcacións, de onde procede a lenda de que podían reter e dirixir os barcos. Aliméntanse de pequenas presas que capturan eles mesmos e dos crustáceos que se fixan sobre a superficie do seu hospedeiro. Empregáronos os caribes e os taínos para capturar sapoconchos e quenllas,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra prefixada de orixe latina que se utiliza na formación de palabras co significado de ‘igual’ ou ‘que ten iguais dous ou máis elementos’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á figura ou ao corpo xeométrico que ten os seus ángulos iguais.
-
-
-
Calidade dunha persoa de obrar ou actuar dunha forma xusta e comedida.
-
Calidade dunha cousa, como un xuízo ou un reparto, que é xusto e imparcial.
-
-
Adaptación da norma xurídica ás particularidades de cada caso concreto para evitar unha interpretación ríxida dos preceptos legais, de acordo co esquema xeral das normas xurídicas. A apliación da equidade ten a súa orixe no dereito romano. En España, a equidade debe ponderarse na aplicación da lexislación, aínda que as resolucións xudiciais só poden basearse na equidade nos casos que esta o contemple.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Igualdade de dúas razóns por diferencia.
-
-
Calidade de equidistante.
-
Diferencia de altitude entre dúas curvas de nivel dun mapa topográfico, que depende da escala do mapa e do tipo de relevo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está á mesma distancia de algo en comparación con outra ou outras cousas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distar ou estar á mesma distancia dúas cousas doutra ou unha cousa con respecto a outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero monotrema, da familia dos taquiglósidos, caracterizado por presentar o dorso cuberto de espiñas. A cabeza está pouco diferenciada do corpo e presenta un fociño longo e estreito cunha boca, ollos e orellas pequenas. A lingua protráctil é moi fina e longa, e está dotada dunha secrección espesa e pegañenta coa que colle os invertebrados dos que se alimenta. Carecen de dentes mentres que o padal e a lingua presentan fileiras de pequenas espiñas que reteñen e esmagan o alimento. A cola é pequena e está desprovista de pelos e espiñas. As patas son curtas e grosas, cos pés dianteiros máis fortes, con dedos de uñas planas e resistentes que serven para escavar. Nas patas posteriores destaca a segunda uña, que é moi longa e que lle serve ao animal para tarefas de aseo. O tarso dos machos e dalgunhas femias conta cun pequeno esporón. Logo dunha xestación no útero de 15 días, a femia expulsa un ovo que deposita nunha pequena bolsa de incubación, localizada no ventre, onde madura uns 10 días;...