"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Substancia cristalina de cor crema que funde a 159°C. É eficaz como antiprotozoario e antibacteriano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada na Mezquita. Ten planta rectangular alongada nun lateral e dous andares. Destaca a fachada datada en 1480, con baixo e dúas alturas. Consérvanse escudos que aluden os ; Sarmiento, ; Cadórniga, Losada e Ulloa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado imidazólico con propiedades antifúnxicas. A súa aplicación tópica é útil no tratamento de infeccións por dermatófitos e bacterias do xénero Candida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Especializado en temas relixiosos e colaborador habitual da revista Encrucillada, participou no proxecto de tradución da Biblia ao galego. Da súa obra cómpre salientar Graciñas, La Teología de la Liberación y su método: estudo en Hugo Assmann y Gustavo Gutiérrez (1976), Temos carta de Deus (1994) e Profecía dun capitán Trono: quén coma Deus (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar serbio. Organizou (1941) a guerrilla contra os ocupantes alemáns pero o seu anticomunismo enfrontouno a Tito. Foi ministro de Guerra no goberno do exilio (1942), pero perdeu a axuda dos aliados (1943), o que o levou a colaborar cos ocupantes. Ao rematar a guerra, foi condenado a morte e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae escudo cuarteado: primeiro cuartel, de prata, cunha flor de catro pétalos de ouro, con talo e tres follas de sinople; segundo e terceiro cuarteis, de prata, con tres rosas heráldicas de goles, colocadas en banda; e cuarto cuartel, de prata, cunha cabra andante da súa cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Comezou a súa traxectoria co grupo Itaca Teatro, co que realizou espectáculos como Historia do Zoo (1981) ou Eclipse Total (1984). Na pantalla grande participou nos filmes Las cartas de Alou (1990), Matías, juez de línea (1996) e La vida que te espera (2004); e dentro do ámbito televisivo, a súa experiencia abrangue producións como Pratos combinados, A familia Pita e Hospital Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Celanova. Edificada sobre unha cidadela romana, no s X pertencía ao mosteiro de Celanova e no s XII reconstruíuno a Coroa. Destruído e reconstruído polos irmandiños, no s XVIII comezou a súa decadencia e construíuse a igrexa de Santa María de Milmanda, que ten como campanario unha das torres do castelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espazo cuadridimensional formado polas tres dimensións do espazo ordinario e o tempo. Foi introducido por H. Minkowski co fin de presentar dunha forma simple a formulación matemática da relatividade especial. OBS: Tamén se denomina espazo-tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Salcedo (Pontevedra). Trátase dun edificio de planta irregular, con baixo e dous pisos, cunha solaina na súa parte posterior e capela. O conxunto complétase cun hórreo e un pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rábade. Trátase dun edificio de planta rectangular, cun só corpo e dúas plantas. Os muros son de cachotaría enfuscados e enlucidos cos marcos dos ocos de cantaría. Na parte posterior ten un patio amurallado cos alpendres, ademais dunha galería que forma un lateral, baixo a que existe unha pedra de armas. Ten un escudo na fachada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oleiros. Realizado en cachotaría con ocos en cantaría recebados, ten planta en escuadro e, debido á pendente do terreo, é de planta baixa nun lado. O acceso presenta dous corpos diferenciados e está orientado cara ao L. Nos alzados S e O ten unha galería e un patín. Conserva unha antiga torre, que fai esquina, con tres plantas e ocos con arcos de medio punto. O conxunto está situado no interior dun parque, constituído por varios xardíns de deseño francés e un xardín botánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sárdoma (Vigo). Datada no s XVII, trátase dunha vivenda de carácter señorial cuxa orixe se vinculou a Gonzalo Méndez de Soutomaior. Sufriu un incendio en 1946.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Padriñán (Sanxenxo). Construíuse no s XVII, anexado a unha torre da mesma época. Presenta unha planta en forma de L con dous corpos diferenciados, de distinta altura; o máis alto ten remate con ameas e leva na fronte un escudo de armas, así como diversos elementos decorativos como gárgolas ou pináculos. O conxunto complétase cun patio, ao que se accede a través dun portalón con ameas, un hórreo de nove pés e un pombal. Foi propiedade de Emilia Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Caleiro (Vilanova de Arousa). Consta dunha torre cadrada de tres andares e un edificio de dúas alturas e planta rectangular. A torre está coroada cun antepeito con ameas, unicamente nun dos seus lados; gárgolas nos catro vértices e escudo na planta superior dunha das arestas. Destaca a cheminea, de grandes dimensións, rematada con pináculos, e un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Outeiro de Rei. Realizada en cachotaría coa cuberta de lousa, trátase dun edificio de planta angular, cun pequeno engadido irregular nun extremo da á menor. Destacan as terrazas, as escalinatas e as ramplas situadas arredor do pazo, aproveitando a pendente do terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arcos (Outeiro de Rei). Realizada en cachotaría de lousa enfuscada e encalada con cantaría nos linteis, xambas e esquinais, a súa planta ten forma de U. Conta con solaina orientada ao SO e escaleira de acceso exterior. Nun patio exterior ten un hórreo, capela e alpendre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Miraz (Friol). Realizado en cantaría de granito, consta dunha torre con ameas de dous andares, con planta cadrada, e un edificio anexo de dúas plantas con corredor. Ao seu lado, desenvólvense as dependencias de servizo, arredor dun patio e o conxunto ten forma de L. Nos muros da torre atópanse os escudos dos Saavedra, Taboada e Ribadeneira. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO