"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Colocar en pabeas ou moreas o mato rozado ou o cereal acabado de segar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encadear ou encadearse.

    2. Aplícase á estrofa que co seu primeiro verso retoma total ou parcialmente o último verso da estrofa precedente, ou ao verso que comeza coa última palabra do que o precede.

    3. Conxunto de cadeas que serven para axudar a suxeitar o piso do carro.

    4. Efecto cinematográfico que consiste en superpoñer unha imaxe á anterior, que vai esvaecendo.

    5. Conxunto de madeiras ensambladas sobre o que se constrúe unha obra de fábrica.

    6. Machón de formigón ou de cantería que serve para reforzar un muro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de encadear ou encadearse.

    2. Recurso cinematográfico que consiste na desaparición gradual dunha imaxe e na aparición, tamén de xeito gradual, doutra imaxe diferente a continuación desa primeira. Durante algúns minutos prodúcese unha sobreimpresión.

      1. Método polo que o procesamento dun elemento prepara o procesamento do elemento seguinte.

      2. Enlace que conecta ficheiros.

      1. Unión directa de dous ou máis acordes. Segundo a harmonía clásica, había que elixir cada acorde en función do precedente e do sucesivo.

      2. Unión entre dous movementos dunha composición que habitualmente irían separados.

    3. Conxunto de pasos que constitúen unha fase dunha coreografía.

    4. Proceso de cambio semántico que Arsène Darmesteter define como aquela palabra que esquece o seu sentido primitivo para pasar a un segundo obxecto; despois o nome pasa do segundo obxecto a un terceiro, coa axuda dun carácter novo que tamén se esquece, e así sucesivamente.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Atar algo ou a alguén con cadeas.

      2. Meter a alguén no cárcere.

    1. Unir ou relacionar cousas formando unha serie ou sucesión temporal.

    2. Quitar a autonomía, a posibilidade de acción ou de movemento.

    3. Atarse con cadeas a algo ou a alguén.

    4. Ligarse ou unirse cousas de forma que constitúan unha serie.

    5. Vincularse a alguén ou a algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar unha luz, pola súa proximidade ou por ser excesiva, que alguén vexa con dificultade ou mesmo quede sen vista momentaneamente.

    2. Causar unha cousa ou persoa grande admiración ou asombro.

    3. Botar algunhas árbores as candeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, entre os vales dos ríos Genil e Anzur (2.333 h [1996]). A base da súa economía é a agricultura, principalmente o cultivo da oliva. A actividade industrial limítase a pequenas fábricas de bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornadas de análise e debate sobre o feito teatral que se celebraron en Cangas do Morrazo (1997, 1998 e 1999) e Viana do Castelo (1997, 1998), organizadas polo Teatro do Noroeste de Viana, pola Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas e polo Instituto Galego de Estudios e Investigacións Teatrais (INGAT), e baixo a dirección de José Martins e Manuel F. Vieites. Participaron actores, directores, escenógrafos, dramaturgos, críticos, programadores e outros creadores vinculados á creación teatral. Os relatorios e debates publicáronse en Ensaio, Revista de Teatro de Galicia e do Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de encorrear ou encorrearse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Engurrarse ou perder o bo aspecto físico unha persoa.

    2. Adquirir algo un aspecto similar ao dunha correa.

    3. Retorcer unha vara en forma de corra.

    4. Poñerse alguén de mal humor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao monte que ten algunha peza no seu cumio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quinta lanzadeira norteamericana, empregada pola NASA para substituír o Challenger. Realizou o seu primeiro voo o 7 de maio de 1992 e durante este puido recuperar un satélite de comunicacións que estaba á deriva, o INTELSAT VI. Tecnicamente, defínese como Vehículo Orbital-105 (OV-105). Pesa en baleiro 68.585 kg e 78.017 kg cos motores principais instalados. A súa estrutura mide 37 m de lonxitude por 24 m de ancho. Con respecto a outros transbordadores, incorpora un novo hardware deseñado para mellorar as súas capacidades, un paracaídas de 40 m de diámetro e as conexións eléctricas precisas para a EDO (Extended Duration Orbiter), que permite realizar misións de ata 28 días. Ademais, inclúe ordenadores de propósito xeral avanzado, melloras nas unidades inerciais de medida e nos sistemas de navegación aérea táctica, e avances nos controladores de sucesos. Na primeira viaxe saíron da nave tres astronautas simultaneamente, P. Thuot, R. Hieb e T. Akers, que realizaron o paseo espacial máis longo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enzimas da clase das hidrolases que catalizan a escisión de forma inespecífica dos ácidos nucleicos mediante a hidrólise dos enlaces fosfodiéster en posicións internas da molécula.

    2. Tipos de endonucleases que recoñecen secuencias específicas de bases do ADN, como posicións de metilación ou secuencias palindrómicas, ás que cortan en lugares ben determinados; esta escisión aféctalles ás dúas cadeas, sexa á altura da mesma parella de bases, sexa deixando libres dúas curtas secuencias complementarias. In vivo, constitúen unha protección da célula fronte á invasión dun DNA alleo. Coñécense un centenar delas diferentes, case todas de orixe microbiana. O nome que reciben depende do organismo do que proceden; por exemplo, EcoRI procede de E. coliHindIII procede de H. influenzae, etc. Constitúen unha base operativa fundamental en enxeñería xenética e en biotecnoloxía. O seu descubrimento valeulle o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía a W. Arber, H. O. Smith e D. Nathans en 1978. Tamén reciben o nome de enzimas de restrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe troiano, fillo de Anquises e Afrodita e xenro do Rei Príamo. Descendente de Dárdanos e, xa que logo, de Zeus, foi un personaxe destacado na Ilíada de Homero e o protagonista da Eneida de Virxilio, que toma como tema central a marcha cara ao Lazio trala Guerra de Troia. Nesta guerra foi o máis afoutado dos troianos despois de Héctor. Desde os textos homéricos aparece como un heroe protexido polos deuses e marcado por un glorioso destino: el e os seus descendentes reinarán para sempre sobre Troia. Os poetas posteriores presentan a Eneas loitando arredor da cidade e asumindo o papel de Héctor; trala caída de Troia, seguindo o consello do pai e as indicacións de Afrodita, diríxese a Ida con Anquises, o seu fillo Ascanio e a súa esposa Creusa. A lenda máis difundida é o relato de viaxes de Eneas, que recolle Virxilio na Eneida, ata a Hesperia ou as cidades do Mediterráneo occidental. A lenda conta como un descendente seu, Rómulo, fundará Roma; e o seu fillo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Converteuse ao cristianismo e escribiu Teofrasto, diálogo sobre a resurrección do corpo e a inmortalidade da alma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enfrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer o freo ao cabalo.

    2. Reprimir algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Formado con J. Reynolds, realizou copias en miniatura das obras do seu mestre e retratos. Foi pintor de cámara de Xurxo III. O seu sobriño, John Cox Dillman Engleheart (1784-1862), tamén foi miniaturista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas enmarañadas.

    2. Situación confusa e ruidosa, provocada xeralmente por un enfrontamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar ou entrelazar algo de forma desordenada, especialmente cousas de estrutura lineal e flexible.

    2. olver algo máis complexo ou confuso.

    3. Involucrar a alguén en algo que lle pode causar problemas e do que é difícil saír.

    4. Mesturarse ou entrelazarse algo de forma desordenada, especialmente cousas de estrutura lineal e flexible.

    5. olverse algo máis complexo ou confuso.

    6. Involucrarse alguén en algo que lle pode causar problemas e do que é difícil saír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prefixo de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘nove’.

    VER O DETALLE DO TERMO