"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que non varía.
-
Magnitude, expresión ou relación que non varía ao sufrir o sistema unha transformación ou ao cambiar de coordenadas.
-
Unidade do sistema que é independente da súa realización concreta. Por exemplo, o fonema é a invariante respecto aos seus alófonos.
-
-
constante.
-
Propio dun elemento que se aplica a si mesmo nunha aplicación.
-
Aplícase á función que toma o mesmo valor nun elemento calquera e na imaxe do elemento nunha aplicación. Estas funcións son tratadas na chamada teoría das invariantes.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós de Epiro, Grecia (4.990 km2; 158.193 h [1991]). A súa capital é Iōánnina (56.699 h [1991]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino de etimoloxía incerta, suponse que deriva do nome do franco-provenzal antigo Yolant, Yolans e Yolande, forma medieval de Violante que, á súa vez, deriva do latín Viola ‘violeta’. Para outros, a orixe é netamente xermánica, quizais composto de -lind ou -linta ‘escudo’. Atribúeselle o significado de “cor da violeta”. Tamén se considera unha variante de Helena. Santa Iolanda (s XIII), filla do conde de Veanden (Polonia), da orde das dominicanas de Marienthal, celébrase o 28 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peronaxe bíblico, fillo do Rei Saúl. Acadou unha gran vitoria contra os filisteos. Salvou o seu amigo David da persecución do seu pai. Morreu xunto co seu pai ao derrotalos os filisteos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ioniza.
-
PERSOEIRO
Lingüista. Profesor na Universidade de Bucarest, foi presidente de honor da Societé de Linguistique Romane. Cómpre destacar as súas obras Introducere in studiul limbilor romanice (1932), Cresţomaţie romanicą (1962) e Toponimia romîneasc ǎ (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto perenne, de talos sarmentosos, follas elípticas e opostas ovais, flores pentámeras de cor branca reunidas en glomérulos esféricos e froito en baga. É popio das zonas temperadas de América do S. Emprégase como planta medicinal.
-
PERSOEIRO
Escultor e pintor francés. Creou un tipo de escultura elaborada con formas barrocas, entre outras, Roger et le peuple des morts (1959); como pintor colaborou na decoración da igrexa de Saint-Jacques en Montrouge, en París (1947-1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Asia occidental, limitado por Armenia, Acerbaixán, o Mar Caspio e Turkmenistán ao N, Afganistán e Paquistán ao L, Iraq e Turquía ao O e os golfos Pérsico e de Omán ao S (1.645.258 km2; 64.528.000 h [estim 2001]). A súa capital é Teherán.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
As cordilleiras de Irán divídense, a partir do núcleo montañoso de Armenia, en dous sistemas de dirección NO-SL e cunhas altitudes que superan os 3.000 m: o que bordea a costa do Mar Caspio de O a L cos montes Elburz (Demāvand, 5.760 m), que se prolonga cara ao L polas montañas do Khorāsān, e o que parte do L da depresión do lago Urmia e forma unha serie de cordilleiras, o Zagros, que a través de Kurdistán se dirixen cara ao altiplano interior. Este altiplano central, duns 1.000 m de altitude media, é practicamente desértico, formado por concas afundidas de marismas salinas (kevir) e chairas pedregosas (dascht), interrompidas por extensións... -
-
Relativo ou pertencente a Irán.
-
Natural ou habitante de Irán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
iranio.
-
-
Relativo ou pertencente ao antigo Irán.
-
Natural ou habitante do antigo Irán.
-
Grupo de linguas da familia indoirania do phylum indoeuropeo. O iranio divídese en tres fases históricas: o antigo iranio, que comprende o antigo persa (SL de Irán), o avéstico, o medo e o escita; o iranio medio que comprende os grupos occidental (parte arsácida do NL, pahlavi sasánida e maniqueo) e oriental (sogdiano de Asia central, corasmiano e indoescita), e o iranio moderno (persa).
-
-
-
-
Rexión bioxeográfica que comprende unha gran parte de Oriente Próximo e de Asia Media, desde as terras interiores de Turquía e de Israel ata Jungària e as ribeiras do Indo; limita polo occidente coa rexión mediterránea, e polo oriente coas terras centroasiáticas e mongólicas. O clima é continental, e a vexetación principalmente da estepa e do deserto.
-
-
PERSOEIRO
Pai da Igrexa e bispo de Lyon (178?-202?). Discípulo de san Policarpo, bispo de Esmirna, foi un dos principais teólogos do seu tempo. En Lyon foi ordenado sacerdote por san Potino e participou activamente nas disputas teolóxicas do seu tempo. Orientou a súa actividade para a evanxelización da Galia e para a loita contras as herexías; destacou fundamentalmente como polemista antiagnóstico e profundo coñecedor da tradición católica. Escribiu Adversus haereses. Na iconografía viste de pontifical; e leva como atributo persoal un facho aceso na man. Venerado como mártir, a súa festividade celébrase o 28 de xuño, aínda que antes da reforma do calendario litúrxico (1969) celebrábase o 3 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Freira. Britaldo, o mozo con quen se prometera, renunciou ao seu casamento por respecto aos votos de virxindade que ela contraera, pero ameazouna de morte en caso de que tivera amores con outro. Dando creto as calumnias, finalmente mandouna matar. O seu cadáver foi arroxado a un afluente do Tejo e apareceu preto de Scallabis, vila que desde entón se chamou Santarém (de santa Irena). A súa festa celébrase o 20 de outubro.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Padrón. Está edificada no soar que ocupou a vella catedral da diocese de Iria, sufragánea de Braga. Foi colexiata ata 1851. Coñécese tamén como Santa María de Adina. Construíuse un primeiro templo paleocristián, do que se conservan restos arqueolóxicos, que puido edificarse no s I. Sobre este edificio fíxose unha igrexa prerrománica, arrasada en tempos de Almanzor. O arcebispo Xelmírez mandou construír no s XII unha igrexa románica, terminada no s XIII en estilo oxival. Tiña tres naves separadas por columnas e tres ábsidas. Desta construción consérvase a portada gótica, onde se labrou no tímpano a Adoración dos Reis Magos. No s XVIII o arcebispo Monroy restaurou o edificio, que adoptou a planta rectangular con tres naves, cruceiro e presbiterio, todo cuberto con bóvedas de aresta. Deste século son as torres rematadas en pirámides de chanzos, realizadas por Pedro García de Cotobade de xeito semellante á torre do Tesouro da catedral compostelá. Segundo a tradición...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao iris.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Muras. Construída en 1700, ten nave rectangular, cuberta a dúas augas, e capela maior de planta cadrada con cuberta a catro vertentes. No lado N da capela engadiuse un corpo que funciona como sancristía. O retablo maior é neoclásico, pero ten elementos decorativos barrocos. No exterior destaca o pórtico situado diante da fachada.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do arquipélago británico, situada ao O da illa de Gran Bretaña, da que só a separan 23 km no lugar máis estreito do mar de Irlanda (83.849 km2). Está dividida entre a República de Irlanda, estado soberano, e Irlanda do Norte, que forma parte do Reino Unido e Irlanda do Norte.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O zócolo irlandés componse dunha gran variedade de rochas primarias: calcarias paleozoicas, xistos e granitos. Morfoloxicamente a illa está formada por unha depresión central dominada ao N e ao S por macizos montañosos, onde aparecen lagos e turbeiras. Ao N, macizos graníticos e volcánicos aparecen separados por amplos golfos; o maior é o de Dún na nGall, no NO. Ao S os sistemas encadéanse de xeito lonxitudinal con máis continuidade, e forman un relevo de tipo apalachense (montañas de Corcaigh e Ciarraí). Neste sector atópase o punto culminante da illa, os 1.041 m de altitude do Carrantuohill. A rede hidrográfica ten como principal expoñente ao río Shannon (Ant-Sionna).... -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa Occidental que ocupa a maior parte da illa homónima (70.273 km2; 3.828.000 h [2001]). A súa capital é Dublín.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía económica
O ingreso do país na Comunidade Económica Europea en 1973 significou un punto de inflexión na súa estrutura económica, que ata esa data se caracterizaba polo predominio do sector agropecuario, que proporcionaba a maior parte do emprego malia permanecer, en gran parte, sumido en condicións precapitalistas. As condicións climáticas impoñen un predominio dos cultivos pratenses, que ocupan máis de dúas terceiras partes da supericie agraria útil, o que favorece a orientación das explotacións cara á produción gandeira. O censo gandeiro é moi elevado e triplica á poboación humana. Destacan os armentíos bovino, ovino e porcino. O cooperativismo está moi estendido, especialmente para a produción leiteira. Ademais, cultívase millo, patacas, remolacha azucreira, hortalizas e maceiras....