"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
TERRITORIOS
Territorio do NL da illa de Irlanda que forma parte de Reino Unido (13.576 km2; 1.702.000 h [2000]). A súa capital é Belfast.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía< /B>
O 62% da poboación é protestante e o 38% católica. Os protestantes son maioritarios en Belfast e nos distritos máis orientais do país, onde se concentra a produción industrial, mentres que os católicos habitan os condados rurais e os barrios periféricos de Belfast. O desenvolvemento do país vese moi freado polo conflito político. Malia a estreita vinculación con Reino Unido, a renda per cápita é sensiblemente inferior á do conxunto do país, pois non chega ao 70% dela.
Historia
Está formada polos antigos condados de Antrim, Armagh, Down, Fermanagh, Derry e Tyrone, que se corresponden coa antiga provincia histórica de Ulster. En 1920 promulgouse a Government of Ireland Act, pola que Ulster debía ser dirixido por un gobernador británico e un goberno autónomo responsable... -
VER O DETALLE DO TERMO
Mar de Europa que separa as illas de Gran Bretaña e Irlanda e que se comunica co Océano Atlántico polos canais do Norte e de San Xurxo.
-
-
Relativo ou pertencente a Irlanda.
-
Natural ou habitante de Irlanda.
-
Lingua do grupo gaélico das linguas celtas, que se fala principalmente na Irlanda occidental. Na segunda metade do s V xa se documenta o irlandés primitivo en inscricións funerarias escritas en alfabeto ogámico. Na primeira metade do s VI existe a etapa denominada irlandés arcaico, tamén recollida en inscricións ogámicas e nalgunha glosa. Despois de mediados deste século está o irlandés antigo, no que aínda se distinguían dúas etapas: o irlandés antigo inicial (ó redor do 550-700), documentado nunhas poucas inscricións ogámicas e glosas con arcaísmos fonéticos, e o irlandés antigo clásico (ó redor de 700-900) que se recolle nas glosas de Würzburg (sobre o 750), Milán (sobre o 800) e Sankt Gallen (sobre o 850). Entre o 900 e o 1200 pásase ao irlandés medio, con extensos e abundantes textos literarios. A partir do 1200 comeza o irlandés moderno. Entre os ss XIII-XVII, o chamado irlandés moderno clásico foi unha norma...
-
Arte desenvolvida en Irlanda. Da Idade do Bronce consérvanse lúnulas de ouro e machados, e do período de La Tène, o colar de Broighter. O desenvolvemento dunha cultura local cristiá e monástica, non suxeita ás invasións, deu lugar ao estilo irlandés dos ss VI-IX, baseado en elementos célticos e coptos, estes últimos introducidos por san Patricio e mantidos polos intercambios con Exipto e Siria. Desta época consérvanse piares, estelas con decoración xeométrica (Fahan Mura e de Carndonagh, s VII), cruces de pedra con escenas bíblicas (Monasterboice e Ruthwell), pezas de ourivería e manuscritos miniados, entre os que destacan os evanxeliarios de Durrow, Kells e Lindisfarne. De estilo gótico son a catedral de Dublín, totalmente reconstruída, e os castelos de Dangan e Luimneach, e do derradeiro cuarto do s XVII, o Royal Hospital, de W. Robinson, e a Duana, de J. Gandon, os dous en Dublín. A arquitectura do s XIX mesturou o neogótico e o neoclásico (catedrais de Cork e Killarney). No comezo do...
-
escritura insular.
-
Literatura cultivada en Irlanda en lingua irlandesa. Inicialmente desenvolvéronse tres ciclos épicos precristiáns: o mitolóxico, o dos fenianos (do s XI ao XVIII) e o dos ulates, heroes semimíticos do s I. Logo apareceron os filid, poetas doutos, desprazados no s XIII polos bardos, ao servicio das familias poderosas. Co cristianismo introduciuse en Irlanda a cultura clásica, que nunca tivo un papel decisivo; aínda así, ambas as dúas tendencias chegaron a fusionarse nalgúns xéneros. No s XII comezou a conquista da illa polos ingleses e prohibiuse o uso do irlandés. A partir do s XVII comezou a realizarse unha literatura reivindicativa da propia tradición. O renacemento literario do s XIX tivo lugar basicamente en inglés; fundouse unha sociedade para a defensa da lingua irlandesa (1876), o periódico Irisleabhar na Gaedhilge (1882-1909) e a Connradh na Gaedhilge ou Liga Gaélica (1894), ademáis das achegas dos eruditos John O’Donovan e E. O’Curry. No s XX xurdiron as reivindicacións...
-
Arte musical cultivada en Irlanda. A música tradicional irlandesa é moi rica en ritmos (reel, jig, hornpipe, air), instrumentos (arpa, tin wisthle, bodrhan, uillean pipe, etc) e música vocal. Os cantos dos bardos conserváronse ao longo dos anos, e así foi como se coñeceron as composicións de T. O’Carolan, destacado arpista do s XVI. As danzas máis típicas son o planxty e o reel, e requiren unha destreza rítmica e de movementos moi elevada. Moitas son as formacións musicais e intérpretes que contribuíron a recuperar o abundante folclore irlandés, entre os que cómpre mencionar solistas como Liam O’Flynn ou Sean Potts, e grupos como Boys of the Lough, The Dubliners ou The Chieftains, estes últimos con máis de corenta anos de traballo a prol da música tradicional do seu país.
-
-
-
-
Ser vivo que ten os mesmos pais ou só o mesmo pai ou a mesma nai.
-
Parente colateral de segundo grao civil. Segundo o dereito tradicional, os irmáns só teñen dereito á lexítima a falta de descendentes e de ascendentes, se o irmán defunto os declarara persona turpis, aínda que esta particularidade desapareceu actualmente.
-
irmán bastardo
Fillo natural respecto ao lexítimo.
-
irmán carnal
Respecto a outra persoa, fillo dos mesmos pai e nai.
-
irmán consanguíneo
Respecto a outra persoa, fillo dun mesmo pai, pero de nai diferente.
-
irmán de leite
Fillo dunha ama de cría respecto ao fillo doutra muller amamantada por aquela.
-
irmán uterino
Respecto a outra persoa, fillo dunha mesma nai, pero de pai diferente.
-
medio irmán [cast: hermanastro, -tra; ingl: stepbrother, stepsister]
Fillo dun dos dous cónxuxes respecto ao fillo do outro.
-
-
Persoa considerada en canto á relación que a une con outros membros cos que ten un vínculo ideolóxico, espiritual ou doutro tipo.
-
...
-
-
-
Relación de afecto entre irmáns ou persoas que comparten as mesmas afinidades.
-
Asociación de persoas vinculadas por un labor, unhas ideas, etc, comúns, establecida cun carácter benéfico para socorrer os seus membros en caso de necesidade.
-
Cada unha das federacións de municipios establecidas en Castela e León, inicialmente con carácter temporal, coa finalidade do interese xeral, sobre todo o mantemento da orde e da seguridade, e contra os abusos señoriais. Apareceron a finais do s XII, pero non adquiriron importancia ata finais dos ss XIV e XV, como consecuencia das guerras civís que debilitaron o poder público. Destacaron as de Toledo (1300), formada para perseguir bandoleiros; Segovia, impulsada e regulamentada por Enrique IV de Castela (1473); e a do Cantábrico, constituída a finais do s XIII, que administraba e gobernaba libremente as poboacións asociadas, ata o punto de que chegou a adquirir unha notable independencia respecto da coroa e a manter relacións directas con Inglaterra e Francia. Os Reis Católicos crearon a Santa Hermandad, a imaxe destas, que participou na Guerra de Granada e que foi perdendo as súas atribucións ata que desapareceu no s XVII. En Galicia constituíuse en 1458 a Irmandade Galega, formada polos...
-
-
Confraría de carácter piadoso.
-
Privilexio que unha comunidade relixiosa concede a alguén para facelo partícipe dalgunhas gracias.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Caracas a partir de marzo de 1965. Subtitulouse “Boletín mensual de la Hermandad Gallega”. Dirixiuna inicialmente Celso E. Ferreiro, que en 1968 foi substituído por Gabriel Arcos. Voceira da Hermandad Gallega venezolana -que integraba o Centro Galego, a Casa de Galicia e o Lar Galego-, contou coa colaboración de destacados escritores galegos. Entre finais de 1970 e 1976 atravesou unha segunda etapa, que se interrompeu ata 1983, ano en que saíu como “Revista trimestral da Irmandade Galega de Venezuela”.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade cuadrimestral editada en Xenebra a partir de 1977. Exerceu como voceira da Irmandade Galega en Suíza. Ademais da información societaria, incluíu diversos traballos de carácter cultural nas seccións “Follas culturais do noso pobo” e “Voces na cultura galega”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Galardóns outorgados pola Federación de Libreiros de Galicia, nos que se recoñece o labor realizado en favor do libro, a lectura e a cultura galega. Anualmente distínguense diferentes premios dirixidos ao autor, ao mellor libro galego, a un centro de ensino, a un medio de comunicación e a un libreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación galeguista fundada en Bos Aires en 1941. Inspirada por Castelao, levou a cabo actividades de tipo cultural e político en defensa da lingua galega durante os seus trinta e dous anos de existencia, nos que estivo presidida por persoeiros como Alonso Ríos, Rey Baltar e Ricardo Flores. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo e pediulle á ONU a condena do goberno franquista (1946) e levou a cabo unha campaña contra o emprego da bandeira monárquica nos centros galegos (1948). Organizou numerosas conferencias, exposicións de pinturas e colaborou coa Intersocietaria Gallega e con A Nosa Terra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que adoptou un sector das Irmandades da Fala, dirixido por Vicente Risco na IV Asemblea Nacionalista de Monforte de Lemos (1922). Publicou o boletín Rexurdimento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación galeguista que naceu a partir dunha reunión celebrada nos salóns da Real Academia Galega na Coruña o 18 de maio de 1916, convocada por Antón Villar Ponte. Os seus antecedentes foron as actividades dun grupo de galegos residentes en Madrid, que promoveron a revista Estudios Gallegos, e a publicación de Nacionalismo gallego: nuestra afirmación regional (1906), de Antón Villar Ponte, na que chamaba á creación dunha organización que defendese a lingua galega e o espallamento do seu uso. A esta primeira reunión asistiron Ramón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire, César Vaamonde, Uxío Carré Aldao, Luís Porteiro Garea, Rodrigo Sanz López e Francisco Tettamancy, entre outros. Nela aprobáronse uns estatutos nos que se sinalaban dous órganos de goberno colexiados, a Xunta Xeral e o Consello, e elixiuse como primeiro conselleiro a Antón Villar Ponte. Pouco despois, o 28 de maio, fundouse a Irmandade de Santiago de Compostela baixo a dirección de Luís Porteiro Garea e na que xa se...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal.
-
-
Facer unha alianza de amizade entre unha persoa ou cousa con outra ou varias entre si.
-
Facer compatible unha cousa con outra de forma harmónica.
-
Unirse por vínculos fraternais unha persoa ou cousa con outra ou varias entre si.
-
Conciliarse dúas cousas de forma harmónica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento antiseñorial que tivo lugar en Galicia no s XIV. Desenvolveuse no contexto da crise xeral da Baixa Idade Media, en especial pola excesiva señorialización do medio agrario e a situación política de anarquía da Coroa de Castela. As orixes do conflito atópanse na loita dinástica entre Pedro I e Enrique de Trastámara e a vitoria deste, que recompensou os nobres que o apoiaran con importantes mercedes e creou en Galicia unha nova nobreza, de orixe foránea, que asumiu os cargos de poder. O abuso do poder dos señores e a débil situación socioeconómica, provocada polas malas colleitas e as consecuencias da Peste Negra, provocaron o levantamento de labregos, artesáns e comerciantes. Antes do levantamento de 1431 producíranse movementos antiseñoriais dirixidos, principalmente, contra o señorío eclesiástico. En 1422, ante a ausencia de Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela, un grupo de artesáns e cabaleiros iniciou unha revolta coa finalidade de converter a vila nunha cidade...
-
-
Relativo ou pertencente ás Guerras Irmandiñas.
-
Cada un dos membros das diversas irmandades creadas en Galicia ao longo da Idade Media.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Montevideo a partir do 1 de outubro de 1934. Cesou a súa edición o 1 de xaneiro de 1936. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Rosgal. Voceiro da Irmandade Galeguista do Uruguay e relacionada co Partido Galeguista, incluíu información política de orientación nacionalista. Colaboraron nela destacados políticos e escritores, como Alexandre Bóveda e Afonso Castelao. Na súa segunda época, entre xuño de 1958 e xuño de 1961, foi dirixida por Xosé L. Villaverde e Miguel V. Valiño e seguiu os mesmos postulados políticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín aparecido en Bos Aires a partir do 1 de agosto de 1990. Editado pola Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina e dirixida por José M. Romero, incluíu, ademais de información de carácter societario, artigos sobre o Día das Letras Galegas e referencias a persoeiros da cultura galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación relixiosa fundada en Reims (1682) por Jean-Baptiste de La Salle. Foi aprobada en 1725, suprimida en 1792 e restaurada definitivamente en 1802. Dedicada sobre todo ao ensino primario, secundario, técnico e profesional, estendeuse por numerosos países de Europa e América. Introduciuse no Estado español en 1878 e con poucos meses de diferenza fundaron casas en Madrid e Barcelona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da Igrexa evanxélica nacida en Plymouth en 1830 para tentar reunir membros de diversas confesións protestantes. Foron os seus dirixentes o pastor anglicano John N. Darby e o filántropo George Muller. En breve producíronse as primeiras divisións: Darby encabezou os exclusivistas ou pechados, que rexeitaban toda relación con outras confesións evanxélicas e coa práctica do bautismo dos nenos; mentres que os abertos, entre os que figuraba Muller, bautizaban por inmersión os crentes adultos, colaboraban cos protestantes doutras confesións e destacaban polo seu entusiasmo misioneiro.