"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Relativo ou pertencente ao equinoccio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos puntos da esfera celeste nos que o ecuador celeste corta a eclíptica. Estes dous círculos máximos da esfera celeste -o ecuador e a eclíptica- córtanse segundo un diámetro que une dous puntos e que recibe o nome de liña dos equinoccios. O primeiro punto é o lugar polo que o Sol pasa do hemisferio austral ao boreal e denomínase equinoccio de primavera, punto vernal ou primeiro punto de Aries. O segundo punto é o lugar polo que o Sol pasa do hemisferio boreal ao austral e denomínase equinoccio de outono ou punto Libra. Cando o Sol está nun dos puntos equinocciais, o día e a noite teñen a mesma duración en todos os puntos da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parasitose producida polo desenvolvemento de tenias do xénero Echinococus. O parasito é pequeno, de entre 7 e 14 mm de lonxitude, e corpo segmentado en tres ou catro aneis ou proglótidos. O primeiro, o escolex, presenta órganos de fixación -catro ventosas e unha dobre coroa de ganchos- e os seguintes forman o estróbilo. Como moitos outros endoparasitos carecen de aparato respiratorio, dixestivo e locomotor e teñen un sistema nervioso moi sinxelo. No último segmento ou proglótido sitúanse os ovos nun número de entre 500 e 800. Habita na fase adulta nos intestinos dos cans -caso da especie Echinococus granulosus-, dos gatos -Echinococus multilocularis- e doutros mamíferos como ovellas, cabras ou porcos. Os cans e os gatos adquiren a tenia aliméntandose de vísceras infestadas, mentres que o home o fai inxerindo alimentos contaminados cos ovos eliminados dos animais infectados, o que provoca a formación de quistes hidatídicos, que conteñen as mencionadas larvas, no fígado, no pulmón e noutros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equinodermos.

    2. Deuteróstomo do filo dos equinodermos.

    3. Filo de animais mariños, principalmente bentónicos, de endoesqueleto de simetría radial ou bilateral -ás mais das especies con cinco partes ou raios iguais- calcario espiñento e formado por placas. Presentan un sistema acuífero, consistente nunha serie de vasos internos cheos de líquido -que penetra a través da placa madrepórica situada na parte dorsal do animal- e que serve para as funcións locomotora, adhesiva, alimentaria, sensorial e respiratoria. Teñen un sistema nervioso sinxelo formado por un anel ao redor da boca e nervios radiais, e non presenta nin cabeza nin cerebro. Tamén posúen series de pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, e pedicelarios que cumpren a súa función na limpeza, e incluso na defensa, inxectando nalgúns casos veleno. O principal sistema de defensa dos equinodermos constitúeno as espiñas, que nalgúns casos poden resultar velenosas e tóxicas. Tamén poden presentar autotomía e desprenderse dunha parte do seu corpo, como un brazo, ou no...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos equinoideos.

    2. Equinodermo da clase dos equinoideos.

    3. Clase do filo dos equinodermos formada por animais de corpo globuloso ou hemisférico, limitado por un dermatoesqueleto de placas mineralizadas e xustapostas unidas rixidamente entre elas. Sobre as placas do exoesqueleto articúlanse, en tubérculos mamilares, unhas pugas móbiles que serven como sistema locomotor e como órgano de defensa. Coñécense popularmente co nome de ourizos de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao navío que se representa co seu aparello completo, pero coas velas recollidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de equipar.

      1. Conxunto de cousas necesarias para que algo funcione.

      2. bens de equipamento

        Conxunto de bens materiais, tales como plantas industriais, maquinaria, instalacións, servicios, etc, necesarios para o funcionamento dunha unidade de produción. Equivale ao concepto de capital fixo.

      3. equipamento urbano

        Espacio urbanizado, edificado ou non, destinado a usos públicos (educativos, sanitarios, culturais, recreativos, de abastecemento e de transportes). Os equipamentos constitúen elementos fundamentais para a mellora da calidade de vida dos cidadáns, ao lles permitir o seu enriquecimento cultural, a mobilidade, o acceso ao ensino e á asistencia sanitaria, e ao incrementar as alternativas para o emprego do tempo de ocio. Normalmente, as áreas destinadas a estes usos localízanse na periferia das cidades, onde o prezo do solo é máis alcanzable e onde resulta posible acondicionar as infraestruturas precisas para un acceso ás instalacións masivo, cómodo e rápido. En moitas ocasións, a inauguración dun determinado tipo de equipamento provoca unha revalorización da área en que se localiza, que experimenta un incremento da cobertura de servicios privados en función da cantidade de usuarios e da frecuencia coa que se utiliza a instalación, e tamén do propio carácter do centro. O desenvolvemento destas...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prover a alguén ou algo do que é necesario para un fin determinado.

    2. Proverse de algo necesario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode equiparar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de equiparar ou equipararse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar iguais ou semellantes dúas ou máis persoas ou cousas poñéndoas ao mesmo nivel.

    2. Facer que algo sexa semellante.

    3. Facerse iguais ou equivalentes dúas ou máis cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Repartición equitativa dunha magnitude, unha variable ou unha propiedade entre as diferentes partes dun todo.

    2. Principio que establece que, en todo sistema físico en equilibrio térmico, a enerxía se reparte segundo os diversos graos de liberdade, a cada un dos que corresponde unha enerxía cinética kT/2, onde k é a constante de Boltzamann e T a temperatura absoluta do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas, como maletas ou paquetes, que se levan nas viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas, como roupa ou obxectos, necesarias para equipar a alguén.

      1. Conxunto de ferramentas, instrumentos, máquinas ou aparatos especiais para efectuar un traballo, unha actividade ou para facer funcionar unha instalación.

      2. Conxunto integrado por un ordenador e todos os periféricos conectados a el.

      1. Grupo de persoas organizado para levar a cabo un obxectivo determinado.

      2. equipo de redacción/editorial

        Conxunto de redactores e técnicos editoriais que, dirixidos por un director de edición, contribúen á redacción e realización dunha obra lexicográfica, enciclopédica ou doutro tipo.

    2. Colectivo de persoas que de forma organizada disputan unha competición deportiva en representación dunha sociedade ou club, e que obteñen unha clasificación conxunta ao remate da mesma.

    3. Equipos que se crearon en Galicia no ano 1985 como elementos de apoio aos centros educativos no ámbito do diagnóstico, orientación e integración dos escolares. Naceron como resultado da fusión doutros dous elementos que actuaban no ámbito escolar: o Servicio de Orientación Escolar e Vocacional (SOEV) e os Equipos Multiprofesionais. Ambos tiñan carácter estatal ata que, despois do traspaso de competencias en Galicia (1982), foron regulados baixo dependencia autonómica (1983) e continuaron funcionando ata a creación dos EPsA. Estaban formados, principalmente, por psicólogos e pedagogos, aínda que nalgún caso existían tamén asistentes sociais, e no ano 1986 incrementáronse de forma xeneralizada con especialistas en audición e linguaxe. As súas principais funcións eran: a prevención educativa, detección precoz das deficiencias, valoración pluridimensional, elaboración e seguimento de programas de desenvolvemento individual, orientación escolar, asesoramento e información aos profesores titores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación deportiva aparecida en 1984 en Santiago de Compostela. Subtitulouse “Revista gallega de deportes”. Dirixida por Gonzalo Rey Lama, contou coa colaboración de Jesús Lodeiro, Emilio Navaza e Víctor Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo artístico español fundado en París en 1957 e disolto en 1962. Compuxérono José Cuenca, Ángel Duarte, José Duarte, Agustín Ibarrola e Juan Serrano. Opuxéronse ao informalismo e defenderon unha arte normativa e analítica. No seu manifesto teórico propuxeron a colaboración entre as diversas manifestacións artísticas, pois rexeitaban a división tradicional entre arquitectura, pintura e escultura. Mostraron preocupación polo papel do artista na sociedade e pola función social da arte e rexeitaron os circuítos comerciais. Disolvéronse en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de artistas creado en València a finais de 1964 por Rafael Solbes, Manuel Valdés e Joan Antoni Toledo, que o abandonou en 1965. Procedían da Estampa Popular Valenciana e constituíron a achega española á pop art. Rexeitaron a pintura e a cultura tradicional española e buscaban realizar unha crónica da realidade baseada na obxectivación e no realismo dos datos empregados e na tipificación e serialización. Reflectiron os cambios que se estaban a producir na sociedade mediante unha iconografía procedente dos medios de comunicación de masas e da historia da pintura española dende o Século de Ouro ata as vangardas, pero tratadas dende a óptica da sociedade contemporánea. Cultivaron unha pintura figurativa e organizada en series caracterizadas polas tintas planas, a composición narrativa, a intención satírica e a crítica político-social. Entre outras series destacan La recuperación (1967-1969), Guernica 69 (1969), Serie negra (1972), El paredón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coalición electoral de forzas demócrata cristiáns galegas que se presentaron ás eleccións xerais de 1977, formada por Alianza Galega Social Demócrata (AGSD), nome que adoptou o Partido Social Demócrata Galego ao ser legalizado; o partido de Lasuén, representado en Galicia por Pérez Barxa; o Partido Galego Social Demócrata (PGSD) e o Partido Popular Galego (PPG). O seu ideario electoral estivo constituído polos puntos en común dos catro grupos asentados nunha base humanista e comunitaria, no federalismo non independentista e no proxecto demócrata cristián de contido galeguista. A coalición, que soamente se presentou nas provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra, obtivo unicamente 23.075 votos en conxunto, feito que significou a súa disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación política demócrata cristiá que se presentou ás eleccións xerais de 1977. Nos inicios da transición política española, a democracia cristiá estivo dividida entre os partidarios de José María Gil Robles, membros da Federación Popular Democrática, e os de Joaquín Ruiz Giménez, vinculados á Izquierda Democrática. En xaneiro de 1976 celebrouse a primeira asemblea da formación en Madrid, xuntanza á que, xunto a estes dous partidos, acudiron representantes da Unión Democrática Galega, do Partido Nacionalista Vasco, da Unió Democrática do País Valencià e da Unió Democrática de Catalunya. O grupo contou co recoñecemento da Unión Europea Demócrata Cristiana. En marzo de 1977 produciuse a fusión definitiva dos grupos de Gil Robles e Ruiz Giménez e a consolidación do Equipo en todo o territorio estatal. En outubro dese mesmo ano incorporouse ao Partido Popular Galego (PPG). Posteriormente, a evolución do Equipo estivo caracterizada pola súa incapacidade para aceptar ás nacionalidades periféricas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Equipo de pintores formado en València ao redor de 1965 e integrado por Jordi Ballester i Bonilla e Joan Cardells i Alemán. Aínda que Cardells abandonouno en 1976, Ballester continuou ata 1977 con outros colaboradores. Nacidos da Estampa Popular Valenciana, entenderon o proceso de creación pictórica como un traballo colectivo e servíronse das técnicas cinematográficas nas súas montaxes para conseguir grandes contrastes temáticos. Nalgunhas series, a asimilación de determinadas tendencias da pop art levounos a elaborar uns recursos comunicativos próximos aos medios de comunicación de masas. Destacan, entre outras, as series Hogar, dulce hogar, Retrato del retrato de un retrato, Del antiguo y ropajes, Cuadros de Historia e Hazañas Bélicas.

    VER O DETALLE DO TERMO