"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Trobador. Pertenceu probablemente á pequena nobreza galega. Estivo activo no terceiro cuarto do s XIII e inicios do XIV. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana atribúenlle dúas cantigas de amigo, que van precedidas por unha rúbrica atributiva que o define como “sobriño de Nun’Eanes”. Ambas as dúas composicións, estruturadas segundo o esquema da rima tradicional abbaCC en octosílabos e decasílabos masculinos, están presididas polo motivo da ausencia do amado, matizado cunha sutil ironía que as afasta dos moldes convencionais propios das cantigas tradicionais de amigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo do nobre Pero Soarez de Alvim e dunha dama galega, probablemente de Lobeira, na Baixa Limia; daquela, medio irmán do trobador Martin Perez Alvin e sobriño de Men Soarez de Melo, conselleiro de Afonso II. Activo entre 1258 e 1304, viviu na corte de Afonso II desde 1261 e despois na de don Denís, onde se relacionou con outros trobadores cortesáns, como Fernan Fernandez Cogominho, Johan Perez d’Aboim e Johan Soarez Coelho. Consérvanse da súa autoría 5 cantigas de amor (unha dialogada), transmitidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa -non no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana por mor da súa acefalia- e un escarnio persoal conservado en ambos, todos rexistrados pola Tavola Colocciana. A ausencia do xénero de amigo pode deberse ao ton abstrato e intelectual do corpus deste autor. Así, o escarnio -retrato moral dun cabaleiro, que esconde unha crítica sutil e medida da corte e dos seus vicios- destaca pola súa singularidade no corpus...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego, fillo de Lopo Rodriguez de Ulhoa e Teresa Fernandez de Trastâmara, segundo o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Activo entre 1238 e 1286, é natural probablemente da Ulloa; preto de 1286 debeu establecerse na Estremadura portuguesa logo, quizais, do seu casamento con Sancha Lourenço de Taveira. Consérvanse 18 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Ajuda, Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 11 cantigas de amor e 7 de amigo, que non escapan á convencionalidade dos xéneros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo entre finais do s XIII e principios do XIV, está moi documentado en actas e diplomas do período dionisíaco. Constitúe o último representante dunha familia de poetas e dignatarios de corte que ascendera socialmente mediante, sobre todo, políticas matrimoniais de varias xeracións: o seu avó Roi Gomez de Briteiros casara con Elvira Anes de Maia, da liñaxe dos Sousa, e coa voda ascendera a mordomo-mor de Afonso III; o seu pai Men Rodriguez de Briteiros seguiu na corte de Afonso III ata 1260 e, tras casar con Mariannes, filla de Johan Perez de Veiga, conseguiu os bens dos Berredo. O mesmo trobador casou coa filla ilexítima de Afonso III, Urraca Afonso, co que acrecentou o patrimonio familiar. Consérvanse 9 composicións da súa autoría, que se transmitiron no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: 6 cantigas de amor e 3 de amigo. Este corpus caracterízase pola densidade e innovación temática, sustentada...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Trobador. Debido á presenza das súas cantigas de amor no Cancioneiro da Ajuda e pola colocación das súas composicións no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, a carón de Nuno Fernandez Torneol e Pero Garcia Burgalês, a crítica supón que debeu compoñer a súa lírica a mediados do s XIII. Consérvanse 8 composicións da súa autoría: 5 cantigas de amigo e 3 cantigas de amor, caracterizadas pola súa disposición a xeito de narración dialogada entre varios personaxes, baseada nos esquemas estróficos, métricos e rítmicos, pero cos mesmos tópicos ca a lírica amorosa trobadoresca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador pertencente á nobreza portuguesa, fillo de Pero Ourigues da Nóbrega e vasalo do infante Afonso, futuro Afonso III de Portugal. Tras unha estancia co Rei Afonso en Francia (1230-1245), regresou a Portugal e ocupou altos cargos, tanto administrativos como políticos; foi conselleiro do Rei (desde 1248), alférez menor (1250-1255), mordomo da Raíña Beatriz (1254-1259), mordomo-mor da curia (1264-1279), e tenente de Ponte de Lima (1259) e do Alentejo (1270-1284). Despois da morte de Afonso III (1279), abandonou o cargo de mordomo-mor, pero seguiu figurando na documentación dionisíaca ata 1284 como tenente de Évora. Propietario dun extenso patrimonio, fundou Vila Boim e a súa igrexa (no Alentejo), o mosteiro e máis a vila de Marmelar, e as igrexas e o castelo de Portel. Consérvanse 22 composicións recollidas nos tres cancioneiros colectivos -Cancioneiro da Ajuda, Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana-: 10...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador galego. Pertencente á pequena nobreza, viviu en Lugo. Posiblemente activo entre o terceiro cuarto do s XII e inicios do s XIII, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmitiron unha única cantiga da súa autoría; trátase do escarnio persoal dirixido a Lopo Liáns “Loavan un dia, en Lugo, Elvira”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr galego. Non se teñen datos documentais sobre el, pero, a xulgar pola súa colocación nos cancioneiros e por elementos internos da súa obra, debeu estar activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII. Posiblemente visitou tamén a corte de Afonso X. O topos “san Servando”, repetido nas súas cantigas de amigo, talvez faga referencia á capela de San Servando de Pazos, situada na parroquia de Barxés (Muíños) ou en Becerreá. Consérvanse 23 composicións da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, que se caracterizan pola variedade de estruturas estróficas e de rima: 17 cantigas de amigo (6 de romaría), 2 cantigas de amor e 4 escarnios sociais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo na primeira metade do s XIII, pertenceu á liñaxe dos Coelho Ribadouro e, xa que logo, foi descendente de Egas Moniz. Logo de prestarlle servizo ao infante Fernando de la Serpa, acompañouno á corte de Fernando III; na corte castelá casou con Maria Fernandez de Ordes, dama nobre galega, e coñeceu a moitos trobadores, mesmo provenzais, como Picandon, xograr do trobador italiano Sordello, con quen mantivo unha tenzón. Despois de que Afonso III fose nomeado rei, volveu a Portugal e pasou a ocupar un alto cargo na corte (1250-1279); o seu fillo, Pero Anes Coelho, foi tamén vasalo real de don Denís (desde 1278). Iniciu o denominado “ciclo das Amas”, creado en terras castelás cara a mediados do s XIII, ao que tamén estiveron vinculados Airas Perez Vuitoron, Fernan Garcia Esgaravunha, Johan Garcia de Guilhade, Johan Perez d’Aboim, Juião Bolseiro e Lourenço. Tamén se relacionou con Picandon. Consérvanse 52 composicións da súa autoría recollidas nos tres cancioneiros -Cancioneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. O seu patrimonio familiar situábase nas marxes do río Douro. En 1170 marchou de Portugal a terras aragonesas, onde probablemente entrou ao servizo dos reis Afonso II (1162-1196) ou Pedro II (1196-1213). Nos Livros de Linhagens aparece co cualificativo de “trobador”. Segundo os documentos en que aparece mencionado e as referencias históricas presentes na súa única composición conservada -“Ora faz ost’ o senhor de Navarra” (1200-1201)-, trátase do trobador que ten a produción conservada máis antiga; de feito aparece colocado no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (B) e Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (V). Este sirventés político dirixido ao rei de Navarra imita a estrutura métrica da famosa canción de cruzada Ahi! Amors, com dure de partie, composta polo trouvère Conon de Béthune (?-1220?). A Tavola Colocciana atribúelle 6 cantigas de amor, perdidas por unha lagoa de B, que probablemente imitarían...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Segundo a documentación talvez sexa o atestado como Johan Soarez de Valadares, nado na segunda metade do s XII e fillo de Soeiro Ares e dunha dama da nobreza galega. O seu patrimonio familiar situábase en terra de Valadares. Activo no primeiro cuarto do s XIII, posiblemente estivo vinculado á corte señorial dos Soverosa. Consérvanse 25 composicións da súa autoría transmitidas polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e, na súa maioría, polo Cancioneiro da Ajuda: 24 cantigas de amor e 1 escarnio persoal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente castelán. Activo entre 1260 e 1295 nas cortes de Afonso X, onde se relacionou con Johan Airas de Santiago, Lourenço, Pedr’Amigo de Sevilha e Sancho IV. Participou no ciclo de escarnios dirixidos á soldadeira Maria Perez a Balteira. Acompañou a Sancho IV a Baiona co gallo de entrevistarse con Filipe IV o Fermoso, amais doutros trobadores coma Gil Perez Conde, Gomez Garcia e Rodrigu’Eanes Redondo. Os cancioneiros trobadorescos transmiten 20 composicións da súa autoría: 8 cantigas de amigo, 4 cantigas de amor, 9 escarnios (4 persoais, 1 amoroso, 1 político e 1 social; os dous últimos a xeito de tenzón).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, da antiga xurisdición de Neiva, ao S de Viana do Castelo. Activo entre 1278 e 1320 na corte de don Denís. Só se conservan 2 escarnios da súa autoría, un escarnio social e un escarnio persoal, transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr probablemente portugués, segundo testemuñan algúns documentos, aínda que está colocado no Cancioneiro de Xograres Galegos. A súa actividade poética circunscríbese ao reinado de don Denís (1279-1325), polas frecuentes referencias a Lisboa e ao rei. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e a Tavola Colocciana atribúenlle 11 composicións: 9 cantigas de amigo (5 mariñas e 2 dialogadas) e 1 de amor (mariña). Este textos caracterízanse por unha serie de trazos que os afastan da estética cortés; neles o autor amosa a súa predilección polas cantigas de refrán, a técnica paralelística e o leixaprén, a asonanacia e os versos irregulares, o tema da barcarola e o símbolo dos cabalos. Dúas das súas cantigas -“Baylemos agora, por Deus, ay velidas” e “Pela ribeyra do rio”- foron reelaboradas por Airas Nunez.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr leonés. Poeta tardío, estivo na corte de don Denís e probablemente tamén na de Afonso IV ou na do conde de Barcelos. Consérvanse 2 composicións de circunstancias da súa autoría recollidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: un pranto dedicado a don Denís, pola súa morte (1325), e unha cantiga encomiástica (1340?) dedicada a Afonso IV, en que tamén gaba o conde de Barcelos e o infante don Pedro, futuro Pedro I de Portugal. O pranto segue a métrica tradicional (decasílabos con rima abba cca), mentres que a cantiga encomiástica reflicte un esquema estrófico (heptasílabos con rima ababcdcd) que non é moi abondoso na lírica trobadoresca galego-potuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Gauteng, República Sudafricana (712.507 h [1996]). É a cidade máis grande do país conformando unha aglomeración urbana (1.916.063 h [1991]). O seu desenvolvemento estivo asociado ao descubrimento e á explotación de xacementos auríferos, de diamantes e de uranio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Os seus experimentos sobre a herdanza en liñas puras de vexetais permitíronlle distinguir entre particularidades xeotípicas e fenotípicas. Considérase un dos fundadores da xenética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político estadounidense. Foi gobernador de Tenessee (1853) e senador de EE UU desde 1855. Vicepresidente con A. Lincoln, á morte deste sucedeuno na presidencia (1865-1869). Simpatizante de certas teses sudistas, opúxose ao programa de reconstrución despois da Guerra de Secesión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Estudiou pintura na Académie Julian de París. Destacou polas súas imaxes sobre a educación e a política en EE UU. Foi membro da sociedade Photo-Secession, a partir de 1920 dedicouse á fotografía en cor. Participou na Exposición Universal de París de 1900.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista francés. Pertencente a unha ilustre familia de Champagne, foi senescal de Teobaldo IV de Blois e logo confidente e conselleiro do Rei Luís IX de Francia, a quen acompañou na Sétima Cruzada (1248-1254). Apresados polos mamelucos (1250), obtivo dos templarios o préstamo necesario para o rescate dos seus efectivos. Negouse a participar na Oitava Cruzada, que fracasaría ante Tunes (1270). Redactou (1304-1309), baixo petición da Raíña Xoana I de Navarra, as súas Mémoires du sire de Joinville (ou Histoire de Saint Louis), para a instrución de Luís X. A obra é un testemuño de gran valor histórico sobre a Francia feudal, a Sétima Cruzada, e, fundamentalmente, sobre o rei morto nela, de quen ofrece unha imaxe positiva, aínda que ás veces se mostre crítico. Escrita en estilo sinxelo e con ocasionais toques de humor, non descoida o detalle psicolóxico. Foi un dos primeiros memorialistas en integrar o diálogo no relato.
VER O DETALLE DO TERMO