"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

    1. Que corroe.

    2. Que critica con ironía e maldade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calquera instrumento que se pon na boca para impedir falar.

      2. Aquilo que impide falar ou expresarse libremente.

    1. zapata.

    2. Dispositivo ou instrumento formado por dúas pezas que, actuando á maneira de tenaces, serve para suxeitar un obxecto e sostelo entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Canabal (Sober). Datada no s XV, ten planta en L da que sobresae outro corpo que alberga a torre (s XV), de planta rectangular, que forma esquina. Está construída en cachotaría de granito e destaca o arco de entrada encadrado por dúas columnas de cachotaría e a palleira posterior ao conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cequeliños (Arbo). Na súa orixe tivo un carácter defensivo sobre o val do Miño e pertenceu á familia Vázquez Puga, da que aínda se conserva o seu escudo de armas nunha das fachadas. A edificación data do s XVIII e ten dúas alturas e está construída en cantaría e cachotaría. Destaca, nun ángulo, a torre ameada con garitas. Conserva a capela, exenta, o pombal e unha fonte de 1856.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. As súas obras, tanto en prosa como en verso, reflicten coa súa sinxeleza un fondo lirismo. Realizou diversas traducións utilizando o coñecemento das linguas e literaturas europeas que influíron na súa obra. Entre 1948 e 1952 elaborou a revista literaria Mensajes de Poesía. Da súa produción en castelán destacan La muerte de la Luna (1936), El bosque encantado (1947), Éxtasis (1948), Los amantes (1949) e Los oficios (1952). Autor da escolma poética de Manuel Antonio (1979), en galego escribiu os libros de poemas A realidade esencial (1955), Paisaxe en rocha viva (1958) e Os nobres carreiros (1970); e as obras en prosa Follas devagar (1972), Primaveira no lor (1974), Fogo solto (1976) e O libro dos mortos (1979). Foi membro da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paradela (Meis). Ten dúas plantas e forma de L, e leva anexa unha torre con ameas de tres pisos que conta con acceso ao interior por medio dun portal. Ao seu carón está a capela. Na parte posterior do edificio realizáronse algúns engadidos. Ten pombal circular e hórreo nos arredores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Bueu, Cangas, Moaña e parte de Marín e Vilaboa. Está composto por 17 parroquias matrices e 2 filiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Marín a partir do 2 de xaneiro de 1916. Cesou o 1 de outubro dese ano. Editado nos obradoiros tipográficos de Celestino Peón, en Pontevedra, subtitulouse “Semanario de información” e estivo fundado e dirixido por Raimundo Vidal Pazos. De tendencia liberal, foi un xornal preocupado polos problemas locais, e ofreceu información sistematizada dos concellos de Cangas, Bueu, Moaña e Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Cangas a partir de marzo-abril de 1991. Subtitulouse “Revista de información xeral” e cesou a súa edición probablemente no mesmo ano. Coordinada por X. Agulla Pizcueta e X. Santos Castroviejo, e deseñada por IDEGA, tentou converterse nun referente da información municipal na comarca do Morrazo. Incluíu disposicións lexislativas sobre vivenda e impostos, e artigos sobre sanidade, turismo, ciencia e tecnoloxía, e deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enterramento megalítico localizado no lugar de Gandón, na parroquia de Aldán (Cangas). Cuberta por unha lousa de superficie e forma irregulares, no cadrante SO ten varias cazolas gravadas; tres delas formando un conxunto. Contiña tamén unha anta de planta trapezoidal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Comarca rururbana situada no límite centro-occidental da provincia de Pontevedra, na península que lle dá nome, O Morrazo, que separa as rías de Pontevedra e Vigo. Limita ao N coa ría de Pontevedra, ao S coa de Vigo, ao O co Océano Atlántico, e ao L coa comarca de Pontevedra (concellos de Pontevedra e Vilaboa). Abrangue unha superficie de 140,7 km2, en que acolle unha poboación de 79.215 h (2001), distribuída nos concellos de Bueu (30,8 km2; 12.350 h), Cangas (38,1 km2; 23.981 h), Marín (36,7 km2; 24.997 h), e Moaña (35,1 km2; 17.887 h). A súa situación nunha península fai que a comarca sexa un espazo xeográfico ben diferenciado, pero non illado, xa que o proceso de urbanización e a súa situación entre as dúas grandes cidades pontevedresas fai que se una funcionalmente a elas. Deste xeito, Marín consolidouse como un centro portuario vinculado no ámbito socioeconómico a Pontevedra, mentres que no S, nos concellos que dan á ría de Vigo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península do litoral occidental de Galicia situada entre as rías de Vigo, ao S, e de Pontevedra, ao N. Trátase basicamente dun horst basculado en dirección SO-NL e atravesado por profundas fracturas e fallas. Administrativamente está dividida nos concellos de Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da costa atlántica, situada entre a de Donaló e a enseada do Xunco, na parroquia de Rebordelos (Carballo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Moruxo (Bergondo). Realizado en cantaría recebada con encintados de cantaría nos ocos, arestas e forxados, ten planta cadrada, con dous andares e faiado. A fachada principal, con porta central, presenta catro balcóns e a traseira leva unha galería, baixo a que se atopa unha escaleira de pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mos (Mos). Realizada en cantaría, conta con tres andares en altura. Destacan os seus balcóns e mantén en pé dúas chemineas. Ten escudo dos Soutomaior, Sarmiento, Quirós, Correa, Mendoza, Ozores, Moscoso e outros no remate central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Estudou en Praga, con Weber, e en Viena, onde coñeceu a Beethoven. Iniciou, con moito éxito, unha carreira de pianista, e foi director da Royal Philharmonic Society (1841-1846). Deixou obras para piano e obras didácticas para ese mesmo instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Larín (Arteixo). Ten planta en L, con muros de cachotaría. Como elemento de cantaría destaca un balcón e un patín que dá acceso á vivenda desde un patio interior. Conserva hórreo e alpendres.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Planta herbácea anual, de ata 80 cm de altura, que presenta follas liradas e pinnatipartidas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acio e froito en sílicua curta provista dun longo bico. Crece en campos e en ermos. OBS: Tamén recibe o nome de mostaza branca.

      2. mostaza brava [Sinapis arvensis, Fam das brasicáceas]

        Planta herbácea anual, de 30 a 80 cm de altura, de follas híspidas, as inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, de flores amarelas, dispostas en acios, e de froitos en sílicua terminados en punta. Dáse en terras de cultivo, en case toda Europa; en Galicia florece entre maio e setembro.

      3. mostaza negra [Brassica nigra, Fam brasicáceas]

        Planta herbácea anual, de ata 100 cm de altura, que presenta as follas inferiores liradas e as superiores lanceoladas e dentadas, flores de cor amarela agrupadas en inflorescencias en acios, e froito en silícua. Habita en campos e en lugares incultos. As sementes úsanse na preparación da salsa de mostaza.

    1. iperita.

    2. Derivado da iperita no que se substitúe o xofre por nitróxeno, para evitar o efecto tóxico vesicante. Permite obter efectos biolóxicos sobre diferentes tumores. Da mostaza nitroxenada clásica (mecloretamina) derívanse outras menos tóxicas como quimioterápicos antineoplásticos para o tratamento de tumores.

    3. Salsa pastosa elaborada a base da semente (enteira, triturada ou moída) da mostaza negra e sazonada con vinagre, que se emprega como condimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Riobó (A Estrada). Ten planta en forma de L distorsionado, pola presenza da bodega a un lado e da capela ao outro. Está constituído por planta baixa e andar. Na fachada principal está o acceso á capela con coro, cunha entrada presidida por un cruceiro. No interior ten galería e solaina, así como unha dependencia para o graneiro. Conserva o hórreo e unha fonte sobre a que se situaron os escudos de armas dos Guntín e dos Taboada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo L da parroquia de Araúxo (Lobios). O seu cumio acada os 965 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO