"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Tui. Construído entre 1842 e 1844, destacou pola peculiaridade da súa planta elíptica. Ao exterior presenta un aspecto macizo. A fachada principal organízase en tres pisos separados por impostas e en que se abren vans. Tiña tres portas de acceso. En 1891 acolleu a celebración dos primeiros Xogos Florais integramente en galego. Pechado desde 1972, en 2000 recibiu a denominación de Fundación de Interese Galego e constituíuse a Fundación Teatro Principal de Tui, para intentar adquirir o inmoble e recuperar a súa actividade cultural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Pontevedra. Foi construído por encargo da xunta do Liceo Casino de Pontevedra cara a 1864 segundo un proxecto de Filipe Bouza Tredis. Adquirido por Manuel Becerra Armesto en 1880, cambiou o seu nome polo actual. En 1897 realizouse nel a primeira exhibición de cine da cidade. Foi reconstruído tras o incendio de 1980.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Socorro Tellado López.
-
-
Pequeno recipiente de diferentes materiais, de forma máis ou menos circular e fondo plano.
-
Contido deste recipiente.
-
-
SEMANARIOS
Semanario publicado en La Habana a partir de outubro de 1908. Cesou ese mesmo ano (nº39). Subtitulado “de información, recreo, ciencia e instrución”, foi dirixido por Luís E. Rey e manifestouse contario ao caciquismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, arquitecto e escultor italiano. Colaborou con D. da Volterra na igrexa da Trinità dei Monti e pintou os frescos da capela de San Denís na igrexa de San Luigi dei Francesi en Roma. De volta a Boloña (1554-1555), construíu e decorou o Palazzo Poggio. A partir de 1567 traballou en Milán, onde dirixiu as obras da catedral e levou a cabo unha grande actividade como arquitecto e enxeñeiro (igrexas de San Fedele e San Sebastiano). Coñecido co sobrenome de O Miguel Anxo reformado, traballou na decoración da biblioteca, o claustro, o sagrario e o retablo maior da igrexa do Escorial (entre 1586 e 1594).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena illa no medio do río Tíber, en Roma. Está unida á ribeira esquerda pola ponte Fabricio, construída en 62 a C, e á ribeira dereita pola ponte Cestio (46 a C). É un illote baixo e alongado, dedicado antigamente ao culto de Esculapio, en que se atopa un templo edificado por Odón III a finais do s X. Destruído en 1557 por unha inundación, foi refeito totalmente e consagrado a san Bertomeu.
-
-
Relativo ou pertencente ao río Tíber, aos territorios do seu contorno ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante dos territorios do contorno do río Tíber.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua semítica do phylum afroasiático que se fala no norte de Etiopia e en Eritrea, onde é lingua oficial.
-
CIDADES
Cidade grega da época micénica, situada na chaira da Argólida, no S de Argos. Habitada desde o terceiro milenio a C, foi unha das cidades estado máis importantes do segundo milenio. Consérvase a acrópole, sobre un pequeno outeiro. Destacan o recinto fortificado, con murallas de técnica ciclópea, edificada cara ao 1400 a C e refeitas cara o 1200 a C, e o mégaron ou palacio real.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bioquímico sueco. Estudou na Universidade de Uppsala onde se doutorou en 1931. Creou o método de electroforese, que lle permitiu descubrir que os anticorpos están principalmente na fracción gamma das globulinas do soro. En 1948 recibiu o premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a análise química mediante a cromatografía de adsorción e a electroforese.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de rede con topoloxía lóxica en anel desenvolvida por IBM, que alcanza unha velocidade máxima de entre 4 e 16 Mb por segundo. Está en desuso pola popularización de Ethernet.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principio segundo o que a velocidade de saída dun líquido por un orificio que está situado nun nivel h baixo a superficie libre de líquido é a mesma que ten en caída libre desde unha altura igual, é dicir, v = √2 gh,---- da que g é a aceleración da gravidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Camariñas. Por causa das rapinas, os seus monxes refuxiáronse en varias ocasións no de San Paio de Antealtares, que o restaurou como priorado e o refixo como construción durante o s XII. As súas rendas foron unidas ás do mosteiro de San Paio, ata a súa desaparición, ao ser unido a San Martiño Pinario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras...
-
-
GALICIA
Pedagogo. Foi director xeral de Ordenación Universitaria e Política Lingüística da Xunta de Galicia e director-xerente da Fundación Caixa Galicia. Desempeñou outros cargos públicos, como o de director de Universidades e Investigación (1990-1997) e foi responsable da Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA). Escribiu O sentido da liberdade na educación (1979), Teoría da educación (1987) e Avances no desenvolvemento do sistema universitario de Galicia (1993). Recibiu a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (1988) e a Medalla de Prata de Galicia (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo da Costa da Morte, situado no litoral da parroquia de Touriñán (concello de Muxía), que constitúe o extremo máis occidental da España peninsular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é parvo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación deportiva de banco fixo, de dimensións medias, cunha tripulación de seis remeiros e o patrón.