"Álvarez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 212.
-
GALICIA
Historiador. Doutor en Dereito (1997) pola Universidade da Coruña e profesor na facultade de dereito da Universidade da Coruña, especializouse na historia da administración galega na Idade Moderna. Realizou investigacións en Catania (Italia) e Santiago de Chile. Colaborador da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) e do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, foi autor de El Municipio de Santiago de Compostela a finales del Antiguo Régimen: (1759-1812) (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Licenciouse en Xornalismo na Universidad Complutense de Madrid e doutorouse en Socioloxía e Ciencia Política na Universidade de Santiago de Compostela. Profesor asociado da facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade profesional en A Nosa Terra; posteriormente foi director do semanario Tempo Galego, e a partir de 1999, do diario dixital USC, voceiro da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborador de Diario 16, La Voz de Galicia, El Progreso, El Correo Gallego e O Correo Galego, entre outras publicacións periódicas. Foi, entre 1986 e 1988, xefe do gabinete de comunicación da consellería de Educación e Cultura e, entre 1991 e 1996, xefe do gabinete do conselleiro de Relacións Institucionais e, despois, de Cultura. Publicou, entre outras obras, El Escolar, El Faro de Veiga e La Voz de Ortigueira (1989) e Elías Valiña (1996), e colaborou nos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e autor dramático. De formación neoclásica, é un dos precursores do romanticismo. A súa obra poética recolleuse, por orde de Fernando VII, en dous volumes co título Obras poéticas (1816). Escribiu tamén traxedias e publicou unha serie de artigos que motivaron a súa deportación a Francia en 1908.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e dramaturgo. É autor dunha extensa produción dramática que se constitúe ao redor da idea fundamental da necesidade dun drama nacional que teña como base a revisión da historia de Galicia, case sempre dende a óptica da loita de clases e de esquerdas. Así, á parte dos primeiros textos, Nicolas Flamel (1960) e O renarte Ciprián (1960), o resto da súa produción insírese dentro do teatro histórico: Prisciliano (Premio Villar Ponte do Centro Galego de Bos Aires, 1970). No ano 1973 publicou Xelmírez, ou a groria de Compostela, representada en 1999 polo Centro Dramático Galego; Os irmandiños (1978), representada polo grupo Tespis en 1980 e Pedro Madruga (1981). En 1986 creou unha tetraloxía denominada xenericamente Castelao ou a paixón de Galicia, que se compón dos seguintes volumes:...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo e etnógrafo. Colaborou en distintas publicacións, como Faro de Vigo, Vida Gallega, Museo de Pontevedra, Nordés, Castrelos ou Lucerna. Publicou Carta y noticia arqueológica de las islas Cíes (1958), Noticias de prehistoria en torno a Vigo y su ría (1973), con Mª del Carmen Seoane Rodríguez, Ánforas romanas en los caminos del mar (1981), La caracola de piedra (Premio Municipal Antonio Palacios, 1982), En Tui llueve diferente (1986), Noticia del primer horno y alfar de ánforas gallegas (1988), con Manuel Vázquez Vázquez, Noutronte (1994) e Os muíños de Folón (1998), entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e avogado. Membro do Partido Revolucionario Institucional (PRI) dende 1945, fíxose cargo da secretaría de interior entre 1964 e 1970. Presidente da República (1970-1976), o seu goberno aumentou os investimentos públicos en educación e preocupouse pola extensión da reforma agraria. Creou as secretarías de Turismo e de Reforma Agraria e a Comisión de Estudios del Territorio Nacional. A violencia social estendeuse no seu mandato e constituíronse focos guerrilleiros no estado de Guerrero. Representou a México diante da UNESCO (1977) e foi embaixador en Australia e Nova Zelanda (1977-1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e diplomático, fillo de Diego Enríquez, conde de Alba de Liste. Conde de Fuentes de Val de Opero e grande de España, foi nomeado embaixador en Turín en 1586; foi xeneral de cabalería en Milán antes de ser capitán xeneral do exército de Portugal (1588). Destinado a Flandres en 1592, Filipe II nomeouno gobernador xeral dos Países Baixos en 1595. En 1596 foi nomeado capitán xeneral dos exércitos españois. Entre 1600 e 1610 gobernou o Milanesado. Foi membro dos consellos de estado e de guerra de Filipe II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Adoptou o nome de Dionisio Fierros, apelido de seu pai. En 1841 comezou de aprendiz de xastre no obradoiro do seu tío e despois traballou como mordomo ao servizo do marqúes de San Adrián, don José de Mangallón, onde comezou a súa andaina pictórica ao dedicarse a copiar a colección do marqués. Este introduciuno en 1842 no obradoiro de José de Madrazo. En 1844 ingresou no taller de Federico de Madrazo e completou a súa formación coa asistencia á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Museo del Prado. En 1855 trasladouse a Santiago de Compostela, onde comezou a pintar cadros costumistas. Foi o primeiro pintor que recreou nun lenzo as escenas populares. Durante os tres anos que pasou en Santiago realizou obras de xénero, como Una romería en los alrededores de Santiago e De ruada, que presentou na Exposición Agrícola e Industrial de Santiago (1858), na que obtivo unha medalla, e na Exposición Nacional de 1860, na que obtivo a medalla de primeira...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diseñadora e empresaria. Coñecida como Kina Fernández, tras residir en París, onde traballou no mundo da moda, instalouse na Coruña, cidade na que abriu un pequeno taller e unha tenda; pouco despois creou a marca Kina Fernández. Posúe fábrica na Coruña e tendas en Europa, América, Asia e Oriente Próximo. Recibiu a Medalla Castelao (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Coñecido como Manuel Forcadela, doutorouse na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (1992). Profesor de lingua e literatura galegas, colabora en distintas publicacións (Dorna, A Nosa Terra, Nordés, Clave Orión, A trabe de ouro, Coordenadas). No eido da creación dramática é autor dun texto, A pedra do tempo (ou Santiago, Santiago), publicado na Revista Galega de Teatro en 1997, e que deu lugar a un espectáculo homónimo creado pola compañía de monicreques Tanxarina en 1993. Publicou no ámbito do ensaio, tradución, poesía, narrativa e crítica literaria. Da súa produción destaca Ferida acústica de río (Premio Celso Emilio Ferreiro 1981), O regreso das ninfas (1985), O varredor de outono (Premio Leliadoura 1987), A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Sangue sobre a neve (1990), Paisaxe con muller e barco (Premio Manuel...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dionisio Fernández Álvarez.
-
GALICIA
Arquitecto, fillo de Xenaro de la Fuente Domínguez. Titulouse en 1921 na Escuela de Arquitectura de Madrid e en 1922 sucedeu ao seu pai no cargo de arquitecto municipal de Vigo. A súa obra inicial foi academicista e ecléctica e na década de 1930 mesturou as tendencias racionalistas co rexionalismo. Entre as súas obras destacan a casa para Eligio Prieto Iglesias na rúa do Príncipe (1925); a casa de vivendas na rúa Uruguai (1927?); o edificio comercial que dá ás rúas do Príncipe e Policarpo Sanz (1920-1930); o Garaxe Americano na rúa García Barbón (1929); as casas para María Iglesias Curty na praza de Compostela, esquina coa rúa Reconquista (1940); as vivendas para a Compañía Carbonera SA na praza de Compostela (1942); a escola de Peritos; e o Instituto Feminino San Tomé. Antes da Guerra Civil comezou a reordenación da Cidade Universitaria de Santiago de Compostela coa traza, nun gusto neobarroco, dos edificios principais, os colexios maiores, a facultade de Ciencias e o sanatorio de Nosa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e enxeñeiro técnico agrícola. Foi tenente alcalde e delegado de Promoción Económica no concello de Verín. No Parlamento galego, foi deputado do Partido Popular por Ourense na V (1997-2001) e VI (2001) lexislaturas e dirixiu a consellería de Agricultura ata xaneiro de 2001, ano en que, tralo caso das vacas tolas, presentou a súa dimisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso e xornalista. Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui e promotor do movemento social-católico en Galicia, empregou nos seus escritos o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Colaborou inicialmente no Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. A través da dirección de La Voz del Condado (1913) promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente, dirixiu La Integridad (1914-1923). Publicou Marianismo (1915) e La prensa periódica, instrumento apologético (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e estudoso da Historia. Tras licenciarse en Madrid, volveu a Ribadavia en 1942 para encargarse da loita contra a tuberculose na comarca do Ribeiro. A súa relación co grupo de intelectuais ourensáns levouno a interesarse pola historia de Galicia e do N de Portugal. Colaborou, entre outras publicacións, en Cuadernos de Estudios Gallegos, Zephyrus e Revista de Guimarães. Das súas obras destacan Catálogo de documentos reales de la Alta Edad Media referentes a Galicia, 714-1109 (1967) e Galicia y los gallegos en la Alta Edad Media (1975). Foi membro correspondente da Real Academia de la Historia (1962) e de número da Real Academia Galega (1967). Recibiu o Pedrón de Ouro e o título de socio das Sociedades de Língua Portuguesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, cabaleiro de Santiago (1789-1808) e do Vélaro de Ouro (1892-1808), duque de Alcudia e de Sueca (1792-1808 e 1847-1851), grande de España (1792-1808) e príncipe da Paz (1795-1808). De familia fidalga, ingresou na Garda Real (1784), onde iniciou amizade co príncipe de Asturias e coa futura Raíña María Luísa. Tras unha rápida carreira militar substituíu o conde de Aranda como primeiro ministro (1792) e converteuse no valido de Carlos IV. Iniciou a guerra contra a Francia revolucionaria (1793-1795) que acabou co asinamento da Paz de Basilea (1795). A alianza cos franceses, confirmada trala sinatura do Tratado de San Ildefonso (1796), provocou o enfrontamento co Reino Unido (1796-1802 e 1804-1808), que finalizou coas derrotas da armada española no cabo San Vicente (1797) e Trafalgar (1805). Apartado do poder entre 1798 e 1801, reincorporouse ao goberno co título de xeneralísimo e derrotou os exércitos portugueses na Guerra das Laranxas (1801). As continuas contendas militares provocaron...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista e investigador cinematográfico. Licenciado en Psicoloxía, participou na formación de varios cineclubs na Rúa, Santiago de Compostela e Madrid. Entre 1979 e 1982 foi director do I.F.P Allariz, onde realizou as primeiras experiencias de vídeo na escola de Galicia. Foi responsable de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura e da Videoteca de Galicia e director da Escola de Imaxe e Son da Coruña. Estivo vinculado á produtora Videovoz TV, na que realizou labores de produción, guión e realización de programas para a televisión autonómica. Así mesmo, levou a cabo numerosos traballos de investigación no terreo da historia do cine, dos que destacan a catalogación e recuperación de material audiovisual galego producido por emigrantes en América. Tamén escribiu numerosos artigos e o libro Documentos para a Historia do Cine en Galicia 1970-1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Animadora teatral. Coñecida como Fusa Guillén, desenvolveu a súa actividade na comarca de Ferrolterra, desde a Asociación Cultural Garola de Cedeira, onde creou un colectivo para a posta en escena de espectáculos para a infancia e a mocidade. Tamén colaborou con diversas escolas municipais de teatro da área de Ferrol. É coautora de textos como O segredo de Daniel, Unha aboa a catro patas e A escada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pianista e crítico musical. Estudiou no Conservatorio de Música de Madrid e en distintos países. Actuou por todo o mundo tanto de solista como con orquestras moi prestixiosas dirixidas por profesionais destacados como Leopold Stokowski, Ataúlfo Argenta ou Conrado del Campo, e é autor de ensaios sobre grandes músicos como Marcial del Adalid. Dirixiu un gran número de organismos, como o Conservatorio de Ourense, do que tamén foi o fundador, o Conservatorio de Segovia ou o Instituto de Música Religiosa de Cuenca. É académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña, entre outras institucións. Posúe distintos galardóns, dos que cómpre mencionar a Orden Civil de Alfonso X El Sabio e a Orde do Mérito Civil, e foi nomeado Chevalier de L’Ordre dels Arts et Lettres de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO