"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Político mexicano. Senador (1936), maxistrado do Tribunal Supremo (1939) e gobernador de Veracruz (1936-1939). No ano 1946 foi elixido presidente do Partido Revolucionario Institucional (PRI). No 1952 sucedeuno Adolfo Ruiz Cortines.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor de orixe alemana. Entre outras obras fixo dúas cadeiras para o coro da catedral de Plasencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Estado de Europa central que limita ao O cos Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo e Francia, ao S con Suíza e Austria, ao L coa República Checa e Polonia e ao N con Dinamarca e o mar Báltico [357.021 km2; 82.012.000 h [estim 1997]). A capital é Berlín.
VER O DETALLE DO TERMO
A xeografía física
O relevo e a xeoloxía
Ó estudar o relevo de Alemaña adóitase distinguir tres grandes unidades rexionais: ao sur, unha rexión alpina e prealpina (Hochgebirge); máis ao norte, unha rexión montañosa de transición, extensa e variada, formada por un conxunto de macizos e depresións de gran complexidade orográfica (Mittelgebirge); e por último a rexión setentrional (Norddeutsches Tiefland), que é o sector alemán da gran chaira do N da Europa central. O Mittelgebirge está constituído por antigas serranías hercinianas, formadas durante o Carbonífero e igualmente anuladas... -
REPUBLICAS
Nome oficial do estado constituído o 7 de outubro de 1949 no territorio da Alemaña Oriental baixo o control do exército soviético dende o remate da Segunda Guerra Mundial. Trala caída do rexime comunista en 1989, foi anexionada á República Federal de Alemaña o 3 de outubro de 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
Nome do estado constituído o 21 de setembro de 1949 nos territorios da Alemaña Occidental ocupados, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, polos exércitos do Reino Unido, Francia e os EE UU ( Alemaña).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Todo o relativo a Alemaña, á propia lingua, aos seus habitantes ou a calquera elemento relacionado co país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Criterio de converxencia ou diverxencia dunha serie infinita, segundo o cal a serie converxe se, a partir dun certo termo, o valor absoluto do cociente dos termos sucesivos da serie é sempre menor ca un número determinado positivo menor que 1. Se este cociente é sempre maior que 1, a serie diverxe. En calquera outro caso non se pode dicir nada sobre a converxencia ou a diverxencia da serie.
-
PERSOEIRO
Enciclopedista francés. En 1739 publicou Mémoire sur le calcul intégral, que lle serviu para ser admitido en 1741 na Académie des Sciences. Dous anos máis tarde publicou a súa obra fundamental, Traité de dynamique. Nomeado codirector da Encyclopédie con Diderot (1747), encargouse das seccións de matemáticas e física. No Discours préliminaire (1751), expuxo as liñas mestras da obra. En 1754 ingresou na Academia Francesa. Unha serie de razóns fixéronlle abandonar a codirección da Encyclopédie (1758). A súa reflexión filosófica apareceu, sobre todo, no Essai sur les éléments de philosophie, publicado en 1759 na segunda edición das súas Mélanges de philosophie, d’histoire et de littérature (primeira edición, 1753). Os seus tratados sobre matemática foron reunidos nos Opuscles mathématiques (1761-1780, 8 volumes). A súa aportación científica, influída fundamentalmente por Newton, centrouse, no que toca á física, en resolver...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio diferencial da mecánica que di que a forza de inercia dun punto material equilíbrase coa resultante das forzas sobre el aplicadas, nun sistema non sometido a forzas de frición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operador escalar universal que é o produto escalar do gradiente tetradimensional por el mesmo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome do cloruro dobre de amonio e de mercurio (II). Proporciona solucións con concentracións de mercurio moito máis elevadas que as de cloruro mercúrico só.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Fornelos de Montes. Tamén estableceu casas en Ribadavia e Tui. Dende esta última cidade, pasou a América deixando en Chile unha ilustre descendencia. Foron enterrados na capela tudense da Torre de Santo Andrés de Tui e despois na maior de Santo Domingo, da que eran copatróns cos de Priegue. Esta estirpe entroncou cos Soutomaior e López de Sobrado. As súas armas levan, en campo de prata, unha cabeza de lobo da súa cor natural arrimada de dous voos de águia da súa cor natural. Outra variante: escudo cortado que leva no alto estas mesmas armas, sobre campo de prata; e, no baixo, axadrezado de vinte e unha pezas, dez de ouro e once de goles que aluden ao seu entroncamento cos Soutomaior. Algúns investigadores reseñan aínda outra: escudo tronchado acompañado, no alto, sobre campo de prata, dunha pomba da súa cor que se apoia na partición; e, no baixo, en campo de prata, de tres faixas axadrezadas de ouro e goles, en catro ordes, cargada cada unha...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Adega do Ribeiro fundada por Ricardo Vázquez Alemparte no 1979. Posúe cinco hectáreas en propiedade e comercializa ao redor de 112.500 litros de viño ao ano, etiquetado con dúas marcas: Alemparte e Airón. Esta adega converteuse nunha das pioneiras no arranque de cepas de baixa calidade e na replantación de cepas autóctonas.
-
-
Río que nace da confluencia de varios regueiros no pozo de Ameáns e conflúe co río Tea na súa marxe dereita. O curso deste río, que discorre en dirección N - S por unha fractura do terreo formando un val pechado, é o lindeiro entre os concellos do Covelo e de Mondariz.
-
Da outra banda, da banda de alá.
-
O mundo que, supostamente, existe máis alá da morte.
-
alén mar Ultramar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe vasca. Prodedente do Val de Gordejuela ou Valmaseda en Bizkaia, deu nome á vila de Alén, no término de Sopuerta, dende onde pasou a Galicia. Asentáronse en Verín e Mondariz e deron nome a varias aldeas. Dos de Mondariz descenderon ilustres familias establecidas na Arxentina e en Colombia. As armas primitivas desta estirpe levan, en campo de ouro, unha panela de goles. Os máis comúns de Galicia traen, escudo cuarteado: o primeiro e o cuarto cuartel trae, en campo de ouro, tres panelas de sinople, ben ordenadas; mentres que o segundo e o terceiro, en campo de goles, tres flores de lis de prata, ben ordenadas; o bordo é de ouro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo poético aparecido a finais dos setenta á par doutros como Rompente, Dolmen, Dorna, Cravo Fondo, etc, de vida efémera. Estivo formada por autores novos que publicaron obras conxuntas de estética variada, moi vangardista e innovadora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comedia dramática en prosa, nun acto e tres cadros, escrita por Xaime Quintanilla e publicada en 1921. Sobresae por ter sido un dos primeiros que non presenta as ambientacións esencialistas e ruralistas propias da época, e por situar a acción dramática fóra da Galicia interior ou exterior, máis concretamente en Nova York. O mesmo autor advirte, no inicio da peza, que o asunto sobre o que constrúe a fábula argumental acontecera en América do Norte e del fixéranse eco todos os xornais do mundo. Na obra latexa a querenza que sentía o autor polo saudosismo, por Teixeira de Pascoães (“a saudade, ha de ficar sobrevivente aos mundos e ás estrelas”), nunha indubidable atmosfera orientalista, e por unha manchea de intelectuais entre os que destaca Vicente Risco. Non obstante , no texto tamén se percibe unha crítica soterrada ás doutrinas espiritistas e aos estados de inanición intelectual a que poden conducir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual nado en 1989 e editado pola Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas. Recollía disposicións legais, convenios, proxectos e iniciativas relacionadas coas colectividades galegas no exterior.
-
-
Da outra banda, da banda de alá.
-
O mundo que, supostamente, existe máis alá da morte.
-
Ultramar.
-