"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa de pouca resolución e de ánimo pouco decidido.
-
PERSOEIRO
Escritor. Dentro dun realismo preocupado pola técnica e o estilo, publicou, entre outras obras, os contos Lima, hora cero (1954) e Kikuyo (1955), e a novela No una, sino muchas muertes (1958), iniciadora do realismo urbano en Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de contraindicar.
-
Circunstancia que impide a aplicación dun tratamento determinado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de contraindicar.
-
-
Recomendar a abstención dunha cousa determinada por resultar prexudicial, contraproducente ou perigosa.
-
Facer algo que outra cousa resulte perigosa ou contraproducente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘home’.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Especializouse no xénero policial con diversas películas, como Police Phython 357 (Policía Python 357, 1975), La menace (A ameaza, 1977), Série noire (Serie negra, 1979) ou Le choix des armes (A elección das armas, 1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano e pintor francés. Codirixiu con Régamey a revista Arte Sacra (1937-1954). Promocionou as obras de Mattise, Braque, Le Corbusier, Léger, Chagall e Rovault, entre outros, nas igrexas católicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. En 1850 descubriu a bacteria que causa a enfermidade do carbuncho.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor francés. Interpretou, as máis das veces, personaxes complexos e perversos. Actuou en películas como Quand la femme s’en mèle (1957), Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns, 1960), Il Gattopardo (O Gatopardo, 1962), Les félins (Os felinos, 1963), Flic Story (A historia de Flic, 1975), Un amour de Swann (O amor de Swann, 1983), Le passage (O paso, 1986), Nouvelle Vague (1990), Le retour de Casanova (O regreso de Casanova, 1992), Les cent et une nuits (As cento e unha noites, 1995), Le jour et la nuit (O día e a noite, 1997) ou Les acteurs (Os actores, 2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor francés. Estudiou na Académie Carrière (1898-1899) e na Académie Julian (1904). Traballou con Vlaminck (1899), con quen descubriu a arte negra. Pintou con cores puras e vivas, con trazos fragmentarios e cunha composición monumental. No Salon d’Automne de 1905, onde se concretou o fauvismo, presentou obras como Vue de Collioure (Vista de Collioure, 1905). Influído por Cézanne e o cubismo (1907), abandonou o fauvismo; entre as obras deste período destacan Baigneuses (Bañistas, 1908) e Vue de Cadaqués (Vista de Cadaqués, 1910). Trala Primeira Guerra Mundial encamiñouse cara a unha figuración clásica e pintou paisaxes, retratos, bodegóns e nus como La beau modèle (A bela modelo, 1923). Realizou decoracións teatrais entre as que destacan as dos Ballets Russes (Ballets rusos, 1919) de D’agilev.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario francés. Defensor da escola romántica, fundou -xunto con Victor Hugo, Alexandre Soumet, Alexandre Guiraud, Alfred de Vigny, Saint-Valry e Desjardins- a revista La Muse française (1823-1824), órgano da doutrina romántica. Da súa produción destaca Études françaises et étrangères (Estudios franceses e estranxeiros, 1828).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sacar unha arma branca da vaíña que a gardaba.
-
Desfacer a vaíña dunha costura.
-
-
PERSOEIRO
Poeta e autor dramático. O seu tratado De la comparaison de la langue et de la poésie française avec la grecque et la latine (Sobre a comparación da lingua e da poesía francesa coa grega e a latina, 1670) sinalou o principio da querela entre os antigos e os modernos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rodeos innecesarios para contar ou dicir algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema longo publicado por Manuel Curros Enríquez no ano 1888. Trátase dunha composición satírica, de carácter paródico, que toma como modelo a Divina Comedia de Dante Alighieri para criticar a hipocresía da Igrexa do seu tempo, así como certas institucións e personaxes da política e da cultura galegas, en especial o xuíz Manuel Mella e o bispo Cesáreo Rodrigo, que o condenaron pola publicación de Aires da miña terra (1880), e a escritora Emilia Pardo Bazán, polo seu desprezo do Rexurdimento da literatura galega. Composta de 512 tríades ou tercetos de versos octosílabos, con rima asonante nos impares, estruturalmente ten unha introdución e oito cantos. Desenvolve a peregrinaxe que realiza o autor a Roma con motivo do ano xubilar celebrado polo Papa León XIII. O defunto poeta Francisco Añón, que se presenta como capitán da Santa Compaña, acompáñao na súa viaxe en ferrocarril e convértese no guía que o conduce ao longo dos vagóns, que simbolizan os sete pecados capitais. O encontro entre a...
-
PERSOEIRO
Xeólogo e mineraloxista. Estudiou a rexión volcánica de Sicilia, Calabria e os Alpes en 1790, lugar no que descubriu a dolomía, que leva o seu nome. A súa obra máis destacada é Sur la philosophie mineralogique (Introdución á filosofía mineralóxica, 1801).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de aire, feito de madeira, que ten unha perforación cónica, con oito furados e lingüeta dobre, de orixe medieval. Semellante aos chifres, no s XVII constituía unha extensa familia de instrumentos de son moi doce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca a dozaina.