"Apo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 488.

  • Relativo ao apostema ou da mesma natureza ca el.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anotación aclaratoria que complementa un texto e facilita ao lector a súa comprensión

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das unidades na que pode expresarse a luminancia, que equivale a 1/π nits.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de apor ou aporse.

    2. Que posúe boa presenza física, é ben feito de corpo e se comporta de xeito grato.

    3. Dise do animal xunguido ao carro ou ao arado.

    4. Persoa sobre a que cae unha imputación porque se lle atribúe unha culpa ou delito.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de apóstolos.

      2. Calidade de apóstolo.

      3. Misión ou oficio do apóstolo.

      4. Acción de evanxelizar ou de instruír na fe que os cristiáns exercen en virtude da misión que, segundo os evanxeos, Cristo encomendou aos apóstolos.

      5. apostolado leigo

        Participación dos leigos na evanxelización. A progresiva restauración do senso do leigado é unha das características da evolución da Igrexa Católica contemporánea. No 1951 celebrouse en Roma o Primeiro Congreso Mundial do Apostolado Leigo.

    1. Propaganda dunha causa ou doutrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Para os católicos, unha das catro notas esenciais da auténtica Igrexa de Xesucristo, determinadas no credo nicenoconstantinopolitán. Vén significar a continuidade da doutrina e dos bispos, por sucesión directa cos apóstolos. Para os protestantes, entroncamento da doutrina coa dos apóstolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos apóstolos, de acordo coas súas doutrinas e coa súa tradición.

    2. Relativo ou pertencente ao Papa.

    3. Nome co que se designaban a si mesmos os seguidores dalgunhas sectas e congregacións que pretendían imitar a vida dos Apóstolos. Entre elas contaron diversas comunidades gnósticas dos ss II-IV, a secta fundada en Parma por Xerardo Segarelli no s XIII e algúns anabaptistas do s XVI.

    4. Partido que se formou en España tralo levantamento liberal de 1820. Os apostólicos representaban a facción máis reaccionaria dos absolutistas, que se separaron de Fernando VII, por consideralo liberal e provocaron, en 1827, a Revolta dos agraviados, agrupándose ao redor do infante Carlos Mª Isidro, a quen apoiaron ao constituír a base do partido carlista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos doce discípulos de Xesús que cita o Novo Testamento, enviados por El a predicar a Boa Nova da súa morte e resurrección: Pedro, fillo de Xonás, Xaime (Santiago o Maior) e Xoán, fillos de Zebedeo, Andrés, Filipe, Bertomeu, Mateo, Tomé, Xaime (Santiago o Cativo), fillo de Alfeo, Tadeo, Simón Cananeo e Xudas Iscariote, substituído despois por Matías. Os elementos constitutivos do apostolado no Novo Testamento son o teren visto a Cristo resucitado e recibir Del o mandato de seren testemuñas da resurreción da carne.

    2. O que propaga a fe cristiá.

    3. O que se esforza en propagar unha doutrina.

    4. Letras entregadas, xuntamente co proceso orixinal, ao que apelaba contra unha sentencia, dirixidas a un xuíz ou a un tribunal superior; alí fixábase o termo dentro do que o recorrente debía manter o recurso. Chámanse tamén apóstolos reverenciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación aplicada a san Paulo (Saulo de Tarso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dirixir un apóstrofe a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substituír unha letra por un apóstrofo.

    2. Escribir unha palabra substituíndo unha das súas letras por un apóstrofo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura oratoria que consiste en interromper o fío do discurso para interpelar a unha persoa presente ou ausente, un ser invisible, etc.

    2. Interpelación vehemente dirixida a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Signo ortográfico consistente nunha coma alzada (‘), que empregan algunhas linguas para sinalar a elisión dalgunhas letras, xeralmente unha vocal, ou unha afixación dun pronome asilábico. Algunhas linguas seguen a manter o uso do apóstrofo, entre elas están o catalán (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posición xentil do corpo.

    2. Boa actitude da persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seguidor dunha seita cristiá do s IV, que concebía a fidelidade aos Evanxeos renunciando a toda forma de propiedade, vivindo da esmola e levando unha vida nómade.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Na casa grega e romana vila, cuarto con función de despensa para ánforas vinarias que adoitaba acharse no piso superior. Non debe confundirse coa cella vinaria, xa que a apoteca non só servía para gardar o viño, senón tamén como lugar para a súa maduración ao aproveitar o paso de calor e fumes proveintes da cociña, polo que ás veces tamén recibía o nome de fumarium.

      2. Despensa ou depósito de xéneros alimenticios, principalmente viño.

    1. botica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de frutificación propia de fungos de vida independente ou liquenizada da subdivisión ascomicotina. Ten basicamente forma de cunca, e está revestido interiormente polo himenio formado por ascos dispersos entre paráfises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sentencia breve e instrutiva, especialmente a atribuída a unha persoa ilustre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perpendicular trazada desde o centro dun polígono regular a calquera dos seus lados.

    2. Altura de cada unha das caras laterais dunha pirámide regular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Glorificación, exaltación dunha persoa, principio, ideal, etc.

    2. Tipo de representación artística de raíz clásica, frecuentemente representada na decoración pictórica barroca e de épocas posteriores, para glorificar un personaxe.

    3. Escena final, montada con profusión de medios, nunha representación dun grande espectáculo.

    4. Deificación dun mortal, acto de elevalo á categoría dos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO