"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Judeţ de Romanía (5.363 km2. 636.434 h [estim 1990]). A súa capital é Braşov.
-
ENTRADA LARGA
Estado de África occidental, limita ao N e ao O con Mali, ao L con Níxer e Benin e ao S con Togo, Ghana e a Costa de Marfil (274.400 km2; 11.305.000 h [1996]). Esténdese entre os 15° e 9° de latitude N e os 5° e 2° de lonxitude L. A capital é Ouagadougou.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio está formado por un altiplano cristalino (granito, gneis, cuarcitas) de 200 a 300 m de altitude media, recuberto de lateritas, lixeiramente inclinado cara ao S e atravesado polos vales do Volta Negro, o Volta Branco e o Volta Vermello, que flúen en dirección S para formar o Volta en Ghana. Ao L corren pequenos afluentes irregulares do Níxer. No SO do país o altiplano de Sikasso acaba na escarpa de gres de Banfora. O clima é tropical, moi árido, especialmente no extremo N e NL do país; a época de choivas ten lugar de xuño a outubro, pero diminúen de S a N (de 1.000 mm a 250 mm) e as temperaturas aumentan na mesma dirección en Ouagadougou, a mínima é de 11,5°C en... -
GALICIA
Actor, director e autor teatral. Coñecido artisticamente como Quico Cadaval, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia a mediados da década dos noventa. Comezou a súa andaina no teatro da man do Pequeno Obradoiro, para participar posteriormente en montaxes de O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, de Roland Topor no ano 1987) e do Centro Dramático Galego (Agasallo de sombras, de R. Vidal Bolaño en 1984). Como director puxo en escena: Días sen gloria, de Vidal Bolaño para Teatro do Aquí (1993), Squash, de Ernesto Caballero (1995) ou A voda dos moinantes, de Synge (1996) para a Compañía de María, Como en Irlanda, espectáculo baseado en dous textos de Synge e Antón Villar Ponte para o Centro Dramático Galego (1996) ou Un lunar vermello (con pintiñas azuis), de Pilar Pereira para a Compañía de Pilar Pereira. Tamén é importante o seu papel de adaptador teatral, destacando a versión Memoria...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito situado entre Francia e o Reino Unido que comunica o canal da Mancha co mar do Norte. Esténdese desde as costas inglesas (cabo Dungeness) ata as francesas (cabo de Gris-Nez), cunha anchura de 32 km e unha profundidade máxima de 72 m. As dúas costas están unidas cun túnel submarino inaugurado en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestra e escritora ourensá. Exerceu a docencia en Ourense e foi a ideóloga en temas relacionados coa muller dentro de Acción Católica. No 1935 foi nomeada presidenta da Confederación das mulleres católicas. Ademais da súa actividade docente publicou numerosos artigos en distintos xornais. Así, no diario Galicia saíron á luz artigos xornalístico-literarios como “Panoramas gallegos: El rompeolas de Bayona”, “Las playas gallegas”, “Crónica de Bayona: Una excursión a la Toja”, e artigos onde tratou diversos temas como “Realidad en el arte”, “De la ciudad del Apóstol” e “Cosas que se van”, reaccionando neste último contra a lei sálica, tema que volveu tratar no artigo “La Asociación católica de la Mujer: Comentando un discurso” de La Región (1922), onde defendeu o dereito o voto das mulleres e no que ampliaba o seu ámbito de actuación. Durante a Segunda República defendeu o ideario do ensino das ordes relixiosas en contra do laicismo escolar, tal e como reflectiu no seu artigo...
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Discípulo de seu pai Giovanni Cambiaso (Cambiaso, Xénova 1495 - 1577?), formouse nun certo rafaelismo a través das ensinanzas de Perin del Vaga e de Pordenone. Traballou en Xénova, onde decorou ao fresco lugares sagrados como a catedral de San Lorenzo (1559-1562) e algúns palacios. En 1583 Filipe II chamouno a El Escorial, onde pintou as bóvedas do presbiterio e do coro. Con curiosidade propia do manierismo, ensaiou a cuadratura ou descomposición dos volumes pitóricos en poliedros e o contraste entre a luz e a sombra, polo que se converteu nun dos precursores do tenebrismo. Entre as súas obras destacan Adoración de los pastores e Cristo ante Caifás.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Municipio do Principado de Asturias, situado no alto val do río Nalón (2.118 h [1996]). A capital é Campo de Caso. A economía baséase nas minas de carbón, na agricultura de secaño e na gandería, sector que se complementa coa avicultura.
-
-
Calquera situación ou circunstancia que se pode dar entre todas as posibles.
-
Feito ou situación dalgún interese que sucede ou que pode suceder.
-
Realización concreta dun feito ou dun suceso determinado.
-
Cuestión ou asunto determinado.
-
-
-
Cada manifestación particular dunha enfermidade. OBS: Tamén se emprega a expresión caso clínico.
-
Cada un dos enfermos que sofre unha doenza determinada.
-
-
Xuízo que se lle presenta a un avogado ou xuíz.
-
...
-
-
-
-
Calquera situación ou circunstancia que se pode dar entre todas as posibles.
-
Feito ou situación dalgún interese que sucede ou que pode suceder.
-
Realización concreta dun feito ou dun suceso determinado.
-
Cuestión ou asunto determinado.
-
-
-
Cada manifestación particular dunha enfermidade. OBS: Tamén se emprega a expresión caso clínico.
-
Cada un dos enfermos que sofre unha doenza determinada.
-
-
Xuízo que se lle presenta a un avogado ou xuíz.
-
Feito investigado pola policía para tentar esclarecelo.
-
...
-
-
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, situado no alto val do río Nalón (2.118 h [1996]). A capital é Campo de Caso. A economía baséase nas minas de carbón, na agricultura de secaño e na gandería, sector que se complementa coa avicultura.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, publicista e profesor. Foi profesor de filosofía na Universidad de Madrid, onde influíu na formación de Julián Besteiro. Tamén exerceu no colexio internacional, fundado por Nicolás Salmerón, e na Institución Libre de Enseñanza, na que figura xa na primeira xunta facultativa de 1876. Na ILE ocupou o cargo de director de segundo ensino e dirixiu o Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, no que colaborou con 17 artigos entre 1880 e 1892. Realizou unha análise da situación educacional en Galicia e escribiu, entre outros, os artigos “Institución Libre de la Enseñanza” (1882), publicado en La Ilustración Gallega y Asturiana, e “Una misión pedagógica” (1885), publicado en Revista de España, onde analiza a situación das escolas de párvulos de Pontevedra e da Coruña. Publicou ademais La enseñanza del idioma (1889) e traduciu Los orígenes de la civilización, de Lubbock. Preparou o libro póstumo de Sanz del Río Análisis del pensamiento...
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río afluente do Sil pola esquerda. Nace da confluencia, na parroquia de Casoio (concello de Carballeda de Valdeorras), de dous tributarios, o Valborrás e o Riodolas, que drenan respectivamente o macizo de Trevinca e a serra do Eixe. Cun curso de dirección SL-NO drena as parroquias de Lardeira, Riodolas, A Portela do Trigal, Casoio, Viladequinta, Robledo e Sobradelo (todas do concello de Carballeda de Valdeorras), onde queda represado polo encoro ao que lle dá nome, antes da súa desembocadura, logo dun percorrido duns 20 km. Verte ao Sil un caudal medio de 2,4 m3/s.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Xulián.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Presa sobre o río Casoio, afluente do Sil, na parroquia de Sobradelo (concello de Carballeda de Valdeorras).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de unir dúas persoas en matrimonio.
-
-
Cerimonia mediante a que dúas persoas contraen matrimonio.
-
Banquete co que se festexa a unión matrimonial de dúas persoas.
-
-
Casamento feito sen reflexión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anta situada no concello de Maus de Salas que forma, xunto coa Casiña da Moura, a necrópole de Maus de Salas. Carece de mámoa e a cámara ten planta poligonal. Está formada por sete chantas, todas elas imbricadas, e a tampa, que se fai máis grosa na entrada da cámara; esta ten unhas dimensións aproximadas de 2,60 m no eixe maior, 2,40 m no menor e unha altura de 1,20 m. Non posúe corredor. No transcurso das escavacións, dirixidas pola arqueóloga Eguileta Franco, atopáronse restos de vasos campaniformes decorados con liñas horizontais puntilladas. Cronoloxicamente, pertence ao Megalitismo inicial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Correa de coiro feita coa pel de determinados animais, como o xabaril ou o touro, que se cose no extremo de cada unha das dúas partes que costitúen o mallo (mangueira e pértega) para unilas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, unha casa de prata, aclarada de goles. Outra variante leva, en campo de sable, un pelícano de prata, dándolle de comer a tres crías e botando pingueiras de sangue polo peito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Buque de bandeira panameña que embarrancou a 150 m do cabo Fisterra o 5 de novembro de 1987 por mor do mal tempo. O barco, procedente de Hong Kong, transportaba 2.000 bidóns que contiñan produtos inflamables (entre eles 720 de disocianato de difenilmetano e outros de sodio metálico) que, ao incendiarse, provocaron unha nube tóxica que afectou a unha poboación de máis de 15.000 h dos concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía e Camariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alejandro Rodríguez Álvarez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intradermorreacción que utiliza líquido estéril de quiste hidatídico, realizada para determinar a diagnose da hidatidose. Estableceuna o médico italiano Tommaso Casoni (1880-1933).