"Asti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 460.

  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Membro da escola neoclásica de economía, en 1933 formulou o concepto de competencia monopolista na súa obra The Theory of Monopolistic Competition (A teoría da competencia monopolística).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor auvernés. Escribiu diversas obras de teatro que tiveron moito éxito na corte. Da súa produción destaca Pensées, maximes et anecdotes (Pensamentos, máximas e anécdotas, 1803), publicada postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mámoa situada en Vilaboa, tamén coñecida como Mámoa do Rei, descrita e escavada nos anos cincuenta por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza, Alfredo García Alén e Carlos Alonso del Real. A anta, moi deteriorada, está no interior dun túmulo de 3 m de altura e cunhas dimensións de 30 m no eixe maior e 20 m no menor. Conserva catro chantas, unha ao N e tres ao S, que posiblemente configuraron unha planta poligonal. No transcurso das escavacións descubriuse o seguinte enxoval: cinco puntas de frecha de base triangular, un microlito, un núcleo de sílex, un disco en lousa, unha bóla de granito e un fragmento de limonita. Nunha das chantas do S pódense observar varios gravados a base de liñas horizontais onduladas e outro gravado posterior de tipo cruciforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor coruñés que impartiu clases na Escola Normal de Lugo e da Coruña. No 1882 acudiu ao primeiro Congreso Pedagógico Español (1882), organizado pola ILE. Publicou Congreso Nacional Pedagógico. Memoria acerca de las discusiones y trabajos verificados por dicha Asamblea (1883) e, dentro da literatura, Fábulas y poesías morales y religiosas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Escuela de Arquitectura de Madrid, exerceu como arquitecto municipal da Coruña (1863-1890) e como arquitecto diocesano desde 1887. Participou no deseño urbanístico e na construción pública da cidade herculina, onde implantou o eclecticismo arquitectónico. Foi un dos introdutores da galería tradicional segundo o estilo burgués. Entre outras obras, rematou o Teatro Principal (1869), deseñou os soportais da avenida da Mariña (1870), os alzados interiores dos edificios da praza de María Pita (1877), a ampliación do cemiterio municipal (1881) e construíu o Asilo das Irmás dos Pobres (1899). Proxectou a restauración das igrexas románicas da colexiata de Santa María do Campo (1879-1894) e da igrexa de Santiago (1897) e trazou os planos do hotel do balneario de Arteixo, construído entre 1898 e 1915. En 1890 abandonou o cargo de arquitecto municipal e centrouse nos encargos de obra privada, entre os que destaca a casa dos irmáns García Naveira en Betanzos (1879). Foi membro...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos modelos anatómicos, ou outros, feitos de pezas desmontables co fin de que se poida ver a estrutura interior dos obxectos representados.

    2. Aplícase ás rochas formadas pola unión de fragmentos doutras rochas preexistentes. Denomínanse tamén rochas detríticas por estar unidas con cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antihistamínico H1. Ten un peso molecular de 343,90. Farmacoloxicamente, preséntase en forma de pos cristalinos de cor marela pálida e pouco solubles en auga. Administrada por vía oral, serve para o control da sintomatoloxía alérxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao cloroplasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Complexo de proteína e clorofila con actividade enzimática sobre a fotólise da auga na fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especializado en carreiras de medio fondo, estableceu, ao longo da súa traxectoria deportiva, doce plusmarcas mundiais en catro distancias (800 m, 1.500 m, 1.000 m e a milla). Proclamouse campión olímpico dos 1.500 m nos Xogos de Moscova (1980) e Los Angeles (1984), feito que o converteu no primeiro atleta que conseguiu revalidar o título olímpico nesa distancia; ademais obtivo senllas medallas de prata nos 800 m neses mesmos campionatos. Foi tamén campión de Europa de 1.500 m e 800 m (Stuttgart, 1986), campión de Europa de 800 m en pista cuberta (Donostia, 1979), vencedor da Copa do Mundo en 1979 e 1981, e medalla de bronce e prata nos campionatos europeos de Praga (1978) e Atenas (1982), na proba dos 800 m. No verán de 1979 superou de xeito consecutivo as plusmarcas mundiais de 800 m (5 de xullo), da milla (17 de xullo) e dos 1.500 m (15 de agosto). Os técnicos da federación británica de atletismo non o convocaron para os Xogos Olímpicos de Seúl (1988), argumentando problemas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica plástica que se efectúa sobre a vaxina e a vexiga urinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cirurxía plástica da vaxina.

    2. Creación dunha vaxina artificial en caso de ausencia conxénita ou de atresia importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Converteuse nun dos máis destacados pintores decoradores do s XVIII. Realizou a decoración das igrexas de San Clemente (1714) e Santa Cecilia (1725), ambas en Roma, e do oratorio de San Filippo en Turín. Foi membro da Accademia Nazionale di San Luca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao contraste.

    2. Aplícase ao estudo que compara varias linguas para determinar as súas particularidades e similitudes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e técnica de modelaxe da terracota. Empregouse, especialmente, na fabricación dos vasos gregos antigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica do cranio para a corrección dunha deficiencia ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro militar. Participou xunto co enxeñeiro Juan Vergel nas obras da Audiencia da Coruña e probablemente deseñou o segundo plano deste edificio. En 1758 encargáronselle os cálculos e medicións para o agrandamento do cárcere real da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela publicada por F. M. Dostojevskij na revista O Mensaxeiro Ruso en 1866. Organizada en seis partes e un epílogo, é unha obra de profunda análise psicolóxica e unha das pezas máis representativas do autor e da literatura rusa. A historia de Raskolnikov mostra a inutilidade da protesta individual contra un medio social perverso. Nun mundo de miseria desesperada, Raskolnikov pensa que está por riba das leis humanas e mata unha vella usureira. O verdadeiro motivo do crime, sen embargo, é o afán por demostrarse a el mesmo que pertence a unha clase de homes superiores e non á dos homes vulgares. As ideas individualistas de Raskolnikov caen vencidas pola moral e o ambiente; o heroe séntese obrigado a liberarse da xustiza. A pobreza sen esperanza e a opresión social son as verdadeiras protagonistas da novela. Os personaxes buscan unha saída inexistente: Raskolnikov, a través da violencia; Sonia, co sacrificio; e Marmeladov, co wodka. A moral desta novela é negativa: o home non ten...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meteorización de tipo mecánico das rochas que consiste na fragmentación das mesmas ao aumentar o volume, por conxelación, da auga que se acumula nas fendas de estratificación dos planos de xistosidade ou das diáclases.

    VER O DETALLE DO TERMO