"Bra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1231.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Betanzos baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Betanzos. Ten nave gótica e ábsida rectangular románica, datada cara ao 1175 e cuberta cunha bóveda de canón semicircular. O arco triunfal é de medio punto, con columnas acaroadas de bases áticas e capiteis vexetais de colariño sogueado. No exterior da ábsida destacan dous canzorros: un representa a un músico tocando unha viola e noutro están dous contorsionistas ou unha escena de cópula. As portas occidental e setentrional da nave son apuntadas, sen columnas, e foron construídas a finais do s XIII ou principios do XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [it: Brazza] Illa do Mar Adriático situada en Dalmacia, Croacia (396 km2; 15.000 h). As súas principais localidades son os portos de Supetar e de Bol. A súa economía baséase na produción agrícola (viña, oliveiras) e na gandería lanar. Foi dominada sucesivamente polos romanos, bizantinos, narentanos, maxiares e por Venecia dende 1420 a 1797. Logo de estar baixo o dominio austríaco, en 1918 pasou a formar parte de Iugoslavia e en 1941 foi anexionada polo goberno italiano de Dalmacia. Ao remate da Segunda Guerra Mundial pasou de novo a formar parte de Iugoslavia. En 1991 quedou integrada, finalmente, en Croacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte inferior da vestimenta dos guerreiros galaicos que cubría as pernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo italiano. Traballou o xénero satírico da farsa cavaiola. É o autor de La maestra (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde de Peñaranda. Dende 1648 foi conselleiro de estado. Entre 1664 e 1674 ocupou a presidencia do Consello de Indias, foi vicerrei de Nápoles entre 1659 e 1664, e presidente do Consello de Italia entre 1674 e 1676. Actou como plenipotenciario nas negociacións de Westfalia (1645-1648) e contribuíu á Paz de Münster en 1648. Foi conselleiro de política exterior da Raíña Mariana de Austria aínda que a súa influencia na corte diminuíu ante a presenza do xesuíta Nithard. Ante a presión francesa nos Países Baixos (1672) fixo entrar a España na grande alianza ofensiva da Haia (1673).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade romana que apareceu tralas guerras astur-cántabras (29-19 a C), arredor do ano 25 a C. O Emperador Octavio Augusto, despois das campañas nas que someteu os pobos do norte da Penísula, fundou a cidade no territorio Entre-Douro-e-Minho, aproveitando a estratéxica situación da que dispuña entre os núcleos indíxenas da rexión. A composición do nome da cidade inclúe a presenza do nome do populus ao que pertence, os Bacari. Foi capital do convento denominado Bracaraugustano, no Baixo Imperio, e xunto cos conventos lucense e asturicense, formou a provincia da Gallaecia. Xa a principios da era cristiá converteuse na capital do reino suevo. Corresponde á actual Braga, no Norte de Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Braga ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subdivisión da provincia romana da Tarraconense ou Hispania Citerior. Esta circunscrición territorial e administrativa, creada polo Emperador Augusto, tiña por capital a cidade de Bracara Augusta (hoxe Braga), onde se centraliza a recadación fiscal, se executa a xestión económica e se administra xustiza. Non hai acordo entre os estudiosos con relación aos lindes territoriais do Conventus Bracarensis ou Bracaraugustanus, pero admítese que limitaría, ao N, co Lucense (describindo unha liña que partindo da ría de Vigo, ascendería lixeiramente ata Nogueira de Ramuín e logo seguiría, desde a confluencia do Miño e o Sil, bordeando as beiras do Sil ata o convento Asturicense), ao O, co Atlántico, ao S, co Douro e, ao L, separaríano do Convento Asturicense, as serras de San Mamede e da Queixa, xunto cunha liña un pouco esvaecida entre os ríos Túa e Sabor, afluentes do Douro. Ao remate do s III d C, coas reformas de Diocleciano, este convento quedou incluído na provincia de Gallaecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brácaros.

    2. Individuo da tribo galaica prerromana dos brácaros.

    3. Poboación indíxena que habitaba ao S da antiga Gallaecia no momento da chegada das tropas de Décimo Xuño Bruto. Aparece citado nas fontes clásicas polos historiadores Apiano, Plinio e Estrabón. Suponse que os brácaros tiñan por centro a propia localidade que logo será capital do Convento Bracarense, é dicir, Bracara Augusta, hoxe Braga, e pode que se estenderan tamén ata a Serra do Gurês.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Estudiou os clásicos e traduciu a Ciropedia de Xenofonte. Tamén escribiu unha serie de tratados en forma de diálogo como o Liber facetiarum (Libro de chistes, 1438-1452).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e periodista. É autor, entre outras obras, de Il picolo santo (O pequeno santo, 1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover ou axitar os brazos dun modo continuado e repetitivo coa finalidade de sinalar algo.

    2. Nadar botando os brazos fóra da auga volteándoos no ar cara a adiante.

    3. Axitar o cabalo as patas dianteiras airosamente ao andar levantándoas de xeito que parece que toca a cincha con elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adorno a xeito de aro que se coloca ao redor do brazo, no antebrazo ou no pulso. Os da época prehistórica acostumaban a ser metálicos, de ouro, prata ou bronce. Os conxuntos máis importantes corresponden á Idade do Bronce e á época castrexa. Os da Idade do Bronce pódense clasificar en tres tipos: de sección cilíndrica, con molduras curvas e de sección poligonal, sendo os conxuntos máis salientables os de Agolada, Lamela, A Estrada e Caldas de Reis. Na época castrexa presentan formas de moldura curva ou adoptan forma de torque.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Traballador que realiza labores agrícolas a xornal.

    2. Persoa que ofrece o brazo a alguén para servirlle de apoio.

    3. Aplícase á arma que se arrebola co brazo. Loitaron só con pedras e con lanzas braceiras.

    4. Persoa con forza nos brazos para lanzar barras, lanzas ou outras armas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador italiano. Coñecido polos seus gravados á augaforte Bizzarrie di varie figure (Extravagancias de varias figuras, 1624). Foi revalorizado polos surrealistas, xa que para compoñer as formas humanas utilizaba elementos xeométricos, mecánicos ou naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto e efecto de bracear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Embriólogo. O seu Traité d’ Embriologie des Vertébrés (Tratado de embrioloxía dos vertebrados, 1921) é un clásico da Embrioloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros saurópodos da familia dos braquiosáuridos, propios de finais do Xurásico. Podían acadar ata 23 m de lonxitude, unha altura de 13 m e un peso aproximado de 80 toneladas (equivalente a 12 machos de elefantes africanos). O esqueleto era lixeiro, con vértebras flexibles e articuladas. A cabeza, moi pequena en proporción co corpo, tiña un fociño ancho e plano con dentes puntiagudos. Os xacementos principais están localizados en America do Norte e África.

    VER O DETALLE DO TERMO