"CIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 410.

  • Compoñente celular do tecido cartilaxinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Competición internacional de balonmán, a cuarta das que se disputan de xeito oficial. Creouse nas categorías masculina e feminina na tempada 1993-1994. O Academia Octavio de Vigo foi o primeiro equipo galego en tomar parte neste torneo, na tempada 1997-1998; daquela acadou as semifinais, nas que foi eliminado. Dende a tempada 2000-2001 adoptou o nome de Copa Challenge.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha metamórfica formada principalmente por cuarzo, con pequenas cantidades de materiais pesados, como a magnetita, a ilmenita e o rutilo, e outros, como a mica e a clorita, como consecuencia do metamorfismo de minerais arxilosos que puidese haber no material de partida. De gran fino ou medio e homoxéneo, presenta unha aparencia moi clara, aínda que dependendo da proporción dos outros minerais, pode variar dende o branco ata o gris escuro, verde se presenta clorita ou vermello se ten óxidos de ferro. É común en forma de cantos dos sedimentos fluviais. Emprégase como material de construción ou na pavimentación e como material refractario. Coñécense materiais arqueolóxicos de cuarcita con forma de puntas de frecha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fentos, da familia das culcitáceas, de rizomas grosos, cubertos por tricomas finos e de cor vermella, e frondes, que poden acadar os 2 m de lonxitude e que se presentan de 2 a 5 veces pinnadas, con soros marxinais no ápice dos nervios e indusio con dúas valvas. Abrangue 10 especies: oito distribuídas por Taiwán, Malaisia, Australia, Nova Caledonia, Fixi e Samoa, unha propia da América tropical e outra, C. macrocarpa, endémica dos Açores, Madeira, Canarias, as serras de Algeciras, as fragas do Eume e algunhas localidades de Asturias, propia de rochedos umbrosos en medios ácidos e termófilos, condicións que hai nalgúns bosques de ribeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás culcitáceas.

    2. Fento da familia das culcitáceas.

    3. Familia da fentos perennes, de rizomas grosos cubertos por tricomas finos e de cor vermella, frondes con soros marxinais no ápice dos nervios e indusio con dúas valvas. Está integrada polo xénero Calochlaena, que comprende seis especies distribuídas polo sudoeste asiático e Oceanía, e polo xénero Culcita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha ígnea eruptiva que se consolidou rapidamente en superficie en dúas etapas, polo que na súa estrutura hai cristais ben formados incluídos nunha matriz vítrea amorfa. É unha rocha ácida, onde predominan as plaxioclasas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de medida do grosor de fíos e fibras téxtiles que equivale á décima parte do tex. Representa o peso en gramos de 10.000 m de fío.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade, expresada normalmente en termos monetarios, que falta para que os ingresos se equilibren cos gastos ou o haber co deber.

      2. déficit da balanza de pagamentos

        Exceso de importacións voluntarias de bens, servicios e valores financeiros superiores a exportacións similares.

      3. déficit orzamentario

        Exceso dos gastos públicos, superiores aos ingresos estatais, durante o ano financeiro.

    1. Escaseza ou falta de algo que se considera necesario ou conveniente.

    2. Medida da humidade do aire que se expresa como a diferenza entre a presión de saturación e a presión do vapor de auga que hai realmente no aire.

    3. Relación negativa que se establece nunha área e nun período concretos entre a precipitación meteórica de auga e a humidade no solo requirida para o desenvolvemento óptimo dunha determinada especie vexetal, en función da evapotranspiración potencial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta déficit.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen padece unha discapacidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito en forma de fouce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anemia hemolítica crónica, peculiar da poboación negra, caracterizada pola presenza de numerosos drepanocitos que conteñen unha hemoglobina anormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial establecida en Bos Aires no ano 1957. Rematou o seu traballo de edición en 1959. Fundada por Luís Seoane e Diego Díaz Dorado, aos que posteriormente se uniron Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela, pretendeu difundir a cultura e a lingua de Galicia, apoiando o labor realizado por diversos escritores e artistas establecidos fóra do país. As obras incluídas no seu catálogo xeral dividíronse en catro coleccións. A denominada “Mestre Mateo”, iniciouse co libro de teatro Midas. O ángulo da pedra, de Isaac Díaz Pardo; na colección “Martín Sarmiento” editáronse diversos ensaios técnicos e económicos e na titulada “Herba de namorar” tiráronse do prelo obras de poesía. A cuarta das coleccións denominouse “Idacio”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu durante o levantamento de 1846 un dos dous corpos do exército establecidos na asemblea do 15 de abril en Santiago de Compostela. Dirixiuse cara á Coruña baixo o mando do comandante Miguel Solís y Cuetos, que levaba como segundo a Manuel Buceta. O segundo corpo dirixiuse cara a Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro do estado de Chiapas (México) creado en 1969. Seguiu os ideais de Emiliano Zapata que reivindicaba terra, pan e liberdade para os indíxenas. Desde o 1 de xaneiro de 1994 reiniciou as súas actividades dirixido por unha pequena cúpula militar encabezada polo subcomandante Marcos e co apoio de todas as comunidades indíxenas. Pódense apuntar como causas desta nova sublevación: a marxinación dos grupos indíxenas, a forte presenza do racismo como elemento do ámbito cultural dos grupos sociais dominantes, unido ao agravio e a vexación das comunidades indíxenas con respecto ao seu pasado histórico, a súa resistencia secular contra os caxtlanes (brancos e mestizos) e a necesidade de tomar unha iniciativa que os sitúe de novo na historia contemporánea. Os numerosos enfrontamentos entre o exército e a guerrilla levaron ao goberno a decretar o alto o fogo (12.1.1994). Coa mediación do bispo Samuel Ruíz negociouse unha saída pacífica e asináronse o 12 de febreiro de 1996...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio da vontade, segundo a escolástica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito que presenta unha forma elíptica ou oval por mor dun defecto na membrana. É particularmente ríxido, polo que ten dificultades para pasar polos capilares, de xeito que se destrúe con facilidade. Isto determina que a súa vida sexa máis curta ca a dun eritrocito normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade hereditaria rara de carácter autosómico dominante, que se caracteriza pola presenza de eritrocitos elípticos ou eliptocitos. Polo xeral non produce síntomas, pero en ocasións os afectados poden presentar crises de anemia hemolítica ligadas a ictericia e cálculos na vesícula biliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de transporte polo que algúns materiais penetran no interior da célula sen atravesar a membrana. A membrana forma unhas dobras que engloban o material fóra da célula, formándose unha vesícula, que contén o material e que sofre unha invaxinación. A vesícula dentro da célula pode abrirse e liberar o seu contido no citoplasma, ou pode quedar en forma de vesícula para a súa posterior utilización. Tanto a fagocitose como a pinocitose son formas de endocitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula sanguínea de cor vermella que contén hemoglobina, pigmento responsable da súa coloración. Os eritrocitos dos mamíferos son células que presentan forma de disco bicóncavo, duns 7,5 μm de diámetro, desprovistos de núcleo celular e de orgánulos que non se reproducen, mentres que os dos outros vertebrados teñen forma oval e presentan núcleo. Fórmanse na medula vermella, mediante o proceso de eritropoese, e despois destrúense no fígado e no bazo. A vida media é duns 120 días e a cifra normal aproximada é duns 5,4 millóns por mm3 no home e duns 4,8 millóns por mm3 na muller, co que son as células máis numerosas do sangue. A súa principal función é actuar, grazas á presenza de hemoglobina, como vector de O2 e CO2, fundamental para a respiración tisular. Regulan, en parte, o equilibrio ácido-base e son a orixe da bilirrubina. OBS: Tamén se denomina glóbulo vermello ou hemacia.

    VER O DETALLE DO TERMO