"Cid" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 848.

  • Kraj da República Checa (10.876 km2; 860.311 h [1991]). A capital é Plzeň.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos bombícidos.

    2. Bolboreta da familia dos bombícidos.

    3. Familia de bolboretas nocturnas á que pertence o xénero Bombix.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos ácidos derivados do ácido acético por substitución dun, dous ou tres átomos de hidróxeno por bromo; especialmente, o ácido monobromoacético [BrCH2-COOH]. Son cristais delicuescentes solubles en auga e alcohol, que funden a 51°C e ferven a 208°C. Obtense por bromación do ácido acético.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece o ácido n-butírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de caduco.

      1. Extinción dun dereito ou acción por mor de non ser executado dentro do prazo fixado pola lei (caducidade legal) ou pactado entre as partes (caducidade convencional). Contra a prescrición, a caducidade actúa en termos breves, sen prórroga e sen interrupción.

      2. Extinción dun permiso, documento de autorización, concesión ou semellante, que a administración outorgou temporalmente (carné de identidade, permiso de conducir, pasaporte, etc), debido a que non se cumpren os pagamentos periódicos ou outros requisitos segundo os casos (patentes, licencias de edificación, etc).

      3. caducidade da instancia

        Final e arquivo dos autos dun procedemento ou expediente administrativo que se decreta cando, durante un prazo determinado, se paraliza por causa imputable ao interesado.

      4. caducidade da instancia

        Extinción dun proceso cando unha das partes non efectúa voluntariamente, durante o tempo fixado, os actos procesais que lle pertencen.

    2. Data a partir da que se perde a garantía de que un produto alimentario ou farmacolóxico conserve as calidades aptas para o consumo, aínda que a súa aparencia sexa normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Grecia, en Macedonia (2.918 km2; 92.117 h [1991]). A capital é Polýgyros (5.239 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península de Macedonia, Grecia, no Mar Exeo, entre o golfo de Tesalónica e o golfo Estrimónico. Repartida administrativamente entre os nomoi de Tesalónica e de Calcídica. É unha rexión montañosa, proxectada cara ao S por tres penínsulas menos alongadas, antigas illas actualmente unidas ao continente: Casandria, Sinthonia e Athos. Rexión eminentemente agrícola, como centros urbanos destacan Tesalónica, Stavrós e Polýgyros. No s VIII a C foi colonizada por Calcis de Eubea, de quen recibe o nome. As colonias foron Potidea e Olintis, que constituíron parte da Confederación Ateniense e no s IV a C formaron unha liga autónoma. Filipe II de Macedonia conquistou toda a rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corredor que percorre o eixe perpendicular dun edificio.

    2. Patio porticado que acostuma estar no extremo dun edificio.

    3. Dependencia anexa dun edificio que funciona como desafogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos calcídidos.

    2. Insecto da familia dos calcídidos.

    3. Familia de insectos himenópteros, parasitos doutros insectos ou fitófagos e produtores de bugallos. De pequenas dimensións, a maioría miden menos de 3 mm de lonxitude, case todos teñen diversas xeracións cada ano, e son cosmopolitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Helenista hispanorromano. Traduciu ao latín e comentou parcialmente o Timeo de Platón. Ata o s XII foi unha das fontes máis importantes das doutrinas platónicas na tradición latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que elimina os calos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Freire e arquitecto galego activo entre 1771 e 1801. Ingresou como leigo no mosteiro de San Martiño Pinario en 1771, onde construíu, seguindo as trazas de frei Manuel dos Mártires, a escaleira da igrexa. Deseñou o monumento da Semana Santa. En colaboración con Xosé Ferreiro realizou, entre 1773 e 1777, o altar da capela de Santa Escolástica, cun esquema que se repetiu nas capelas de Santa Xertrude e do Cristo da Paciencia (1784). Atribúenselle os colaterais da capela do Socorro dedicados a san Xaquín e san Xosé (1783), o da capela de san Bernaldo (1786) e a caixa da sancristía. Corrixiu o empenamento das paredes laterais do claustro do convento de Santo Agostiño usando unha máquina da súa invención premiada pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando sobre a que escribiu un tratado inédito. En 1801 foi comisionado polo arcebispo Raxoi para examinar a obra dos altares da capela do Pazo de Lestrove, realizada por Ramón Pérez Monroy. O seu estilo adscríbese ao neoclasicismo, aínda que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico funxistático e funxicida producido por unha cepa de Streptomyces griseus, especialmente eficaz contra o Candida albicans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é canónico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema épico castelán que consta de 3.730 versos anisosilábicos distribuídos en tiradas ou series monorrimas asonantes, cunha certa unidade temática, e divididos por unha pausa interna ou cesura en dous hemistiquios que oscilan entre as 3 e 11 sílabas, sendo os máis frecuentes de 7, 8 e 6 sílabas. Dende unha perspectiva máis poética ca histórica este cantar narra en tres partes (“El destierro”, “Las bodas” e “La afrenta de Corpes”) o derradeiro período da vida de Rodrigo Díaz de Vivar o Cid Campeador (1043-1099), cabaleiro da corte de Sancho II de Castela e Afonso VI de Castela e León que estendeu o dominio castelán ata o Reino de València. A primeira parte narra os sucesos ocorridos tralo desterro ao que foi condenado polo Rei Afonso VI en 1081 por mor dunha falsa acusación de quedar coas parias reais. Na segunda parte o Cid volve a Toledo e, perdoado polo rei, concerta o casamento das súas fillas, Sol e Elvira, cos infantes de Carrión en València. Na terceira parte, de ton máis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio edafolóxico do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia elaborado por Francisco Díaz-Fierros Viqueira e Fernando Gil Sotres e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984. Compleméntase con cartografía temática a escala 1:200.000, na que se detalla a calidade dos solos clasificados segundo 12 categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espacio do que se dispón no interior dalgunha cousa.

      2. Propiedade de poder conter algo ata un límite determinado.

      3. Número máximo de bits, caracteres, palabras ou outra unidade de medida que se poden almacenar nun dispositivo de memoria. Normalmente, a capacidade dun soporte electrónico ou informático (memorias, discos magnéticos, discos ópticos, etc) exprésase en bits ou máis correntemente en bytes, sendo en xeral 1 byte = 8 bits. Para valores altos da capacidade, xeralmente se utiliza o kilobyte ou kB, equivalente a 1.024 bytes e o megabyte ou MB = 1.048.576 bytes.

      4. capacidade de carga

        Número de animais ou plantas que pode manter unha área sen deteriorarse. Considérase, xeralmente, na explotación dun determinado hábitat.

      5. capacidade dunha canle

        alor característico dunha canle de comunicación.

      6. capacidade pulmonar vital

        Cantidade de aire expulsado nunha expiración forzada, aproximadamente de 3 a 4 litros, despois dunha inspiración profunda. É unha das probas máis útiles para determinar disfuncións pulmonares.

    1. Circunstancia ou calidade que posúen as persoas consistente en ser capaz de realizar algunha cousa.

      1. Aptitude, disposición ou dotes intelectivos necesarios para realizar ou comprender algunha cousa.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido oleoso de sabor rancio, presente en forma de glicérido no aceite de coco e nas graxas do leite, que se funde a 16,7 °C e ferve a 239,7 °C. É lixeiramente soluble en auga e soluble en alcol e éter. Emprégase na síntese de colorantes, de perfumes antisépticos e de funxicidas, e como plastificante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • carbohidracida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristais incoloros, moi solubles en auga, utilizados como intermediarios en sínteses orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO