"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
PERSOEIRO
Militar e político boliviano. Formado en leis na Arxentina e doutorado pola Universidade de Chuquisaca, en 1846 trasladouse a Europa para completar a súa formación militar e exercer como embaixador en Londres. Residiu en Europa ata 1873, data na que foi nomeado xefe supremo do exército boliviano, polo que participou activamente na Guerra do Pacífico (1879-1883). En 1880 foi elixido presidente e, tralo abandono da política activa, publicou Recuerdos (1874), as súas memorias políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Dirixiu a publicación La ilustración española y americana. Compuxo romances históricos, odas e outros poemas de influencia romántica e clasicista, que reuniu nos volumes Poesías (1858) e Nuevas poesías (1867). Ademais publicou as narracións costumistas Una docena de cuentos (1878), Nuevos cuentos (1881) e Cuentos y sucedidos (1893), este último en colaboración con Javier de Burgos, e varios manuais de retórica, entre eles, Retórica y poética (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Realizou estudios de xestión e produción editorial en 1976. Profesor titular de produción e xestión de empresas informativas na facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade xornalística en El Progreso, Hoja del Lunes, El Ideal Gallego e en Radio Lugo EAJ 68; posteriormente colaborou nos xornais Informaciones e Nuevo Diario de Madrid. Durante sete anos foi director de produción de Akal Editor. Exerceu tamén como delegado en Lugo de La Voz de Galicia, como subdirector e director de La Región de Ourense (1985-1990) e, seguidamente, foi director xeral da Axencia Galega de Noticias. En 1994 foi nomeado director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Publicou os libros A reconversión da prensa en Galicia (1982-1992), A transformación das estruturas empresariais e profesionais do sector (1994), A comunicación rexional en Europa (1997), As novas fronteiras do xornalismo (1999), Brañas xornalista, un labor descoñecido...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e de-señador. Director xerente da empresa téxtil Caramelo S A. Comezou a súa andaina profesional en 1969 na empresa que fundaran na Coruña o seu tío José Antonio Caramelo e Luis Gestal, e da que se fixo cargo á morte do primeiro. O seu estilo baséase na innovación e na forte personalidade dos seus deseños, modernos e cosmopolitas. A principios dos anos oitenta, a súa firma pasou a integrarse no sector da moda galega. Foi un dos promotores dos desfiles de Luada, celebrados en diversas cidades galegas, e participante, en representación de Caramelo, no Salón Gaudí de Barcelona, na Pasarela Cibeles de Madrid, e en numerosas mostras internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Foi profesor axudante de química inorgánica da Universidad de Madrid. Exerceu como redactor xefe da revista Motor Mundial e redactor de El Español, amais de dirixir El Comercial dende 1954, onde publicou numerosos artigos xornalísticos co pseudónimo de Till. Editou, entre outros, os libros: El siglo futuro (1954), Memorias del peregrino Till (1965), Viaje a tierras de Finisterre en el año del cometa Kohoutek (1974) e Introdución a Orlando Pelayo (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Sacerdote membro da congregación da Misión de San Vicente de Paúl, licenciouse en Historia e Teoloxía pola Universidad Complutense de Madrid en 1954. Posteriormente, ampliou estudios en Barcelona, Salamanca e Roma, e exerceu a docencia entre os anos 1965 e 1985 en Salamanca e Vigo. Colaborou en diversas publicacións (A Nosa Terra, A trabe de ouro, Encrucillada, etc), con artigos como os titulados: “A igrexa ante o Estatuto de Autonomía de 1936”, “A década 1976-1986: problemática permanente e coxuntural”, “A nación galega e o nacionalismo: democracia e realismo histórico como eixos dunha teoría para a construción da nación”. Foi presidente do consello de administración de Promocións Culturais Galegas e presidente da Asociación Cultural de Vigo. Participou nos volumes colectivos Castelao sen manipulación (1984), A nosa literatura (1988), Historia de Galicia (1-2) (1991) e Doce anos na búsqueda da nosa identidade (1991),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aminoácido dicarboxílico. Reduce a viscosidade e provoca a disolución das secrecións do tracto respiratorio. En medicina utilízase como mucolítico e expectorante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
François Carcopino-Tusoli.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. Deputado durante o goberno de Marcelo Caetano, foi ministro adxunto, en representación do Partido Popular Democrático, no primeiro goberno provisional trala caída da ditadura en Portugal. Líder da Aliança Democrática, foi elixido primeiro ministro no ano 1980. Escribiu, entre outras obras, Por uma Social Democracia (1975) e Uma Constitução para os Anos 80-Contributo para um Projecto de Revisão (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Célula terminal das ramificacións do carposporófito. No seu interior fórmase unha carpospora.
-
PERSOEIRO
Impresor. Instalouse en Verín en 1890 onde imprimiu La Voz de Verín e, probablemente nese mesmo ano, o xornal El Eco. Deixou a súa imprenta a Lino García Vázquez. Logo viaxou a Vigo para publicar o semanario Comercio de Vigo a partir de 1894, xornal que el mesmo dirixiu. Posteriormente, a imprenta pasou a ser propiedade de Cerqueira e Pariña. Regresou a Ferrol en 1898.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. En 1536 foi enviado a México e Perú, onde sufocou a rebelión dirixida polo inca Manco. Exerceu como comandante de Cuzco, cidade que reconquistou aos almagristas. Foi un decidido opositor das Leyes Nuevas que privaban das encomendas aos que participaran nas loitas entre Pizarro e Almagro. Loitou contra o vicerrei Blasco Núñez de Vela en Jaquijaguana, onde foi derrotado e executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Produtor. Desenvolveu inicialmente a súa formación de enxeñeiro industrial como director técnico de varias empresas eléctricas e como xefe de mantemento das centrais hidráulicas de Unión Fenosa. Entre 1982 e 1985 exerceu como xerente e director de produción de Video Trama SA, empresa produtora de vídeo industrial e creativo. De 1986 a 1989 realizou as mesmas funcións para Xavier Villaverde Asociados, produtora encargada da rodaxe de Continental (1989). Director xeral e produtor executivo de Continental Produciones SA, realizou a produción dos filmes Inés de Portugal (1996), Frontera Sur (1997), Cuando vuelvas a mi lado (1998), Finisterre (1998) e La rosa de piedra (1999). Foi produtor executivo das series televisivas Las señales tus amigas, A familia Pita e Ida e volta, e produciu numerosos anuncios publicitarios para diversas empresas nacionais e internacionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Realizou o retablo colateral de san Bieito na igrexa monasterial de San Martiño Pinario (1742). Atribúeselle tamén o que está situado no lado do Evanxeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humanista e escritor. Da súa produción destacan as obras Discurso de la ciudad de Cartagena (1598), Discursos históricos de la muy noble y muy leal ciudad de Murcia y de su reino (1621), Tablas poéticas (1617) e Cartas filológicas (1634).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Bailén e marqués de Portugalete. Loitou contra Inglaterra, principalmente na conquista de Menorca (1782) e no asedio de Xibraltar. En 1802, ascendido a tenente coronel, foi nomeado gobernador do Campo de Xibraltar (1782). Ao iniciarse a guerra contra Napoleón, formou un exército improvisado e derrotou o xeneral Dupont en Bailén (1808), vitoria que lle valeu o título de duque de Bailén en 1883. En 1810 foi presidente da Rexencia e mostrouse contrario ás Cortes de Cádiz. Co restablecemento absolutista de Fernando VII, foi nomeado capitán xeneral de Catalunya (1815). O fusilamento do xeneral liberal Luis Lacy deulle unha grande impopularidade (1817). En 1820 obrigárono a dimitir despois de aclamar a Constitución. Á morte de Fernando VII (1833), mantívose fiel a Isabel II e ocupou cargos políticos importantes, foi membro do Consello de Rexencia, presidente do Consello de Estado, presidente do Congreso e titor de Isabel II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade do que é castizo.
-
PERSOEIRO
Arquitecto, entallador e escultor. Semella que se formou en Santiago de Compostela con Domingo Antonio de Andrade, aínda que cara ao 1675 estivo en Salamanca, no obradoiro do entallador valisoletano Juan Fernández. Regresou a Galicia en 1688. Para o convento do Sancti Spiritus de Melide fabricou o seu retablo maior (1690?) e probablemente tamén o desaparecido de santo Antón. Entallou varios paneis para o cadeirado do coro do mosteiro de Santa María de Sobrado (1693). Cara ao 1695 entrou ao servizo do mosteiro de Celanova para o que fabricou o seu monumental retablo maior (1697), os colaterais da Nosa Señora e do Santísimo Sacramento (1714), a desaparecida caixa do órgano (1710) e o seu cadeirado do coro (1713). Desde 1695 foi mestre de obras da catedral de Ourense para a que trazou e entallou o retablo de san Miguel (1714), san Eloi, san Xoán e san Roque; as caixas dos seus órganos (1709), hoxe desaparecidas; e realizou, entre 1695 e 1703, a decoración do baldaquino da capela do Santo Cristo....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista ilustrado e sacerdote. Membro dunha familia fidalga, estudiou leis e foi membro do Colegio de Abogados da Coruña. No ano 1767, o Rei Carlos III nomeouno cóengo da catedral lucense e, en 1776, acadou o arcediagado de Dozón (Lalín). Exerceu como provisor e vigairo xeral do bispado de Lugo. Foi director, desde a súa fundación en 1784, da Sociedade Económica de Amigos del País da súa cidade natal. Escribiu varias obras xurídicas, entre as que destacan Discursos críticos sobre las leyes y sus intérpretes (1765) e Dios y la naturaleza: compendio histórico, natural y político del universo (1779), obra de dez volumes que deixou inconclusa. Publicou tamén un Elogio del dialecto gallego.
VER O DETALLE DO TERMO