"ERS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
-
Relativo ou pertencente ás derbesiáceas.
-
Alga da familia das derbesiáceas.
-
Familia de clorofíceas sifonais que comprende algas mariñas de talo filiforme, de ramificación dicótoma ou irregular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coprodución cinematográfica soviético-xaponesa realizada en 1975. Foi dirixida por Akira Kurosawa e interpretada por Youri Solomin e Maksim Mounzouk. É a historia dun cazador mongol que vive na taiga e é contratado por un militar para realizar labores de guía dunha expedición topográfica por distintas zonas de Siberia. Os protagonistas fanse amigos e o cazador vai vivir á cidade co capitán Arseniev, pero esa decisión cambiará a súa vida. Finalmente, morre ao intentar regresar á taiga e fuxir da cidade. Recibiu o Oscar á mellor produción estranxeira en 1975.
-
-
Acción e efecto de despersonalizar ou despesonalizarse.
-
Sentimento patolóxico de estrañeza ante o mundo exterior e a propia personalidade, unidos como realidades modificadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de despersonalizar ou despersonalizarse.
-
-
Facer que perda alguén a súa personalidade.
-
Facer que algo perda o seu carácter persoal.
-
Perder alguén a súa propia personalidade.
-
Perder algo o seu carácter persoal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de limpar ou purificar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen limpa.
-
GALICIA
Poeta. Correspondente de Faro de Vigo, publicou El Jardín de los romances (1947). Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1953.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciouse en Psicoloxía Experimental na Universidade de Louvain. Trasladouse a EE UU e continuou os estudios nas universidades de New Jersey e Illinois, onde se doutorou en linguas románicas. Profesor de cultura e literatura españolas na Universidade de Drake, colaborou con traballos de teoloxía e crítica literaria en publicacións americanas e europeas, como Revista Interamericana de Bibliografía, Arbor, Cuadernos Hispanoamericanos, Ínsula ou Kentucky Romance Quarterly. Publicou estudios científicos e teolóxicos, como La confirmación (1964), Los nuevos tiempos de la Iglesia (1965), La vocación al matrimonio (1968), Hugo de San Víctor (1968) e, no eido da crítica, Unamuno, el personaje en busca de sí mismo (1975) e Las novelas de Unamuno (1987). É autor das novelas O fillo de Don Tomás (1985), escrita orixinariamente en castelán e traducida ao galego por Manuel Espiña e Mª Luísa Balado Canoura; Cartas del Medio Oeste (1986) e De colores (1990). Entre outros premios,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de dispersar ou dispersarse.
-
-
Que dispersa.
-
Substancia que, por mor da diminución da tensión superficial que orixina, facilita a dispersión da fase dixestiva no medio de dispersión. Emprégase na fabricación de pinturas e tamén como emulsionante.
-
Aparato que reduce as substancias a dimensións coloidais.
-
-
-
Que dispersa.
-
Aditivo alimentario que facilita a dispersión e a eventual disolución dun alimento sólido nun líquido. O dioctilsulfosucinato sódico é un dispersante aceptado na maioría dos códigos alimentarios.
-
-
-
Separar en distintas direccións persoas ou cousas que estaban xuntas ou formando grupo.
-
Repartir a atención, o esforzo, as facultades ou actividades en múltiples direccións.
-
Efectuar unha dispersión.
-
Separarse en distintas direccións persoas ou cousas que estaban unidas.
-
Producirse unha dispersión.
-
-
-
Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.
-
Condición de disperso.
-
Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio. Mídese mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.
-
Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste. Denomínase tamén así a difusión á que se somete a onda ou o feixe de partículas en cuestión, como consecuencia deste proceso.
-
Fenómeno consistente no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, como por exemplo un transformador, se desvía do circuíto magnético, xeralmente de ferro, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.
-
ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.
-
Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante, que pode ser un líquido, un sólido ou un gas.
-
Forma de poboación que corresponde ao hábitat disperso.
-
Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos producidos polos proxectís disparados por unha peza de artillería, sen variar os datos da puntería e coa mesma carga de proxección. Esta distribución segue a lei de Gauss ou lei normal. A dispersión de tiro prodúcese principalmente polas irregularidades na rotación do proxectil debidas a desprazamentos do centro de gravidade e polas pequenas diferencias nas cargas de proxección.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dispersa.
-
-
Relativo ou pertencente á dispersión.
-
Que está dispersado.
-
Colorante insoluble que se aplica para formar unha dispersión fina na auga. Emprégase fundamentalmente para a coloración de fibras sintéticas.
-
-
-
coloide.
-
Partícula de dimensións intermedias entre as dunha suspensión de partículas polimoleculares, visibles nun medio líquido, e as dunha solución de partículas moleculares, opticamente baleira.
-
-
-
Que dispersa.
-
Instrumento empregado para dispersar a luz, isto é, para separar os compoñentes monocromáticos dunha radiación composta.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista. Foi violinista en Viena na orquestra do príncipe de Saxonia-Hildburhausen, músico de corte do conde Durazzo e kapellmeister do bispo-príncipe de Breslau. Compuxo numerosos Singspiele (Doctor und Apotheker, 1786), ademais de obras escénicas, sinfonías, pezas de cámara, cantatas, oratorios e concertos. En 1770 nomeárono Cabaleiro da Espora Dourada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de diverso.
-
Multitude de cousas distintas.
-
-
biodiversidade.
-
índice de diversidade
Expresión que mide a diversidade. Hai distintos índices de diversidade, que van dende os máis sinxelos, como d, que é o número de especies dividido polo logaritmo do número de individuos, ata outros baseados na teoría da información, como D=-Σp i log 2 p j .
-
-