"EUR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 354.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización Europea para a Investigación Nuclear.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo de Simon Vouet, destacou no tema relixioso. Foi membro fundador da Academie Francaise en 1648. Pintou A vie de saint Bruno para a cartuxa de París e A vie de saint Martin para a abadía de Marmoutiers, e decorou a Cabina das Musas do Hôtel Lambert e o Hôtel Fieubet.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Orde nacional francesa, civil e militar, creada polo primeiro cónsul Napoleón Bonaparte en 1802. Mantívose, con algúns cambios, en todos os réximes, e co tempo converteuse na máis importante distinción de Francia, co título de Grand-croix de l’ordre de la Légion d’honneur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos góbidos, de tamaño menor aos 15 cm de lonxitude, de corpo opaco subcilíndrico e escamas ctenoides, agás na caluga. En Galicia a especie máis común e L. friesii, que presenta caluga sen escamas e aleta caudal lanceolada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado, firmado o 7 de febreiro de 1992, polo que se ratificaban os acordos da reunión do Consello Europeo celebrada na cidade de Maastricht en decembro de 1991. Modificou ou complementou acordos anteriores como o de París e Roma ou a Acta Única Europea, para dar paso á constitución da Unión Europea. Supuxo un avance en política exterior, defensa común, nas competencias do Parlamento Europeo e a Comisión, nas forzas de cohesión, na cooperación xudicial, no dereito de voto e de candidatura nas eleccións xudiciais e europeas e na unión económica e monetaria. O tratado implicou, coa súa entrada en vigor (1993), a reforma das constitucións nos diferentes estados. As dificultades para o cumprimento dos acordos subscritos, e a incapacidade para a formulación dunha actuación comunitaria en política exterior e seguridade, levaron á celebración da Conferencia Intergobernamental de Reforma (marzo 1996). En 1997, o Consello Europeo elaborou o Tratado de Amsterdam, unha revisión...
-
-
Relativo ou pertencente á provincia medioeuropea.
-
Provincia bioxeográfica da rexión eurosiberiana que coincide, en parte ou totalmente, coa provincia centroeuropea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade Económica Europea.
-
PERSOEIRO
Actor francés. Empezou a súa traxectoria no teatro para logo facer papeis no cine. Da súa filmografía destacan Les Diaboliques (1955), L’armée des ombres (1969), Les Voraces (1973) e Le Gitan (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto suízo. Formouse no politécnico de Zúric e abriu un estudo con Jacques Herzog na súa cidade natal (1978). Caracterizáronse por buscar solucións orixinais aos problemas cotiáns da arquitectura e pola combinación de artesanía e novas tecnoloxías. Realizou a Tate Gallery Extension (Londres, 2000) e recibiu o Premio Pritzker (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Lorena, Francia (5.241 km2; 713.779 [1999]). A súa capital é Nancy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra escrita por Vicente Risco e publicada pola editorial Nós en 1934. Trátase dun diario de viaxe que se editara previamente a través de varias entregas na revista Nós e onde o autor narra parte das súas experiencias vividas en Europa Central ao redor de 1930. Este libro, que se centra fundamentalmente en Alemaña, contén, ademais da narración do camiño percorrido e dos principais elementos físicos que vai descubrindo o autor, unha serie de impresións, teorías e críticas, tales como a inmoralidade do negocio do turismo, a uniformidade da xuventude, a mecanización da realidade e o materialismo das clases sociais, que Risco divide entre capitalistas e obreiros. Todas estas ideas redundan nun principio que marcará gran parte da súa obra posterior, a teoría sobre a decadencia de Occidente e a perda da súa esencia espiritual. Ademais, considera que para que Galicia acade a súa propia conciencia precisa da antiga clase señorial, a fidalguía, xa que na nova realidade social que el atopa só observa...
-
-
Inflamación dun só nervio. Case sempre está causada por un obstáculo mecánico.
-
multineurite.
-
-
-
Neurona motora ou eferente.
-
Neurona que ten orixe na materia gris da medula espiñal e fin nos músculos esqueléticos, aos que transmite os impulsos que recibe da motoneurona primeira ou doutras vías nerviosas.
-
Neurona do córtex cerebral que conduce os estímulos da área motora cortical ata os núcleos motores dos nervios craniais ou a materia gris da medula espiñal (onde pode facer sinapse co corpo da segunda motoneurona).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neuropatía ou neurite periférica en que se ven afectados dous ou máis nervios de zonas diferentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘nervio’.
-
-
Que ou quen padece neurastenia.
-
Manía, obsesión ou alteración nerviosa.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos nervios ou ao sistema nervioso.
-
Arco formado pola unión das dúas apófises superiores ou neurais que xorden, unha por cada costado, da parte superior de cada unha das vértebras dos peixes. Por este arco pasan a medula e a aorta dorsal.
-
Ancheamento da ectoderma que está presente na rexión dorsal media do embrión na fin da terceira semana de vida intrauterina. É o primeiro esbozo do sistema nervioso.
-
-
-
Dor intensa en forma de crises paroxísticas de carácter pulsativo ou lancinante que se irradia polo territorio de distribución sensitiva dun nervio periférico.
-
Dor cervical, irradiada pola extremidade superior, que é causada por algunha lesión intrarraquídea, artrose cervical, espondilites ou lesións do plexo braquial.
-
Neuralxia que afecta a unha das tres ramas do nervio trixémino.
-
Neuralxia irradiada polo territorio de innervación dun nervio intercostal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á neuralxia.