"Eva" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 409.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para medir a intensidade de evaporación atmosférica. Consta fundamentalmente dun recipiente plano, de sección coñecida, que se pesa a intervalos iguais de tempos para determinar a cantidade de líquido que se evapora por unidade de superficie e de tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo xeral que designa as rochas sedimentarias formadas por depósitos ricos en cloruros e sulfatos alcalinos. A precipitación destes sales é resultado da súa concentración, por evaporación intensa de masas de auga (lagoas litorais, mares interiores, etc). As principais evaporitas son o xeso, o sal e a anhidrita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suma total da auga perdida por evaporación no solo e transpiración das plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que vén de Evarestus, Evaristus, nome levado por un dos primeiros papas. Apareceu en Roma durante os tempos do Imperio e ten a súa orixe no grego Euárestos, nome persoal correspondente ao adxectivo ε ὐ άρεστος ‘grato, agradable’. Xa no mesmo grego, ademais desta forma, aparece Euáristos, quizais procedente dun cruzamento por etimoloxía popular con ἄ ριστος ‘o mellor’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Belén 97 -? 105) Papa (97-105). Fillo dunha familia xudía, padeceu martirio na persecución de Traxano. Dividiu a cidade de Roma en parroquias ante o número crecente de cristiáns e instituíu as sete primeiras diaconías que orixinaron o Colexio Cardinalicio. Na iconografía viste de pontifical ou cunha simple túnica e palio do seu tempo; e leva como atributos: a espada (símbolo do seu martirio), e ás veces un presebe. A súa festa celébrase o día 26 de outubro.
-
PERSOEIRO
Bispo de Tui. Mártir no 82, segundo o episcopoloxio do beneditino san Prudencio de Sandoval.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de evadir ou evadirse.
-
Fuxida dun preso ou un condenado do establecemento penal no que estaba recluído.
-
Saída ilegal de diñeiro ou doutros activos líquidos dun país cara a outro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medio que se utiliza ou resposta que se dá para eludir ou evitar algo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para evadirse de algo.
-
PERSOEIRO
Político australiano. Formado en leis na Universidade de Sidney, afiliouse ao Partido Laborista en 1925 e foi elixido deputado ao Parlamento de Nova Gales do Sur. En 1940 representou o seu estado no Parlamento Federal australiano e foi ministro de Asuntos Exteriores (1946-1949). Cabeza da delegación australiana na Conferencia de Paz de París de 1946, foi presidente da ONU (1948-1949), e despois, da Comisión da ONU para Palestina e para a enerxía atómica. En 1951 converteuse en líder do Partido Laborista ata 1960, ano en que se retirou da vida política e foi nomeado xefe de xustiza de Nova Gales do Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas, da familia das asteráceas, que carecen de látex e se caracterizan por presentar talos foliosos que portan os capítulos -con todas as flores tubulosas envolvidas por mais de 30 brácteas involucrais- reunidos nun glomérulo plano. En lugares secos, areosos e pedregosos, a miúdo preto do mar da metade sur de Galicia, está presente a especie Evax pygmaea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao órgano susceptible de evaxinación.
-
-
Acción e efecto de evaxinar.
-
Protrusión dunha parte do corpo ou dun órgano a través dunha vaíña, un saco ou unha cavidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xirar unha cousa facendo que a súa superficie interior pase a ser exterior.
-
PERSOEIRO
Debuxante. Coñecido como José Cuevas, inspirouse nos tipos e costumes populares. Colaborou en La ilustración gallega y asturiana e La ilustración española y americana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político, duque de Alburquerque. Participou nas guerras contra Francia e nas guerras de Flandres. Capitán xeneral de Catalunya, Flandres e das galeras reais, participou no sitio de Barcelona e venceu os franceses en Cambrils (1650). Vicerrei de Nueva España (1653-1660), durante o seu goberno fundou a vila de Alburquerque e os ingleses apoderáronse de Xamaica. Membro do Consello de Estado, exerceu como vicerrei en Sicilia entre (1667-1670).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Gafas, ingresou nas Juventudes Socialistas en 1931 e, trala revolución de outubro de 1934, foi designado membro do comité executivo do PSOE de Asturias. Ao remate da Guerra Civil estableceuse en Casaio para unirse aos fuxidos. En 1943 foi un dos principais líderes da guerrilla do leste de Ourense. Tras padecer unha enfermidade ocular, saiu para Francia en outubro de 1948.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico de arte, pai de Paul Fierens. Colaborador de Journal des débats, foi profesor na Universidade de Liexa. Das súas obras destaca Histoire de la peinture flamande des origens à la fin du XVe siécle (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu en Vilagarcía de Arousa o 5 de xuño de 1997. Entre os seus obxectivos cómpre subliñar diversas iniciativas para o estudio, a investigación e o debate de temas e proxectos de interese local para Vilagarcía de Arousa, impulsando a xestión das institucións locais e dos responsables políticos, co fin de acadar unha óptima realización dos proxectos. Ocúpase tamén do fomento e desenvolvemento do tecido social e económico. O seu padroado está constituído polo presidente Xosé Barros Cuervo, o vicepresidente Félix Acuña Vidal, un secretario, un tesoureiro, e cinco vocais.
-
PERSOEIRO
Mestre e sindicalista. Estudiou na Escola Normal de Santiago de Compostela e exerceu o seu maxisterio nas escolas de Val Miñor, Vilaza, Ponte Caldelas e Vigo (Coia), entre outras. Membro do PCE, foi secretario fundador de FETE-UGT. Fundou o xornal El Heraldo de Puente Caldelas e colaborou en xornais e revistas como Escuela Vivida, órgano de expresión da Casa do Mestre de Pontevedra, na que dirixía a sección dedicada á actividade societaria, ATEO de Ourense e El pueblo gallego. Coa Guerra Civil tivo que fuxir ao monte, pero foi encarcerado e fusilado no Castro (Vigo). Publicou Manual del turista. Guía de Vigo (1926).
VER O DETALLE DO TERMO