"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Nefropatía caracterizada por episodios repetidos de hematuria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia política reunida en Berlín do 15 de novembro de 1884 ao 26 de febreiro de 1885 co obxecto de solucionar os conflitos xurdidos entre as grandes potencias no reparto de África. Chamada oficialmente Conferencia da África Occidental, participaron delegados das principais potencias europeas e dos EEUU. A conferencia dirimiu os conflitos territoriais, garantiu a liberdade de navegación polos grandes ríos africanos como o Níxer e o Congo, recoñeceu a existencia do estado libre do Congo baixo a soberanía de Leopoldo II de Bélxica, e fixou as novas normas do imperialismo colonial que establecían a necesidade de ocupación efectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación diferencial non lineal de primeira orde, definida por Jakob Bernoulli, da forma y’+f(x)y=g(x)yn , onde n>1 e f(x) e g(x) son funcións continuas. Redúcese a lineal polo cambio de variable u= y1-n.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Despois de estudar na Institución Libre de Enseñanza, cursou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Catedrático de instituto, foi bolsado pola Junta de Ampliación de Estudios e viaxou a Alemaña onde estudiou nas universidades de Berlín, Leipzig e Múnic. Foi catedrático de Lóxica na Universidade de Madrid (1912-1936). A súa andaina política iniciouse na Unión Republicana para pasar despois ao Partido Radical e ingresar en 1912 no Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e na Unión General de Trabajadores (UGT). Ocupou a presidencia do Comité executivo do PSOE (1925-1931) e da UGT (1925-1932). Foi condenado en 1917 por pertencer ao comité de folga e, estando en prisión, foi elixido deputado socialista en 1918. Foi presidente das cortes constituíntes da II República (1931). Formou parte en 1939 do Consello Nacional de Defensa encargado da negociación da paz. Foi detido e condenado a trinta anos de prisión por un consello de guerra o 8 de xuño de1939...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome, que significa ‘casa do libro’, dado polos xudeus no último período da época rabínica (100 a C-500 d C) á escola primaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático alemán. Estudiou Dereito e Ciencias Sociais en Gotinga e Leipzig. Pasou ao servizo de Austria como chanceler (1866-1871), e levou a cabo unha política antiprusiana. Desempeñou en diversas ocasións a carteira de Relacións Exteriores de Austria. Escribiu unhas Memorias (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anemia non rexenerativa producida por un déficit de vitamina B12. Chámase comunmente anemia perniciosa ou tamén enfermidade de Addison-Biermer. Caracterízase por unha atrofia das células parietais da mucosa do estómago, de orixe inmunitaria, que condiciona a falla de produción do factor intrínseco de Castle, necesario para a absorción intestinal da vitamina B12. A súa recuperación baséase na administración intramuscular desta vitamina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que dá froito dúas veces ao ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade funcional constituída polo conxunto da materia viva da Terra e o espazo onde se dan as condicións ambientais e funcionais compatibles coa vida. Esta concepción sistémica ou holística da biosfera é relativamente recente; nun sentido máis restrinxido tamén se entendeu por biosfera a interfase entre atmosfera, hidrosfera e litosfera onde é posible a vida ou ben o conxunto dos seres vivos que habitan este espacio. Enraizada no sentimento romántico da natureza e na ciencia humboldtiana, pero tamén na síntese fisiolóxica de Claude Bernard e na termodinámica, a idea de biosfera como indisoluble solidariedade de todos os seres vivos nunha unidade funcional foi exposta por vez primeira polo xeólogo austríaco Eduard Suess (1831-1914), no último volume da súa obra Das Anlitz der Erde (A cara da Terra, 1883-1905), aínda que xa empregara a palabra en obras anteriores dende 1875. O concepto actual aparece na obra Biosfera (1926) do mineraloxista ruso Vladimir I. Vernadskij (1863-1945)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico arxentino. É autor de numerosas curtametraxes como Selinunte (1951) e Buenos Días, Buenos Aires (1960). Tamén dirixiu algunhas longametraxes nas que denuncia fundamentalmente a realidade e os problemas sociais. Estivo exiliado en Italia durante algúns anos por motivos políticos. Entre os seus filmes destacan: Los inundados (1961), Rafael Alberti, un retrato del poeta (1983), Mi hijo el Che (1985) e Un señor muy viejo con unas alas enormes (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Industrial e filántropo. Emigrou a La Habana onde se dedicou á industria e ás finanzas. No seu testamento dispuxo a creación dun colexio de primeiro e segundo ensino en Cee, que foi inaugurado o 1 de outubro de 1886 co nome de Colexio Fernando Blanco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado en Madrid e Barcelona, é profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. A súa obra non se adscribe a ningunha tendencia, segue fielmente as súas vivencias e foxe de toda convención ao utilizar a súa liberdade creativa como motor da súa produción artística. Entre as súas obras máis salientables destacan o Pub Irán de Ourense (1983), a vivenda da Abarcala (O Grove, 1991) e intervencións no patrimonio construído, como as Adegas de San Clodio (Ourense, 1991). Así mesmo, realiza esculturas, pinturas, murais, labores de deseño e instalacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novena sesión da Conferencia Panamericana, organismo da Unión Panamericana, celebrada en Bogotá (abril de 1948). Nela decidiuse a creación da Organización dos Estados Americanos (OEA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Influído por Rembrandt, decantouse despois cara á arte de van der Helst. Foi un bo retratista e entre as súas obras figuran Os catro rexentes do hospicio de leprosos de Amsterdam (1668) e un retrato de Elisabeth Bas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Ferrol no ano 1987. Foi subtitulada como “Revista de Información Empresarial”. O título e subtítulo son “Industria, Comercio y Navegación”; en case todos os números, na páxina 3, debaixo de cada editorial, aparecía o título “Boletín de la Cámara Oficial de Comercio, Industria y Navegación de Ferrol. Publicación bimestral”. Como director figuraba Xosé Manuel Orriols Núñez e como redactores e colaboradores Begoña Villamil Castro, Eva Pena, Ana Quintela Fernández e Xosé M. Picallo Seoane, entre outros. Os contidos desta publicación estaban relacionados coa actividade empresarial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación periódica editada entre o 21 de xullo de 1895 ata o 31 de octubre. Saía quincenalmente os días 15 e 30 de cada mes. Foi dirixida por Emilio Tapia e editábase en Mondoñedo, na imprenta Mancebo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bisemanal aparecida en 1901 na cidade de Ferrol e subtitulada “Órgano oficial del mismo y del de Farmacéuticos de dicha ciudad”. Nel incluíanse as seccións “Sección de intereses profesionales”, “Sección científica”, “Miscelánea”, xunto con diversos artigos relacionados cos profesonais da Medicina como “Hospital de Marina de Ferrol” (nº 18-1902) e cadros estadísticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparecido en agosto do ano 1973, na cidade de Ferrol. O consello de redacción estaba integrado por Manuel Ojea Otero, Germán Otero Saavedra, Yáñez Martínez, Manuel Crespo Rivas, Xosé F. Querol Lombardero e Francisco Castro Damián. No que se refire aos colaboradores, pódense citar, entre outros, a Antonio Fernández Rodríguez, Manuel Iglesias Corral, Anxo Paz Gómez, Ramón Carballal Pernas e Xosé Seoane Iglesias. A temática deste boletín abranguía dende as leis de indias, pasando polo dereito matrimonial ou polo xuízo de faltas, ata as reflexións sobre determinados artigos do Código Civil. Os diferentes traballos que compuñan esta publicación estaban firmados polos maxistrados da audiencia territorial da Coruña e por avogados.

    VER O DETALLE DO TERMO