Berlín, Conferencia de

Berlín, Conferencia de

Conferencia política reunida en Berlín do 15 de novembro de 1884 ao 26 de febreiro de 1885 co obxecto de solucionar os conflitos xurdidos entre as grandes potencias no reparto de África. Chamada oficialmente Conferencia da África Occidental, participaron delegados das principais potencias europeas e dos EEUU. A conferencia dirimiu os conflitos territoriais, garantiu a liberdade de navegación polos grandes ríos africanos como o Níxer e o Congo, recoñeceu a existencia do estado libre do Congo baixo a soberanía de Leopoldo II de Bélxica, e fixou as novas normas do imperialismo colonial que establecían a necesidade de ocupación efectiva.