"Oti" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 532.

  • Actitude pesimista ante o fracaso dunha guerra ou doutra actividade calquera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao derrotismo.

    2. Que ou quen manifesta unha actitude de derrotismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido constituído pola base nitroxenada, a desoxirribosa e o ácido fosfórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao despota ou ao despotismo.

    2. Que ou quen ten carácter déspota.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade ou condición de déspota.

    2. Forma de goberno, característica das monarquías absolutistas europeas do s XVIII, que empregaron a ideoloxía ilustrada para mellorar as condicións do pobo (educación, sanidade ou cultura), pero mantendo o poder político. Tamén se chama despotismo ministerial, cando exerce o poder o primeiro ministro, despotismo legal, como contraposición a un absolutismo arbitrario. Caracterizouse por un reforzamento do poder real e a aplicación de reformas que melloraban as condicións do pobo, sempre á marxe da súa colaboración política. Entre as melloras incluíanse as reformas nas administracións locais, a abolición de abusos e privilexios da nobreza e do clero, a abolición da tortura e da servidume, a liberdade de comercio e a urbanización e modernización das cidades. Na educación arrebatoulle á Igrexa o seu control e ampliouse a oferta coa creación de numerosos centros educativos, como academias e universidades. Os soberanos máis representativos desta forma de goberno foron Federico...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola espiritual xurdida nos Países Baixos a finais do s XIV, con certas influencias da mística xermánica e neerlandesa e da escola franciscana, pero máis intimista e personalista. Geert Groote (Deventer, Países Baixos 1340-1384) creou os irmáns e irmás da Vida Común. O seu discípulo, Florens Radewijns, organizou os cóengos regulares de Windesheim. Estes desenvolveron a corrente intimista e a corrente metódica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto ou forma de clientela militar frecuente entre os romanos, e especialmente entre os íberos, pola que o cliente ou devoto lles ofrecía a súa vida aos deuses mediante un xuramento a cambio da do seu patrón ou xefe militar en perigo. No caso de que o xefe morrera, o cliente tiña que suicidarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Foticé, no Epiro. Atribúenselle catro obras: Sermón sobre a Ascensión do noso Señor Xesucristo, Visión de san Diadoco, Catequese e Cen capítulos sobre a perfección espiritual. Os Capítulos son unha serie de sentencias sapienciais que constitúen un auténtico manual de vida espiritual e ascética. A súa obra influíu nos grandes autores espirituais bizantinos así como no pensamento espiritual ruso, pero tamén influíu en Occidente por medio de santa Teresa de Xesús e Ignacio de Loiola, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Santiago de Compostela a partir do 15 de outubro de 1812. Cesou entre os anos 1813 e 1815. Fundado e dirixido por Xosé Verea Aguiar, imprimíase nos obradoiros tipográficos de Xoán María Pazos. Como defensor das ideas constitucionais, colaboraron nel Sinforiano López Alia e outros intelectuais de corte liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido o 6 de marzo de 1843 en Santiago de Compostela que cesou a súa edición o 5 maio do mesmo ano. Imprimíase nos obradoiros tipográficos da Viuda e Hijos de Compañel. Incluíu novas da cidade, información de carácter económico, anuncios, santoral, efemérides e unha sección de variedades onde insería disposicións gobernativas e noticias de carácter xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido o 29 de febreiro de 1820 na Coruña e que posiblemente rematou a súa edición no mesmo ano. Na súa cabeceira incluíu o lema “Viva el Rey por la Constitución”. Redactado e impreso por Sebastián Iguereta, contou co apoio da Xunta Suprema do Reino de Galicia, ao igual ca o Diario Constitucional de La Coruña, tamén liberal, pero máis radicalizado nas súas formulacións. Dos seus contidos destacan novas de carácter económico, partes oficiais, bandos e providencias da Xunta, datos referidos aos movementos das tropas sublevadas en Andalucía e ás Cortes, e información sobre o ministerio de Guerra e do Exército Nacional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento para reproducir documentos baseado na destrución selectiva de sales de diazonio por efecto de raios ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao dicarión.

    2. Relativo aos fungos binucleados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos xemelgos orixinados de dous óvulos fecundados separadamente por dous espermatozoides e, polo tanto, con xenotipos diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha estimulación ou unha sensación auditiva diferente para cada un dos oídos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten dous cotiledóns.

      1. Planta da clase das dicotiledóneas.

      2. Clase da subdivisión das anxiospermas caracterizada por un embrión con dous cotiledóns, a raíz axonomorfa orixinada a partir da radícula, o talo con feixes vasculares abertos e dispostos en anel, e cunha capa de cámbium, o medre secundario na raíz e no talo, as follas pecioladas e de nervadura pinnada ou palmeada, e as flores tipicamente pentámeras ou tetrámeras. Abrangue as subclases das astéridas, cariofílidas, dilénidas, hamamelídidas, lámidas, magnólidas, ranúnculidas e rósidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • dicotiledóneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno no que unha determinada especie pode presentar tipos distintos dun mesmo órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alteración do pulso que consiste na palpitación dunha segunda onda, que ten relación co pechamento da válvula aórtica. É perceptible en certos estados morbosos con tensión arterial baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO