"Rey" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • GALICIA

    Realizador e produtor cinematográfico. Iniciouse no cine afeccionado en 1976 cunha cinta sobre a rapa das bestas. De formación autodidacta, acadou numerosos premios en festivais. Nos comezos da década de 1980 produciu e realizou numerosos vídeos industriais e publicitarios e desde 1986 traballa como cámara da TVG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Casado d’Arambillet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. De nome Antonio Martínez del Castillo, foi un dos directores máis prestixiosos anteriores á Guerra Civil Española. Debutou con La revoltosa (1924), e da súa filmografía destacan Gigantes y cabezudos (1925), Agustina de Aragón (1928), La hermana san Sulpicio (1927 e 1934) e La aldea maldita (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Defensor das ideas liberales, mantivo obradoiros tipográficos na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela a partir de 1811. Alí editáronse as principais obras dos escritores liberais do momento, como Sermón (1811), de Rodríguez de Casal, ou Canto épico (1822), de Taboada Leal. Co restablecemento do réxime absolutista en 1823, traspasou os seus obradoiros a Alberto Núñez Espinosa e emigrou a Porto, onde abriu outro obradoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso xesuíta, historiador e novelista. Coñecido como Adro Xavier, especializouse en biografías de personaxes españois, dos que destacan Aproximación a la historia de España en veinte grandes biografías e a Colección Tu y yo. Ademais publicou, entre outras obras, Amor de héroe (1937), Rojo y español (1939), Ocaso del Imperio (1940), Carlos María Rey-Stolle Pedrosa marino y aviador (1941), Almas hundidas (1950), Francisco Suárez en la España de su época (1950), Emigrantes y sus cosas (1963), Bonifacio VIII (1971), Fui soldado en cuatro guerras (1976), El Papa de Peñíscola: un siglo de Europa (1975) e Doctor Irurita: del consenso al crimen, 1876-1936 (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encefalopatía aguda, con infiltración graxa do fígado e doutros órganos. A súa causa é descoñecida, aínda que adoita presentarse tras un cadro vírico agudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Doutor en Ciencias Naturais e Exactas, en Madrid foi catedrático de fitografía e xeografía botánica e director do Xardín Botánico. Publicou numerosas obras, entre as que destacan Las carófitas en España (1901) e un estudo sobre Las estepas de España y su vegetación (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en neurocirurxía e neuroloxía. Catedrático de Neurocirurxía (1981) e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela (1992) e director do Instituto Universitario de Ciencias Neurolóxicas Pedro Barrié de la Maza (1982), foi pioneiro da neurocirurxía en Galicia. Foi xefe e fundador do servizo de neurocirurxía do Hospital Clínico Universitario (1955) e o primeiro director da Escola Universitaria de Enfermaría (1978). Publicou numerosos artigos e estudos, entre os que destaca Estudio de las indicaciones en neurocirugía de la vía trans-esfenoidal (1972), e dirixiu o Dicionario Galego de Termos Médicos (2002). Académico correspondente da Real Academia Nacional de Medicina de España, desde 1992 preside a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. Membro de honra da Sociedad Gallega de Neurocirugía e da Sociedade Galega de Neuroloxía, recibiu, entre outros galardóns,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor mexicano. A súa obra ofrece todos os xéneros, aínda que destacou no ensaio con Cuestiones gongorinas (1927) e Homilía por la cultura (1938). Iniciouse como poeta en 1906 e do parnasianismo pasou a un simbolismo que alternou con formas vangardistas, negroides e populares. Cultivou temas e estilos variados. Destaca a escolma da súa obra poética, Constancia poética, incluída nas súas Obras completas (1955-2001). Director da Academia Mexicana de la Lengua (1957), obtivo o Premio Nacional de Literatura (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso dominicano. De orixe galega, tomou hábitos no convento de San Domingos da Coruña e foi colexial da colexio vallisoletano de San Gregorio. Lector en Artes e Filosofía e en Teoloxía nos conventos de Toro e Toledo, e catedrático auxiliar na Universidad de Valladolid, foi prior do convento de Cuenca e predicador xeral da súa orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PENÍNSULAS

    Península da costa SO de Islandia, que cerra polo S a baía de Faxaflói (1.982 km2; 78.416 h [estim 1999]). Ten numerosos cráteres volcánicos. Constitúe un distrito administrativo de Islandia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital e distrito de Islandia situada na costa SO da illa, na beira da ampla baía de Faxaflói, cerca da península de Reykjanes (113.848 h [2004]). Érguese nunha das zonas volcánicas da illa, o que orixinou a presenza de numerosas solfataras e fontes de auga quente. Fundada cara a 870 polo primeiro colonizador de Islandia, o vikingo Ingolfur Arnarson, era pouco máis ca unha vila de pescadores, ata que no s XVIII medrou notablemente grazas á pesca e ao comercio entre Europa e América. O parlamento local fixo dela a súa sede en 1874, e en 1918 foi a capital de Islandia autónoma, ata que en 1944 se converteu en capital da república.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. De formación autodidacta, home culto e europeizante, no estilo foi un esteta dentro de correntes modernistas, e na temática, un realista de tendencias naturalistas e psicolóxicas. Ideoloxicamente seguiu a Schopenhauer e Nietzsche. Da súa obra destacan Primitivo (1896), El embrujo de Sevilla (1921), El gaucho Florido (1932), El ideal nuevo (1903), La muerte del cisne (1910), Diálogos olímpicos (1918-1919), Incitaciones (1936) e Ego sum (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Activo en Betanzos, foi un dos primeiros pintores barrocos de Galicia. Cara a 1650 pintou o retablo de Santo Antón de Padua no santuario da Nosa Señora do Camiño de Tiobre e o retablo maior da capela da Madanela de Betanzos. Nestas obras amosou unha concepción pictórica sinxela, co emprego de fondos escuros, unha gama cromática pobre de tons escuros e pardos, onde domina o debuxo sobre a cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista polaco. A súa obra principal, traducida a diversas linguas, é Chlopi (Os labregos, 1904-1909). Ziemia obiecana (Terra prometida, 1899), unha visión crítica da industrialización, foi levada ao cinema por A. Wajda en 1974. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1924.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Foi ministro de Facenda (1930, 1938-1940 e 1948), de Colonias (1931-1932) e de Xustiza (1932). Nomeado primeiro ministro (1940), foi detido polo goberno de Vichy e deportado polos alemáns (1942-1945). Rematada a Segunda Guerra Mundial ocupou a vicepresidencia no goberno de Joseph Laniel (1953-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político irlandés. Ao comezo da década de 1960 incorporouse á política co Fianna Fáil. Exerceu en diversos ministerios entre 1979 e 1992 e foi primeiro ministro da República de Irlanda (1992-1994). Durante o seu goberno promoveu a lei do aborto e foi un elemento clave para o cesamento do fogo do IRA (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. En Italia (1750-1752) buscou o estilo dos pintores boloñeses e romanos dos ss XVI e XVII e recibiu a influencia da obra de Miguel Anxo. En Flandres e Holanda (1781) foi influído pola pintura do s XVII, especialmente pola de P. P. Rubens (Lord Heathfield, 1787). Destacou como retratista e foi pintor do rei e o primeiro presidente da Royal Academy of Arts (1768), polo que recibiu o tratamento de sir. Das súas obras destacan os retratos Nelly O’Brien (1763), Dr. Johnson (1772) e Francis George Hare Infant (1788). Os seus Discours, pronunciados na Royal Academy of Arts (1769-1790), foron publicados en 1796.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente sen dimensións, establecido en 1883 por Osborne Reynolds, empregado en dinámica de fluídos, que caracteriza o desprazamento destes por unha condución e expresa a relación entre a forza de inercia e a de viscosidade. Vén dado pola relación Re = Dvñ/ì, onde D é o diámetro interior da condución, v a velocidade de desprazamento, ñ a densidade e ì a viscosidade.

    VER O DETALLE DO TERMO