"Rif" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 250.
-
-
Conxunto de palabras que se usan para expresar unha idea que se podería transmitir en poucas palabras ou nunha soa.
-
-
Expresión composta dun concepto que non adoita ter unha correspondencia, nunha soa palabra, no sistema da lingua.
-
perífrase verbal
Unidade verbal constituída por un verbo en forma persoal -verbo auxiliar-, que é o portador dos morfemas modo temporais e número persoais, e outro en forma non persoal (xeralmente infinitivo, xerundio e participio), -verbo auxiliado-. O verbo auxiliar, que pode ser pronominal, precede polo regular ao auxiliado e vai unido a el directamente ou por algún elemento de relación (en xeral algunha preposición ou as conxuncións e ou que). Desde o punto de vista funcional e semántico a perífrase é unha unidade, cun único predicado e un único significado léxico que vai determinado polos morfemas gramaticais do verbo que cumpran en cada caso, incluídos os perifrásticos. En consecuencia, o auxiliado non pode nin eliminarse nin substituírse sen alterar substancialmente o contido da oración; pola contra, o cambio ou eliminación do auxiliar só provoca unha alteración no significado gramatical de modo, tempo, aspecto ou voz do verbo principal. Por outra parte, o verbo que en principio...
-
-
Figura retórica que expresa o contido dunha palabra mediante outras, para evitar o uso daquela cunha finalidade embelecedora ou eufemística.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á perífrase.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de petrificar ou petrificarse.
-
-
de petrificar ou petrificarse.
-
Que se converteu en pedra.
-
Que non pode facer ou dicir nada a causa de algo inesperado ou do medo.
-
-
-
Converter unha substancia orgánica en pedra ou nunha substancia de consistencia pétrea.
-
Deixar a alguén paralizado a causa de algo inesperado, un susto ou unha acción violenta. OBS: ;Tamén se emprega co mesmo significado a expresión deixar petrificado.
-
Converterse unha substancia orgánica en pedra ou nunha substancia de consistencia pétrea.
-
Quedar alguén paralizado a causa de algo inesperado, un susto ou unha acción violenta. OBS: ;Tamén se emprega co mesmo significado a expresión quedar petrificado.
-
-
-
Que ten forma de pera.
-
Músculo piramidal da pelve.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito múltiple constituído por dous ou máis folículos, orixinado a partir dun xineceo apocárpico. É frecuente na familia das ranunculáceas.
-
-
Relativo ou pertencente aos polipteriformes.
-
Peixe da orde dos polipteriformes.
-
Orde de peixes da subclase dos actinopterixios, que comprende especies de auga doce coas aletas peitorais lobuladas e a caudal heterocerca. Só comprende a familia dos poliptéridos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos poríferos.
-
Animal do filo dos poríferos.
-
Filo de animais parazoos pluricelulares, acuáticos e xeralmente mariños, de simetría radial ou ben asimétricos, e sen órganos diferenciados. A cavidade interna está recuberta por coanocitos e comunícase co exterior mediante unha serie de poros a través dos que penetra a corrente de auga, que é expulsada polo ósculo. Posúen un esqueleto interno formado por espículas calcarias ou silícicas e fibras de esponxina. Distínguense tres tipos fundamentais de organización: ascón, sicón e leucón. A superficie externa está constituída por pinacocitos, e a mesoglea inclúe amebocitos, escleroblastos e arqueocitos. Son animais bentónicos e coloniais, que habitan en todos os mares e nunha gran parte das augas continentais, en todo tipo de fondos e desde a superficie da auga ata grandes profundidades. Algunhas especies son colonizadas por algas, hidroideos, anélidos, crustáceos ou moluscos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos procelariformes.
-
Ave da orde dos procelariformes.
-
Orde de aves palmípedes e peláxicas, de 13 a 130 cm, que teñen as aberturas nasais en forma de dous tubos na base da mandíbula superior. Pertencen a esta orde os albatros e as pardelas.
-
-
-
Acción e efecto de purificar ou purificarse.
-
-
Conxunto de accións, ritos e cerimonias que establecen ou restablecen unha persoa ou un grupo social na condición física, cultural e espiritual que un determina de acordo coas tradicións relixiosas, válidas nun ámbito socio-cultural concreto. Ademais do pecado, hai numerosas impurezas que necesitan estes ritos. Como medio de purificación, á parte dos diversos ritos expiatorios, hai que considerar o lume. A proba e a purificación do home no xuízo final producirase, segundo san Paulo, a través do lume, mentres que Xoán Bautista fala do bautismo de lume que leva Xesús ao mundo. A auga é un dos medios de purificación máis importantes en todas as culturas, e o baño un dos ritos máis correntes, así como o seu substituto, a aspersión.
-
Acto de limpar co purificador, na liturxia romana, algúns obxectos que estiveron en contacto co sagrado, como o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.
-
purificación de María
Rito realizado pola Virxe María corenta días despois do parto, tal e como prescribía a lei mosaica. A súa festa celébrase o 2 de febreiro.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que provén do latín purificatĭōnem, de purifico ‘purificar, expiar’, formado de purus ‘puro, limpo’ e facio ‘facer’. Presenta a variante Pura e os hipocorísticos Puriña, Puri e Purfica. Nas crónicas, como nome feminino, refírese á festa católica da Purificación de María. A festa xa se celebraba no s IV en Xerusalén, segundo conta Exeria. No s VI era festa importante no santuario da Blancherna en Constantinopla. En Occidente difundiuse desde o s VII para substituír unhas festas pagás en honor de Plutón. O uso das candeas naceu na procesión que en Xerusalén instituíu Ikelia, pero que non aparece en Occidente ata o s X. En 1960 Xoán XXIII mudou a denominación desta festa en Presentación de Cristo no Templo. A súa festividade celébrase o 2 de febreiro.
-
-
Que purifica.
-
Pano de liño que na misa serve para limpar os vasos sagrados despois das ablucións.
-
Lenzo que emprega o sacerdote para limpar os dedos.
-
Aparato que serven para depurar ou purificar, lavar ou filtrar, especialmente algún fluído.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que purifica.
-
-
Facer puro ou máis puro algo ou a alguén.
-
-
Realizar determinados actos rituais para facer a unha persoa ou cousa digna de entrar en contacto co sagrado.
-
Limpar co purificador o cáliz e a patena despois das ablucións na misa.
-
Cumprir certos ritos de purificación.
-
-
Extraer dunha parte ou dun líquido do corpo as cousas que lle son estrañas, para deixalos en estado de pureza.
-
Facerse máis puro.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos quimeriformes.
-
Peixe da orde dos quimeriformes.
-
Orde de condritios, con morros curtos e ollos ben desenvolvidos. Pertence a esta orde o peixe rato.
-
-
MONTAÑA
Cadea montañosa situada no NO de África que se estende en forma de arco desde o estreito de Xibraltar ata o val do río Mouloûya, bordeando a costa mediterránea de Marrocos. Non supera os 2.500 m de altura (Tidighine, 2.456 m). Habitada por tribos nómades e bérberes, foi dominada por Cartago (ss IV-III a C) e máis tarde por Roma. Invadírona os vándalos (s IV), despois pasou aos bizantinos, foi sometida polos árabes desde o s VI, e no s XV comezou a penetración portuguesa (1415) e castelá (toma de Melilla, 1497). Non tardou en quedar baixo dominio español, aínda que cunha oposición manifestada repetidamente. O conflito de 1909 coñécese como Guerra ou Campaña do Rif, ou Guerra de Melilla. En 1921 produciuse un grande alzamento que levou á Desfeita de Annual e en 1955, cando se creou o estado independente de Marrocos, incluíuse nel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título nobiliario concedido por Afonso XIII en 1926 como Monte Malmusí, a José Sanjurjo Sacanell (Iruña 1872-Estoril 1936). Herdou o título o seu fillo José Sanjurjo Prieto , II marqués de Rif. Trae por armas as dos Sanjurjo: en campo de prata, a banda de sable engolada en dragantes de sinople, lampasados de goles. Ao timbre, coroa marquesal.
-
-
-
Acción de rifar algo.
-
Xogo que consiste en sortear algo.
-
Cada un dos boletos numerados que entran nun sorteo.
-
-
-
Acción de rifar ou discutir dúas ou máis persoas.
-
Reprimenda dirixida a alguén levantando a voz.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de antibióticos que se obteñen de Streptomyces mediterranei. As rifamicinas A, B, C, D e E son naturais e as O, S e SV son derivados semisintéticos da rifamicina B.