"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización mariñeira de carácter parroquial fundada o 11 de marzo de 1900 en Cangas do Morrazo. Foi unha das primeiras asociacións dos traballadores do mar aparecidas no Morrazo. A súa fundación está relacionada co nacemento das primeiras sociedades de resistencia na pesca (1895-1910), caracterizadas por ser organizacións que englobaban mariñeiros e pequenos armadores, co obxectivo de paliar a situación de indefensión na que se atopaba o sector.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de mariñeiros fundada en 1900 en Bueu. Nas súas directivas participaron destacados membros do republicanismo local. O seu regulamento, con data do 19 de xaneiro de 1900, estipulaba a organización de toda a clase traballadora do mar nunha asociación que defendese os seus intereses, tanto entre os seus asociados como na representación do sector diante das autoridades gobernativas. En 1904, esta asociación mariñeira interveu no conflito que enfrontou a mariñeiros, que reclamaban un aumento dos quiñóns que cobraban por ir á parte, e armadores locais. A organización de Bueu, apareceu nos primeiros momentos de estruturación mariñeira en sociedades de resistencia (1895-1910), nun momento de total indefensión do sector ante as autoridades gobernativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización mariñeira fundada en 1924 en Viveiro como consecuencia da crecente importancia da industria pesqueiro-conserveira na localidade. En Viveiro non existía ningunha organización mariñeira, e os elementos conservadores locais alentaron e organizaron esta sociedade para cubrir o baleiro deixado polo sindicalismo obreiro, tentando impedir a súa introdución neste porto, nunha etapa de grande espallamento do sindicalismo obreiro de clase (1910-1930). O obxectivo principal desta organización mariñeira era a beneficencia entre os asociados e a resolución cooperativa dos problemas do sector.
-
-
Marca rexistrada coa que se comercializou dende o ano 1898 o ácido acetilsalicílico.
-
Calquera analxésico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
María Serrano Muro.
-
PERSOEIRO
Historiador e literato. Foi cronista da casa de Savoia. É autor de Delle rivoluzioni della Catalogna (1644), crónica moi ben documentada do Corpus de Sangue.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de astrinxente.
-
Forza coa que os adobos, de calquera natureza, reaccionan coa pel. A astrinxencia determina a velocidade de fixación e a cantidade de adobo fixado sobre as peles. Un dos factores que máis inflúen na reactividade do coláxeno cos adobos é o pH; así, nos taninos vexetais, a astrinxencia é máis elevada en valores baixos de pH, mentres que a maior parte dos adobos minerais son máis astrinxentes a valores altos de pH. A temperatura determina en todos os casos un aumento de astrinxencia.
-
-
-
Que astrinxe os tecidos orgánicos.
-
Nome xenérico dos produtos químicos de natureza orgánica e inorgánica que teñen a propiedade de contraer as capas superficiais da pel, coagulando as proteínas e dándolle ao mesmo tempo un medio protector superficial, como desinfectantes, para eliminar os microorganismos por coagulación das súas proteínas. Os sales de aluminio, de ferro, cromo, chumbo, mercurio, zinc e circonio, e o xofre, son astrinxentes de orixe mineral. Tamén son astrinxentes a tintura de benxuí, a infusión de ratania, os taninos, a resorcina e outros de orixe vexetal. O alcohol ao 40-60% produce unha suave astrinxencia. En cosmética, os astrinxentes forman parte da formulación de dentífricos, desodorizantes, po para diminuír a cor avermellada da cara, locións para cerrar os poros da pel, locións contra a acne, locións capilares tónicas, locións contra a caspa e produtos para despois do afeitado. En Medicina, empréganse como antiinflamatorios, aínda que moitos, en concentracións elevadas, actúan como cateréticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir desecación e contracción dos tecidos orgánicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título dos fillos primoxénitos e herdeiros dos reis de España. Foi fundado por Xoán II en 1388 cun morgado para os fillos lexítimos e primoxénitos dos reis de Castela e León.
-
-
Peixe da familia dos aterínidos.
-
Familia de peixes da orde dos ateriniformes á que pertence o piardo.
-
-
-
Que pertence á familia dos ateriniformes.
-
Peixe da orde dos ateriniformes.
-
Orde de peixes ao que pertence a familia dos aterínidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos aterínidos ao que pertence o piardo.
-
-
Acción e efecto de atrincheirar ou de atrincheirarse.
-
-
Estrutura de trincheiras para a defensa dunha posición militar.
-
Toda obra defensiva, permanente ou de campaña.
-
-
-
-
Defender un terreo con trincheiras, parapetos ou barricadas fronte a un ataque inimigo.
-
Poñerse a cuberto do inimigo en trincheiras.
-
Colocarse, normalmente, nun lugar de difícil acceso.
-
Tomar unha resolución e perseverar nela para manter unha actitude malia os posibles atrancos ou defenderse contra acusacións, reproches, instancias ou pretensións.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de berilo que cristaliza en drusa, transparente e de cor azul verdosa. Utilízase en xoiería.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial románica dos ss XII-XIII situada no concello de Allariz. Foi construída polos regulares da Orde de Santo Agostiño co fin de gardar os restos de santa Mariña, filla dun gobernador romano da Limia. Trátase dun sinxelo edificio de tres naves, que cristianiza unha construción antiga (o forno da Santa Mariña), que rematan noutras tantas ábsidas semicirculares. O proxecto inicial da igrexa incluía unha cuberta de bóvedas cuadripartitas na nave central que non se chegaron a construír; a variación entre o proxecto inicial e o deseño actual foi posible debido a que a cabeceira se construíu, xunto cos muros perimetrais, antes ca o interior. Os arcos de acceso ás ábsidas son semicirculares, dobrados, cunha lixeirísima tendencia a apuntarse e de sección rectangular, apoiándose en columnas encaixadas mediante capiteis estilizados e no propio muro. Enriba do arco triunfal de cada capela ábrese un rosetón. Tanto os arcos forneiros como os feixóns son apuntados, dobrados e de sección...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro afeccionado creado en Moaña por Pedro Pablo Riobó Sanluís. En 1983 estreou Dos arquivos do trasno, espectáculo creado a partir de textos de Rafael Dieste. Dende aquela, leva realizado máis dunha ducia de espectáculos, representados por toda a provincia de Pontevedra; entre eles, destacan A gata sobre o tellado de zinc quente (1994), a partir do texto homónimo de Tennessee Williams e Nai coraxe e os seus fillos (1996), sobre a peza de Bertold Brecht. Amais do labor de dinamización sociocultural que a súa actividade leva aparellada, este colectivo ten contribuído á creación de públicos, á formación de espectadores e á promoción de novos actores como Marcos Vieitez ou Salvador del Río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colorante amarelo do grupo do trifenilmetano. Emprégase como indicador en alcalimetría e cambia de cor entre pH 6,8 (amarelo) e 8,2 (vermello).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Auriñacense.