"Roman" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 201.
-
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Europa situado entre Bulgaria ao S, o Mar Negro, Ucraína e Moldavia ao L, Ucraína ao N, e Hungría e Serbia e Montenegro ao O (238.391 km2; 21.680.974h [2000]). A súa capital é Bucarest.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Romanía é o país dos Cárpatos, que a atravesan formando un gran S que culmina no Negoiu a 2.544 m de altitude. Distínguense tres grandes unidades: a montaña carpática, os altiplanos e as chairas. Os Cárpatos están formados por un gran núcleo central cristalino cuberto por formacións volcánicas e sedimentarias de flysch, que estivo intensamente afectado polos movementos tectónicos, polo que presenta numerosas depresións e concas. A zona de altiplanos atópase a ambas as dúas vertentes da cordilleira. Na vertente interna está o altiplano de Transilvania, que ocupa o centro do país e está formado por unha serie de niveis de aplanamento e por unha cubeta sedimentaria que os afluentes do Tisza... -
-
Relativo ou pertencente ao románico.
-
Aplícase á arte desenvolvida no Occidente cristián, que se practicou durante os ss XI e XII e na maioría dos países tamén durante o XIII. Apareceu despois da sedimentación das nacionalidades xurdidas da descomposición do Imperio Carolinxio, durante o longo proceso que conformou as súas características, co revivir das tradicións culturais arraigadas na antiga proxección do Imperio Romano. Estivo precedido por un extenso período de búsqueda de formas e estruturas inspiradas a través dos monumentos que quedaban e da persistencia de manifestacións locais de antes do ano 1000, aparecidas a partir das influencias derivadas do norte de Italia que penetraran nas maneiras construtivas dos períodos carolinxios e odónidas. Esas influencias incorporaran modalidades orientais asimiladas polos mestres lombardos, que as difundiron desde comezos do s XI, con penetracións a través dos Alpes cara ás rexións do Rin e coa extensión aos diversos sectores da cultura mediterránea por Occidente. Considérase o...
-
-
Que deriva do latín.
-
linguas románicas
Linguas que derivan do latín falado, ou vulgar, non do latín clásico ou culto. Mostran esta orixe tanto no léxico coma na estrutura morfosintáctica. Estas linguas, tamén denominadas neolatinas, teñen o latín como base e punto de partida, pero, ao longo dos séculos, recibiron as influencias de diferentes factores: o substrato (ibérico en Hispania, celta na Galia, etrusco na Toscana), o superestrato (arábigo nas linguas iberorrománicas, eslavo no romanés, xermánico no francés), etc. A expresión lingua románica é a tradución literal do termo Romanam linguam, que figura nos textos do concilio de Tours (813) e no de Maguncia (847), en que se recomenda aos presbíteros que prediquen en lingua románica co fin de ser comprendidos polos fieis; a expresión designa pois a lingua falada, en oposición á lingua escrita que seguía a ser o latín. O texto románico máis antigo, documentado na Romania arredor do s IX, é posiblemente a adiviña Indovinello Veronese, que se...
-
lingüística románica
romanística.
-
-
-
-
Conxunto das terras e os homes que formaron parte do Imperio Romano.
-
Carácter ou espírito propio dos pobos de lingua e cultura latinas.
-
Espírito propio da Igrexa Católica, das súas normas ou da súa liturxia, fronte aos usos das igrexas particulares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Girolamo da Romani.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas, leis ou valores que proveñen da cidade de Roma.
-
-
Relativo ou pertencente ao romanismo.
-
Especialista en dereito romano.
-
Especialista nas linguas e nas literaturas románicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as linguas e as literaturas románicas. Foi fundada por Friedrich Christian Diez, autor da Grammatik der romanischen Sprachen (Gramática das linguas románicas, vol I, 1836; II, 1838; III, 1843); do Etymologisches Wörterbuch der romanischen Sprachen (Dicionario etimolóxico das linguas románicas, 1853), primeiro dicionario etimolóxico de toda a área románica en que aspiraba a reflectir os aspectos unitarios do léxico románico; do Altromanische Glossar (Glosario do románico antigo, 1865); e do Romanische Wortschöpfung (A creación léxica románica, 1875), en que propón reorganizar o vocabulario fundamental das linguas románicas en clases conceptuais, polo que constitúe o primeiro exemplo de investigación onomasiolóxica no terreo románico. Ao comezo do s XX diversos movementos abriron novas perspectivas nos estudos románicos. A dialectoloxía segue novos camiños coa escola da cultura material de Wörter und Sachen (‘palabras e cousas’) (Meringer, Meyer-Lübke)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos romanistas ou á romanística.
-
-
Acción e efecto de romanizar ou romanizarse.
-
Proceso histórico de implantación da organización e da cultura de Roma en todo o Imperio Romano. A unidade política foi seguida da unidade cultural, facilitada polo uso do latín. Só Oriente, provisto dunha cultura superior e helenística, mantivo a lingua e a civilización gregas e alí o proceso foi menos intenso. A verdadeira romanización caracterizouse pola latinización e foi propia de Occidente no Mediterráneo. A pesar dun certo bilingüismo, o latín foi a lingua oficial nas provincias occidentais, imposta pola administración, a escola, a xustiza, o exército e o comercio. En moitos lugares, porén, debeu ser a penetración cristiá a que finalizou o proceso de latinización. Deste xeito, a literatura latina deixou de ser axiña unha creación exclusiva de Roma e de Italia. Pero, máis que a literatura escrita, foi o repertorio teatral o procedemento que tivo unha influencia superior na educación das masas. Tamén cumpriron funcións específicas neste proceso a concesión do dereito de cidadanía,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen romaniza.
-
-
-
Difundir a civilización, as leis, os costumes e a lingua romana, especialmente con relación á expansión da antiga Roma.
-
Impor a Igrexa Romana os seus usos, costumes ou ritos a outras igrexas non latinas.
-
-
Adoptar os usos, a lingua ou os costumes dos romanos.
-
-
PERSOEIRO
Papa (897). O seu pontificado só durou uns meses e pénsase que preparou a rehabilitación do Papa Formoso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Roma ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Roma.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo romano.
-
Individuo do pobo romano.
-
Pobo de raza indoeuropea que habitaba a cidade de Roma. De procedencia incerta, os testemuños arqueolóxicos proban que, xa desde o s X ao VII a C, sobre os outeiros romanos, se foron formando unhas comunidades que, co tempo, obtiveron unha certa unidade política e participaron das leis do pobo latino. Sábese que, de entre todas as comunidades, Alba exerceu a supremacía ata que foi derrotada por Roma, que pasou a ostentar a hexemonía da Liga Latina. Séculos máis tarde, cando a urbe se converteu en imperio, convertéronse en romanos os habitantes de Roma e tamén todos os habitantes das terras que esta conquistou.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos territorios do Imperio Romano ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante dos territorios do Imperio Romano.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Escultor e medalleiro. Activo en Lombardia, as súas obras mostran a incorporación ás tendencias do Renacemento. Realizou a Arca di Gian Galeazzo Visconti (1463-1497), relevos para unha porta do Palazzo Ducale de Mantua e diversas medallas (Xulio II, Isabel de Aragón).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia romana que se inicia despois das guerras civís e dos triunviratos. Foi unha fórmula de goberno concibida por Caio Xulio César, e inaugurouna Octavio Augusto. A institución descansa sobre dous feitos: a concentración das dignidades e dos poderes republicanos, políticos e relixiosos nas mans dun só home, e a creación de novos órganos da administración dimanados só del. Adóitase dividir en dous grandes períodos: o principado ou Alto Imperio, respectuoso, ata certo punto, coas institucións republicanas; e o dominado ou Baixo Imperio, de carácter militarista e absolutista, a partir de Diocleciano. O s III que os separa foi un século de transición. O primeiro período comeza coa etapa dos doce césares (27 a C-96 d C), que pertencen, agás dun período de crise, a dúas dinastías, a xulio-claudia (27 a C-68 d C) e a flavia (69-96). Augusto (27 a C-14 d C), restaurador da relixión e creador dunha sociedade xerarquizada e dun novo exército, esforzouse, en primeiro lugar, en asegurar...
-
-
Aplícase a calquera feito lingüístico, histórico, artístico e cultural determinado polo encontro das civilizacións bárbaras coa civilización romana e cristiá.
-
Leis romanas, recollidas polos bárbaros no s VI, para o uso das poboacións subxugadas nos estados fundados polos pobos xermánicos en terras do Occidente romano.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao Sacro Imperio Romano-Xermánico.
-
Nome co que se coñece o soberano do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O seu título oficial era o de emperador dos Romanos (ou emperador romano). O título de emperador romano empregábase despois da coroación como tal feita polo papa. Antes recibía o título de rei de Romanos.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Romaña, aos seus habitantes ou á súa variedade lingüística.
-
Natural ou habitante de Romaña.
-
ariedade lingüística galoitálica que, xunto co emiliano, forma o emiliano-romañolo, que se estende pola rexión de Emilia e Romaña. Ademais dos trazos propios das variedades galoitálicas, destacan o paso de A > ä (säl ‘sal’), o enmudecemento de certas vogais (sbdal ‘hospital’; ital ospedale), ditongacións particulares (fiaur ‘flor’) con reducións (des, dis ‘deus’), ou a metafonía (quest, quist).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Álvaro de Figueroa y Torres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia que deu nome a unha dinastía que reinou en Rusia desde 1613 ata a Revolución Rusa en 1917. O xefe da liñaxe foi Andrej Ivanovič Kobyla ou Kambila, un boiardo moscovita do reinado do gran príncipe Iván I de Moscova (1304?-1341). O seu bisneto Zakharija foi avó de Roman Jurevič (?-1543), e os descendentes deste apelidáronse Romanov. A filla de Roman, Anastasia Romanov (?-1560), foi a primeira muller do Tsar Iván IV de Rusia e irmá de Nikita Romanov (?-1585), que foi presidente do Consello de Rexencia do Tsar Teodoro I. En 1613 o seu neto Mikhail F’odorovic Romanov foi elixido tsar co nome de Miguel III de Rusia. Este foi sucedido polo seu fillo Aleixo I de Rusia , e este polo seu fillo Teodoro II de Rusia , cuxa morte provocou as disputas do trono dos seus fillos, Iván e Pedro. Unha asemblea nacional, o Zemskij sobor, elixiu a Pedro I de Rusia como novo tsar, pero...