"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

  • Converter en farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esfécidos.

    2. Insecto da familia dos esfécidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que na fase adulta se presentan como avespas de entre 20 a 50 mm de lonxitude. Posúe unha cabeza relativamente grande, antenas longas e delgadas, coas mandíbulas aptas para cortar e agarrar as presas, e o resto das pezas bucais adaptadas para zugar, o tórax groso, as alas transparentes, e o abdome coloreado, longo, delgado e apuntado no extremo, onde se sitúa o aguillón. Na fase adulta aliméntanse de néctar. As femias capturan invertebrados, como arañas e eirugas, que inmobilizan mediante unha picadura velenosa nun centro nervioso e transportan a un niño construído con anterioridade. Logo depositan no interior do niño un ovo do que sairá unha eiruga que se alimentará do corpo inmóbil da presa. Unha vez completado o desenvolvemento larvario, realiza a metamorfose no interior do niño. Na Península Ibérica existen unhas 500 especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de titanio e calcio, de fórmula CaTiSiO5. Cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais teñen frecuentemente forma de cuña, con caras ben desenvolvidas, pero tamén se presentan en gránulos ou masas. Presenta maclas de penetración. Ten unha dureza 6 e unha densidade 3,5. É de cor normalmente marrón, ás veces amarela, verde ou gris. Tamén recibe o nome de titanita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dar a primeira arada á terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos esfeníscidos.

    2. Ave da familia dos esfeníscidos.

    3. Familia de aves representada por 6 xéneros e 18 especies. Reciben a denominación popular de pingüíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao esfenoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de cuña.

    2. Óso impar, central e simétrico, de forma irregular, no que destacan dous pares de apéndices laterais, chamados alas maiores e alas menores, que emerxen dun corpo central. Está situado na parte media e inferior do cranio, entre o frontal, o etmoide e o occipital.

    3. Forma cristalina fundamental constituída por un diedro, no que as caras son simétricas con respecto a un eixe binario de simetría bisector e normal na aresta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao esfenoide e ao palatino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espacio limitado por unha superficie esférica e que contén o centro desta; é dicir, o sólido interior á superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o radio. O volume da esfera é V=4/3πr3, onde r é o radio da superficie esférica.

      1. Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.

      2. esfera celeste

        Esfera imaxinaria, concéntrica co globo terráqueo, na superficie da que se representan os astros, os seus movementos e tamén os diferentes círculos astronómicos (ecuador, eclíptica, etc).

      3. esfera fotónica

        Rexión situada ao redor dun buraco negro que captura a luz que viaxa con ángulos determinados; confínase no interior polo límite estático.

      4. esfera terrestre

        Representación esférica a escala do globo terráqueo. A primeira coñecida é a de Crates (150 a C).

    2. Superficie sobre a que xiran as agullas do reloxo ou de calquera outro instrumento semellante.

    3. Espacio en que se exerce a acción, a influencia, o coñecemento, ou a actividade de alguén ou dalgunha cousa.

    4. Rango ou condición social dunha persoa ou dun grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de esférico.

    2. Tipo de aberración xeométrica que se produce cando a distancia focal dun dioptro non é constante para todos os seus puntos; os raios luminosos emerxentes forman unha superficie denominada cáustica. Para reducila convén que as desviacións dos raios se distribúan igualmente en toda a superficie do dioptro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á esfera.

    2. Que ten forma de esfera.

    3. Lugar xeométrico de todos os puntos do espacio equidistantes dun punto denominado centro. Pódese considerar que se xera pola revolución dun semicírculo arredor do diámetro que o limita. A ecuación da superficie esférica co centro na orixe é x2+y2+z2=r2, onde r é o radio da esfera, e a súa área, 4πr2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á lente que ten unha cara esférica e outra cilíndrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fosfato de aluminio hidratado que se presenta en concrecións globulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula globosa do talo das rodofíceas rica en bromo e iodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma patoxénica dos eritrocitos, que adquire unha forma esférica, moi abundante no sangue dos afectados pola esferocitose hereditaria, a drepanocitose e as anemias hemolíticas autoinmunes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trastorno en que os eritrocitos adquiren forma de esferocito.

    2. Enfermidade hereditaria, de carácter dominante, que acostuma manifestarse na infancia, aínda que tamén pode aparecer en idades máis avanzadas, e que se caracteriza por unha anemia hemolítica con itericia e esplenomegalia. A causa é un trastorno da membrana dos eritrocitos, que os converten en esféricos e máis pequenos. Tamén se coñece como enfermidade de Minkowski-Chauffard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de esferoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo de forma semellante á esfera.

    2. Superficie determinada por unha elipse que xira ao redor do seu eixe menor. Tamén se coñece como elipsoide achatado.

    3. Superficie determinada por unha elipse que xira ao redor do seu eixe maior. Tamén se coñece como elipsoide alongado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento usado para medir a curvatura dunha superficie esférica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bacteria ou lévedo que perdeu parcialmente a parede celular e que pasou a ser esférico debido aos cambios na permeabilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO