"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • GALICIA

    Avogado e político republicano, fillo de Santiago Casares Paz. Estudiou no Colexio Dequidt e no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña. Iniciou a carreira de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou na Universidad Central de Madrid, onde defendeu unha tese sobre Ramón de la Sagra, socialista utópico galego. Durante a súa etapa universitaria militou no Partido Republicano Autónomo da Coruña, defensor dun republicanismo de esquerdas e promotor dos dereitos democráticos nun estado laico. No ano 1911 volveu á Coruña, onde comezou a desenvolver a súa carreira como avogado especializado na defensa de pequenos casos de obreiros e líderes sindicais locais que lle deron notoriedade popular. Tralas eleccións municipais de 1911 e ata 1920 resultou elixido concelleiro e ocupou o cargo de sexto tenente de alcalde do concello; no exercicio dese mandato aprendeu a arte de facer política da man dos activos republicanos coruñeses. No transcurso desa década comprometeuse no proxecto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Químico. Doutorouse en Farmacia no Colexio de Farmacia de San Fernando no 1832; en Filosofía, en Santiago de Compostela e, na década de 1870, en Medicina. Foi reitor da Universidade de Santiago de Compostela dende 1872. Interesado na aplicación práctica da química, prestoulle atención á nutrición e a diversas análises químicas, entre as que destacan as dedicadas ás augas minerais. En 1847 colaborou cos cirurxiáns González de Olivares e Guarnerio na primeira aplicación en España da anestesia con éter e cloroformo. Publicou diversos libros de texto, primeiro traducións como a de Eugène Soubeiran sobre farmacia ou o libro de química de Berzelius, e logo, libros propios como o Manual de Química General. Á súa morte mereceu unha sesión necrolóxica na Académie des Sciences de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo, crítico e avogado. Exerceu diversos cargos diplomáticos ata ser delegado de España na Sociedade de Nacións en 1921. En 1919 ingresou na Academia Española e, dende 1936, foi o seu secretario perpetuo. En 1942 publicou o primeiro Dicionario ideológico de la lengua española no que ordena o vocabulario por analoxías de significación, segundo a tendencia da lexicografía moderna. Tamén lle corresponde a el a iniciativa do Dicionario histórico de la lengua española. Publicou ademais, entre outras obras, Crítica profana (1915), Crítica efímera (1918), Nuevo concepto del dicionario de la lengua y otros problemas de lexicografía y gramática (1941), Introdución a la lexicografía moderna (1950) e Cosas del lenguaje. Etimología. Lexicología. Gramática (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da xávega ou da rede de arrastre, en forma de corredor, por onde pasa o peixe para chegar ao preseiro.

    2. Pano que posúe unha malla de corenta e nove brazas que forma parte do boliche.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antigo imposto destinado a gravar as terras que tiña unha persoa en propiedade.

    2. Agrupamento pequeno de casas que forman un grupo separado ou diferenciado fronte ás do lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Las Yeguas, afluente do Genil (5.132 h [1996]). A agricultura mediterránea (cereais, oliveiras, leguminosas) e a industria de derivados (fariña e aceite) son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pequeno agrupamento de casas no campo ou separadas do centro dunha poboación que constitúen un núcleo diferenciado.

    2. Casa de campo coas súas dependencias e terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico italiano. Ordenado sacerdote en 1937, durante o pontificado de Xoán XXIII realizou misións diplomáticas nos antigos países socialistas da Europa do Leste. Nomeado por Paulo VI secretario da Congregación para os Asuntos Extraordinarios en 1967, converteuse nun partidario decidido da Ostpolitik vaticana. Xoán Paulo II nomeouno secretario de estado e prefecto do Consello para os Asuntos Públicos da Igrexa. Foi ordenado cardeal en 1979. En 1990 cesou no primeiro destes cargos e substituíuno Angelo Sodano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anta situada no outeiro dos Curros, na parroquia de Lampón (Boiro). Carece de mámoa e a cámara é de planta poligonal. Conserva sete chantas, todas elas imbricadas (unha delas está desprazada), e a tampa, que está caída e apoiada lateralmente. Do corredor, que está orientado cara ao leste, permanecen dúas laxes e a tampa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira setentrional da ría de Muros e Noia, situada no L da enseada de Esteiro, no litoral da parroquia de Esteiro, concello de Muros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado na conca de Guadarrama (2.506 h [1996]). A agricultura (cereais, legumes, vide e oliveiras) e a gandería (lanar, bovina) son as principais actividades económicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xogador e adestrador de fútbol. Comezou a xogar como defensa no Atlético Pontevedrés, de onde pasou ao Real Fortuna de Vigo. En agosto de 1923 converteuse en xogador do Real Club Celta de Vigo, debido á fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting. Co equipo céltico, Pasarín acadou a condición de xogador internacional e representou a España nos Xogos Olímpicos de París 1924. A súa etapa como xogador céltico concluíu trala primeira tempada da Liga española (1928-1929), despois de que o club vigués renunciase a participar na competición da campaña seguinte. Por esta razón, Pasarín só chegou a disputar, como céltico, 10 dos 18 partidos da primeira Liga, e rematou a súa carreira profesional en 1935 no Valencia CF. Adestrou, entre outros equipos, o Celta, o Granada, o Málaga, o Plus Ultra de Madrid, o Oviedo, o Valencia e a selección española en dúas etapas (1946 e 1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médica. Doutora en Filosofía e Letras, licenciada en Medicina, na especialidade de Oftalmoloxía, e docente. En 1967 publicou a súa tese de doutoramento, La comarca natural de Viana del Bolo, e colaborou nos xornais La Voz de Galicia, La Región e El Ideal Gallego. Ademais, participou na elaboración de guións cinematográficos (Rosalía, Lembranzas e Saudades) e teatrais (El general Porlier e La última confesión de Carlos V). Publicou Vivencias de Galicia-Ideario (1968) e a serie Las grandes figuras de la historia antigua. Pertence á Real Sociedad Geográfica, á Real Academia de San Romualdo de Ciencias, Artes y Letras, á Real Academia Hispano-Americana de Cádiz e á Real Academia Gallega de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario. Recibiu, entre outros, o Premio Fernández Latorre (1966) polo artigo “Galicia tierra de contrastes”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político italiano. De ascendencia nobre, recibiu en Milán unha sólida formación humanista. Estivo ao servizo de Ludovico Il Moro, de Francesco Gonzaga, co que combateu contra os franceses no Garellano, de Guidubaldo da Montefeltro e de Francesco Maria della Rovere, en Urbino. Durante estes anos desempeñou múltiples cargos, como as súas embaixadas en Inglaterra, en Milán, ante o rei de Francia, e en Roma, onde tratou a Raffaello Sanzio. Foi nuncio do Papa Clemente VII na corte imperial de Madrid, onde gozou da estima de Carlos V. A súa obra mestra é Il Cortegiano (1528), un tratado en catro libros en forma de diálogo no que ofrece unha visión idealizada da sociedade aristocrática do Renacemento. Xunto con Machiavelli, contribuíu á creación do ideal humano renacentista que debía ter unha formación integral e conxugar o exercicio físico coa elegancia dos modais, a cultura literaria e a virtude. Compuxo, ademais, unha égloga titulada Tirsi, o prólogo á...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser causa de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da República dos Chuvaxos, Rusia, á beira do río Volga (451.170 h [1996]). É un núcleo industrial que posúe fábricas de maquinaria agrícola, electrónicas, téxtiles, alimentarias e de mobles.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer o censo ou o empadroamento das persoas ou propiedades dun lugar.

    2. Rexistrarse no censo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Interromperse, deixar de producirse algunha acción ou algún fenómeno.

      2. Deixar alguén de facer algo que se está realizando.

    1. Deixar de desempeñar un emprego ou un cargo. OBS: Normalmente o complemento con en elídese porque se sobreentende.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título distintivo dos emperadores romanos cuñado a partir de Augusto, derivado do sobrenome da gens Xulia. Desde Adrián levárono tamén os herdeiros ao trono. O sistema tetrárquico de Diocleciano estableceu que os emperadores recibisen o título de augusto, e reservou o de césar para os herdeiros dos emperadores. Posteriormente, descendeu á categoría dunha das dignidades superiores do Imperio. No Imperio romano-xermánico foi conferido polo emperador como título ao seu presunto sucesor.

    2. Xefe supremo de calquera imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO