"Trat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 223.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter profesional publicada na Coruña a partir de xaneiro de 1962 que cesou en xaneiro de 1978. Editada nos obradoiros de El Ideal Gallego cunha periodicidade cuadrimestral, foi dirixida por Ricardo Mora e Samuel Roberes. A publicación xurdiu coincidindo coa creación dunha nova sala na Audiencia Territorial da Coruña e ofreceu estudos lexislativos, ditames, bibliografía e xurisprudencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en 1697 na cidade neerlandesa de Rijswijk, que puxo fin aos enfrontamentos entre os países da Liga de Augsburgo e Luís XIV de Francia. Este, que quería asegurar a candidatura francesa na sucesión de Carlos II á coroa española, devolveu todas as conquistas feitas nos Países Baixos. Recoñeceu como rei de Inglaterra a Guillerme III, devolvéndose ambos as conquistas mutuas e restablecendo a liberdade de comercio e navegación entre os seus súbditos. Francia conservou as súas mellores adquisicións, recuperou a baía de Hudson e mantivo íntegro o seu imperio colonial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Roma o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, Luxemburgo, Italia, Países Baixos e a República Federal de Alemaña polo que se creou a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea de Enerxía Atómica. Os seus obxectivos eran a eliminación de barreiras comerciais entre os países membros, a coodinación das políticas agrarias, a adopción de políticas comerciais comúns e a libre competencia.
-
-
Relativo ou pertencente aos rostratúlidos.
-
Ave da familia dos rostratúlidos.
-
Familia de aves, da orde dos caradriformes, formada por especies cun bico de tamaño medio co ápice curvado cara a abaixo, e cuxos sexos presenta diferente plumaxe. Habitan en Asia, África, Australia e América do Sur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de Rijswijk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado por Fernando II de Galicia e León (1157-1188) e o seu irmán Sancho III de Castela en 1158. Nel, fixaron os lindes dos seus reinos e ditaron o compromiso de non negociación con Portugal sen o consentemento de ambos. Respecto ás posibles conquistas no sur musulmán, tamén deixaron feita a repartición das terras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo asinado en Salamanca en 1505 polo que Fernando II de Aragón o Católico, Filipe I o Fermoso e Xoana I a Tola se comprometeron a gobernar conxuntamente os reinos de Castela e León. Filipe e Xoana foron xurados reis polas cortes, e Fernando, gobernador a perpetuidade. As intrigas da nobreza castelá, favorecida por Filipe I e Maximiliano de Austria, conduciron á formación dun bando partidario dos Habsburgo, que quería desprazar ao monarca aragonés, que pactou con Luís XII de Francia (Tratado de Blois, 1505) e casou con Xermana de Foix. Para contrarrestar os efectos desta alianza, Filipe I acercouse ao Reino de Castela, que levou á sinatura deste tratado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratados asinados entre España e a República Francesa en 1796 e 1801. Polo primeiro, España entrou en guerra contra Inglaterra. Polo segundo, España entregou aos franceses Louisiana a cambio da Toscana. Estableceu, ademais, a cooperación militar de Carlos IV nas empresas napoleónicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 3 de marzo de 1878 na localidade de Sant Stefano, actual Yesilkoy, preto de Istambul, entre Rusia e Turquía e que puxo fin ás Guerras Ruso-turcas (1877-1878). Romanía, Serbia e Montenegro acadaron a soberanía propia e Bosnia-Herzegovina a autonomía. Paralelamente, Rusia organizou a Gran Bulgaria. A hexemonía rusa nos Balcáns motivou a convocatoria do Congreso de Berlín (1878) por parte das potencias occidentais.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Castelló de La Plana, Comunitat Valenciana (1.859 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura e na gandaría. A industria, ademais da elaboración de viño e aceite, céntrase nos mobles e no xénero de punto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado en Sèvres, entre os turcos e os aliados o 10 de agosto de 1920, polo que se cedía a Grecia a Tracia Oriental (con Gallípoli), as illas do mar Exeo (agás Rodas) e a administración de Esmirna. Francia recibiu Siria e Cilicia. Iraq, Palestina, Chipre e Exipto pasaron a Inglaterra, que tamén obtiña o protectorado de Arabia. O Dodecaneso e a illa de Rodas pasaron a Italia. O parlamento turco non o ratificou, e o movemento nacionalista turco, dirixido por Mustafá Kemal, obrigou a revisalo e substituílo polo Tratado de Lausanne (1923).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado entre Xapón e China o 8 de maio de 1895, na cidade homónima, que poñía fin á Primeira Guerra Chino-xaponesa. Xapón impuxo a independencia de Corea (baixo a súa influencia) e obtivo as illas de Formosa e Pescadores, boas concesións comerciais e indemnizacións.
-
PERSOEIRO
Arquitecto grego. Atribuíuselle a construción dun xardín e o faro de Alexandría, e o desvío do curso do Nilo. Amigo de Ptolomeo I, foi o seu embaixador en Delos. Unha inscrición lembra que traballou en Delfos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano e actriz. Coñecida como Teresa Stratas, foi unha das figuras da Metropolitan Opera House de Nova York. Destaca a súa interpretación de Lula, de A. Berg, na Òpera de París (1979). Traballou nos filmes The Canadians (1961), La Traviata (1982) ou StratasSphere (1886), un documental de Harry Rasky. En 1981 interrompeu a súa carreira musical para traballar con Tareixa de Calcuta no coidado de enfermos terminais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anastasia Strataki.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversas sobre a limitación de armas estratéxicas iniciadas en 1969 entre EE UU e a URSS para frear a carreira de armamentos, especialmente a dos nucleares. As principais foron as de Moscova (1972), a partir das que se denominaron SALT II, e as de Vladivostok (1975). As negociacións, que comezaron en 1979, retomáronse en 1982 baixo a denominación de START.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conversas iniciadas en 1982 en Xenebra entre EE UU e a URSS para reducir as armas estratéxicas, especialmente no que se refire ás de alcance medio, cun raio de acción que afecta a Europa. Paralizadas en 1983, reiniciáronse coa chegada ao poder de M. Gorbačov (1985), e remataron en 1991 coa sinatura do tratado que comportaba a eliminación dunha terceira parte do stock de armas nucleares de longo alcance e a redución á metade do arsenal estratéxico antes de nove anos.
-
CIDADES
Cidade do condado de Warwickshire, Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do Avon, a 35 km de Birmingham (107.898 h [2001]). A poboación vive principalmente do turismo, que acode alí por ser a patria de Shakespeare.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino británico dos bretóns setentrionais (ss IX-X), establecidos desde os ss V e VI na conca do Clyde. Ao pasar a súa dinastía a unha rama dos escotos (945), uniuse ao Reino de Escocia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aquilo que constitúe a parte esencial do ser.
-
-
Aquilo que está baixo unha cousa e constitúe o seu soporte.
-
Calquera material sólido diferente do solo que se emprega como soporte dunha planta. Distínguense dos solos naturais porque están separados do lugar orixinal onde se forman e porque se producen por mesturas de materiais naturais ou artificiais. Clasifícanse en: substratos orgánicos, dos que destacan as turbas e os materiais que se obteñen por procesos de fermentación e descomposición da materia orgánica, os substratos artificiais, como os plásticos, e os substratos inorgánicos como a perlita, vermiculita e os novos compostos formados a partir dos residuos orgánicos urbanos e lodos de depuradoras. As propiedades físicas e químicas destes substratos varían amplamente, así, as mesturas son moi comúns para obter un substrato mixto relacionado coas demandas de cada cultivo.
-
Terreo ou lugar que serve de soporte a unha planta ou animal fixo.
-
-
Capa ou estrato inferior.
-
Lingua que, a consecuencia dunha invasión de calquera tipo, queda somerxida ou substituída por outra en que deixa pegadas. Os trazos máis estables do substrato pertencen sobre todo á fonética, ao léxico non fundamental e á toponimia. A morfoloxía e o léxico básico, en cambio, raramente sobreviven na lingua de importación. Un dos primeiros que falou da influencia do substrato foi o romanés Kopitar (1829), pero foi sobre todo G. I. Ascoli, creador do termo, quen desenvolveu o seu estudo, continuado por outros como Merlo, J. Hubschmid, Jud, Wartburg, Menéndez Pidal ou Corominas.
-
Substancia sobre a que actúa un enzima.
-
Soporte de material semicondutor que se dopa para obter zonas p e n e constituír así un circuíto integrado. As súas funcións son a de servir de soporte mecánico e a de disipar calor.
-
Substancia de partida que se desexa transformar mediante unha reacción química.
-
...
-