"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

  • Inscrición realizada, na Grecia clásica, con motivo dos concursos teatrais na que se referían as datas de celebración e os espectáculos e autores premiados, e tamén as instrucións que os autores dos textos, que tamén eran os directores dos espectáculos, lles daban aos actores que participaban na escenificación. Posteriormente, o termo comezou a utilizarse para facer referencia ás indicacións coas que os autores dramáticos presentaban os personaxes, ou dramatis personae, e aos restantes indicadores de tempo, lugar e acción que se intercalaban entre os diálogos. Amais deses indicadores, considerados externos, tamén se poden considerar os indicadores internos, contidos no propio diálogo e que en moitas ocasións ofrecen información sobre tempos, espacios, accións, movementos ou sobre o carácter e a conduta dos personaxes. Adóitase distinguir o texto primario, conformado polos diálogos, e o texto secundario, conformado polas didascalias, nas que podemos distinguir entre os citados indicadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Constitución eclesiástica, de orde práctica ou disciplinaria, escrita durante a primeira metade do s III para uso da comunidade cristiá xurdida do xudaísmo. O autor, quizais un bispo da Siria setentrional, utilizou a Didakhé e outros escritos cristiáns. O orixinal grego perdeuse, pero consérvanse traducións siríacas e unha versión latina incompleta de finais do s IV. O núcleo teórico do libro constitúeo a discusión sobre o valor da lei xudaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á didascalia.

    2. Que é didáctico ou preceptivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de orientación de certos animais que consiste na emisión de ondas ultrasonoras que, ao seren reflectidas pola superficie de obxectos presentes no medio, son captadas polo mesmo animal emisor, que é capaz de interpretalas e de orientarse; deste xeito, pode evitar obstáculos, capturar presas e realizar outras actividades na escuridade. Este sistema emprégano os morcegos e os golfiños, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de electroforese separativa en capa delgada de proteínas que utiliza como soporte unha disolución de ácidos aminocarboxílicos sintéticos, de puntos isoeléctricos diferentes e de baixo peso molecular, que crean un gradiente estable de pH cando se someten a unha diferenza de potencial. A capacidade separativa desta técnica é máis grande ca a electroforese convencional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de prata cuñada polos Habsburgo nos Países Baixos e en Borgoña. O seu peso e valor variaba: nos Países Baixos equivalía a un décimo do ducatón, mestres en Borgoña, onde se denominaba medio testón, equivalía a un oitavo de thaler e tiña un peso de 4,20 g.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escaleira exterior de chanzos dispostos nun só tramo, construída na fachada ou no vestíbulo dun edificio e que serve de acceso ao mesmo. Destacan, entre outras, as de Santa Maria in Aracoeli de Roma (s XVI) e a do palacio de Versailles (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar no que predomina o eucalipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore perennifolia do xénero Eucalyptus, da familia das mirtáceas, que pode acadar máis de 100 m de altura e que presenta a copa con forma piramidal e pouco densa. Cando a planta é nova presenta talos novos de cor abrancazada e pubescentes, e follas de base cordada de cor cinsenta azulada, de ata 15 cm de lonxitude, 8 cm de ancho e dispostas de xeito oposto, e sésiles; máis tarde estas follas substitúense por filodios coriáceos longos e estreitos, de ata 30 cm de longo, con forma de fouciño, pendurantes e dispostos de xeito oposto. Contan con glándulas lisíxenas translúcidas e ricas en aceites esenciais. As flores son hermafroditas e actinomorfas, cos pétalos e os sépalos unidos formando unha estrutura en forma de tampa -o opérculo- que se desprende da punta do gromo floral durante a antese. As flores, ademais dunha gran produción de pole, que pode provocar problemas alergolóxicos no home, presentan néctar. A polinización ten lugar por medio de insectos, aves e morcegos fitófagos. Existen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceite que se obtén por destilación das follas de distintas especies do xénero Eucalyptus. Ten unha forte acción local como anestésico e antiséptico, e emprégase en bafos como expectorante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espada do Rei Artur que, segundo a Historia Regum Britanniae de Geoffrey de Monmouth, fora forxada na illa de Avalón. A súa natureza sobrenatural (fora fabricada nun lugar feérico) foi recollida nos textos artúricos posteriores; así, o ciclo en prosa da Post-Vulgata (1220-1240), explica que a espada ía acompañada dunha vaíña que protexía da morte o seu dono; deste xeito, asóciase a outras armas sobrenaturais, vinculadas ao elemento acuático. Como corresponde á simboloxía das espadas, vincúlase tamén á enerxía viril e vital do seu posuidor, Artur, de xeito que a arma está presente no momento da súa ascensión ao trono e na súa morte. O Merlin en prosa atribuído a Robert de Boron (1200?) conta como Artur -daquela un rapaz de pai descoñecido, que servía como escudeiro ás ordes dun cabaleiro- arrincou a arma dunha zafra que, marabillosamente, aparecera no medio da praza de Carlion o día de Nadal. Os nobres consideraron tal prodixio como un sinal do ceo e proclamárono rei. Malia a fortuna que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1981. Foi dirixida por John Boorman e interpretada por Nigel Terry, Nicol Williamson, Nicholas Clay, Helen Mirren e Cherie Lunghi. A simboloxía da espada, como principio vital e como elemento telúrico vinculado á soberanía da terra e do reino artúrico, foi o motivo central desta versión cinemátográfica da lenda do Rei Artur e a Táboa Redonda. Destaca polo seu tono onírico, ao que contribúen as paisaxes irlandesas, a coidada ambientación e a música do Carmina Burana, de Carl Orff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antoloxía de autores espirituais gregos feita polo monxe Nicodemo o Haxiorita. A primeira edición publicouse en Venecia en 1782.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calina sintetizada nos cotiledóns e que estimula o medre do mesofilo das follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou cargo de fiscal.

    2. Oficina ou despacho do fiscal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de fiscalizar.

      1. Control que se exerce sobre a actividade administrativa, realizada polos órganos superiores xerárquicos da mesma administración, polos tribunais de xustiza, polas institucións parlamentarias e pola opinión pública.

      2. Control da actividade administrativa realizada pola xurisdición contenciosa administrativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fiscaliza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Controlar a actividade administrativa.

    2. Someter as accións de alguén a un exame minucioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina neopositivista segundo a que todo é físico e o único criterio de verdade é a verificación positiva e empírica. Os seus principais representantes foron O. Neurath e R. Carnap.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser focalizado.

    VER O DETALLE DO TERMO