"hem" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 254.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incremento do valor do hematócrito do sangue a causa da diminución do volume de plasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Trastorno metabólico que se caracteriza por unha absorción excesiva e crónica de ferro a nivel intestinal con depósito do metal nos tecidos, especialmente do fígado, que sofren cambios na súa estrutura e función. É a causa da cirrose hepática, dunha pigmentación cutánea amarela e da diabete. Pode ser primaria, cando vén xeneticamente determinada ou secundaria cando se debe a outras causas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sementeira que se fai, nun medio de cultivo apropiado, dunha pequena cantidade de sangue extraído dun enfermo, para coñecer o tipo de bacteria ou microorganismo que o infecta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera produto derivado do sangue que se obtén nas doazóns e que se atopan no banco de sangue, como concentrado de hemacias, plasma, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de depuración sanguínea extrarrenal que consiste en sacar o sangue do enfermo e facer que circule polo interior dunha máquina, o hemodializador, onde se separan as substancias nocivas contidas en exceso no sangue por difusión a través dunha membrana semipermeable. Unha vez que o sangue está limpo, devólvese ao paciente. Emprégase en casos de insuficiencia renal aguda ou crónica terminal e que suple as funcións de eliminación de líquido retido, excreción de solutos e regulación do equilibrio ácido-base e electrolítico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato de filtración sanguínea no que o sangue se somete a diálise. Denomínase popularmente ril artificial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha hemodiálise.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución do valor do hematócrito do sangue a causa dun aumento de volume do plasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estudio dos fenómenos relacionados coa circulación do sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria ligada ao sexo, transmitida polas mulleres e que afecta aos homes, caracterizada por unha propensión ás hemorraxias abundantes, internas ou externas, difíciles de conter. As hemorraxias poden ser da pel, das mucosas, dos órganos internos, músculos ou articulacións. Débese ao déficit ou funcionamento inadecuado dalgún factor da coagulación (no 90% dos casos trátase dos factores VIII ou IX, que determinan as hemofilias A e B, respectivamente, e o resto ao factor XI que determina a hemofilia C). Os hemofílicos constitúen un dos grupos de risco de contraer a SIDA, xa que dependen, para o seu tratamento, da administración de hemoderivados.
-
-
Relativo ou pertencente á hemofilia.
-
Que ou quen padece hemofilia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extravasación de sangue no interior do globo ocular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proteína presente nos eritrocitos dos vertebrados que ten como función fundamental o transporte de O2 aos tecidos. É a que lle dá ao sangue a súa cor característica. A molécula de hemoglobina está constituída por catro cadeas polipeptídicas (dúas cadeas α e dúas cadeas β). As dúas cadeas α teñen cada unha 141 residuos de aminoácido, e as β teñen 146, cada unha das catro cadeas contén, unido por forzas non covalentes, un grupo hemo onde o átomo de Fe+2 é capaz de combinarse de forma reversible ao O2 . A hemoglobina transporta o O2 desde os pulmóns aos tecidos, cáptao a través do sangue dos vasos capilares que están en contacto cos alvéolos do pulmón e libérano a través dos capilares tisulares, e transporta o CO2 desde os tecidos aos pulmóns para a súa eliminación. O grupo hemo tamén ten unha grande afinidade polo monóxido de carbono (CO), do que pequenas concentracións poden bloquear a fixación vital do osíxeno,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia anormal de hemoglobia no plasma sanguíneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico que se dá a un conxunto de alteracións hereditarias que comprometen a estrutura normal da hemoglobina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de hemoglobina na urina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Descrición proporcional dos elementos celulares do sangue. Ten como finalidade principal consignar o número de eritrocitos, o contido de hemoglobina destes eritrocitos, o número de leucocitos e a proporción dos diferentes leucocitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fluído do celoma dalgúns invertebrados que se comparou, erroneamente, co sangue e a linfa dos organismos superiores. Nos insectos é de cor verdosa ou amarela, pero nunca vermella, xa que non ten hemoglobina. Ten como funcións principais o almacenamento e o transporte de auga e substancias nutritivas por todo o corpo, a destrución de células estrañas e servir de vehículo dos produtos de desfeito ata os tubos de Malpighi, onde son absorbidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lise dos eritrocitos coa conseguinte liberación da hemoglobina que conteñen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera substancia capaz de provocar a lise dos eritrocitos. Poden ser formadas polo propio organismo como un anticorpo ou poden ser toxinas, como certos enzimas bacterianos ou algúns velenos e substancias vexetais.