"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Narrador, poeta e ensaísta encadrado na Xeración do 1936. Estudiou Maxisterio en Pontevedra e Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, estudios que tivo que interromper en 1936 por causa da guerra civil e o fusilamento do seu pai. Durante a súa etapa universitaria foi un dos fundadores da revista escolar Tude, dirixida por Xesús Ferro Couselo, co que tamén levou a cabo a organización da Exposición Regional de Arte Infantil, que non se chegou a celebrar pola sublevación do 36. En 1942 trasladouse a Vigo onde, dende 1947 e ata a súa morte, desempeñou o cargo de Chanceler do Consulado de Uruguai. Nos anos sesenta viaxou por distintos países de Latinoamérica como conferenciante. Impulsou múltiples iniciativas culturais como a fundación das editoriais galegas Castrelos -xunto aos seus irmáns Xosé María e Álvaro Álvarez Blázquez-, e a colección Salnés, da Editorial Galaxia, codirixida xunto a Celso Emilio Ferreiro e Francisco Fernández del Riego. Colaborou nas publicacións Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, narrador, conferenciante, autor teatral, arqueólogo, historiador, autor de estudios etnográficos e literarios, editor, etc. Foi o prototipo do intelectual inquedo, amante da súa terra e da súa cultura. Estudiou bacharelato en Tui e maxisterio en Pontevedra. Esta cidade vai ter unha importante influencia na súa formación xa que nesa época de estudante coñece a personaxes da importancia de García Lorca ou Alexandre Bóveda quen casará coa súa curmá Amalia Álvarez Gallego. De precoz vocación, comezou a publicar poemas en xornais de Pontevedra e Tui, e no ano 1932, viu a luz o seu primeiro libro de poemas en castelán Abril e fundou, xuntamente co poeta Xoán Vidal, a revista literaria Cristal. En 1933 ingresou na Federación de Mocidades Galeguistas, nas que exercereu o cargo de secretario de Pontevedra. No ano 1934 rematou os estudios de Maxisterio, e deu a luz un afervoado texto nacionalista titulado Berro en lembranza dos herois de Carral. En 1935 obtivo o...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña, realizou a tese de doutoramento en 1983 co título Análisis económico-financiero y estrutural del estado de autonomía de Galicia. Publicou os estudos La Autonomía Gallega (1978), Contribución fiscal y solidaridad de las ciudades gallegas (1996), La Reforma de la financiación autonómica, A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia (2003) e Educación democrática ou barbarie (2015). Colabora con artigos da súa especialidade en diversas publicacións (Economía y finanzas, Galicia Internacional, Encrucillada, Papeles de Economía Española, Revista Galega de Economía, etc). Nos anos 1979-1980 foi Alcalde do concello do Grove, cargo ao que se presentou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Piedrahita, Ávila 1507 - Lisboa 1582) Xeneral e político, terceiro duque de Alba. Serviu no exército de Carlos I. Defendeu Catalunya e Navarra dos franceses (1542), venceu ao Elector de Saxonia en Mülberg (1547) e crebou a Liga Esmalkalda. Vicerrei de Nápoles (1556-1557), defendeu a cidade durante a guerra de Filipe II contra o Papado (1557). Gobernador dos Países Baixos (1567), onde constituíu o Consello dos Balbordios. No 1568 detivo a incursión de Luís de Nassau e Guillerme de Orange, que volveron para ocupar o país aproveitando a sublevación popular contra o establecemento dun imposto, a alcabala, permanente sobre as transaccións (1571). Substituído no cargo por Luís de Requesens (1573), no 1580 dirixiu as campañas en Portugal que levaron ao coroamento de Filipe II como Rei portugués coa aprobación do Parlamento luso.
-
PERSOEIRO
Sétimo marqués de Villafranca del Bierzo, duque de Ferrandina e príncipe de Montalbano como sucesor do seu tío, o sexto marqués, García Álvarez de Toledo-Osorio y de Mendoza. Xeneral da Armada do Océano (1619), loitou contra Holanda. Apoderouse de San Salvador (1625) e San Cristovo (1630). O Conde-Duque de Olivares desterrouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Catedrático de Dereito Romano e membro do grupo de intelectuais da Institución Libre de Enseñanza. Comezou a súa actuación parlamentaria como republicano opoñéndose ao Goberno de Maura. Dende 1901 converteuse en Deputado Permanente pola Unión Republicana de Salmerón pero, como consecuencia da integración deste no pacto lectoral da Solidaridad Catalana, pasou a liderar unha liña crítica dentro do propio seo republicano. Logo, integrouse na Conjunción Republicano-Socialista. A Galicia chegou no 1911 con Salvatella cando xa era ben coñecido polo seu labor político no Congreso. Daquela, o republicanismo na Coruña chocaba coas diferentes faccións do republicanismo nacional inclinándose polo reformismo de Melquíades, liderado por Joaquín Martín Martínez. No 1912 fundou o Partido Reformista, integrado por un nutrido grupo de intelectuais que entrou no xogo das forzas monárquicas fronte ao republicanismo clásico e aos socialistas. Tamén viaxou con Basilio Álvarez a Bande onde conseguiu...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e financeiro. De familia xudía, dedicouse aos negocios dende ben novo. Despois do Trienio Constitucional ou Liberal (1823) exiliouse en Londres, dende onde financiou a expedición que rematou coa monarquía absoluta en Portugal. No 1835 volta a España e foi nomeado Ministro de Facenda e logo Xefe do Goberno, tras do que ocupou de novo o Ministerio de Facenda (1836, 1837 e 1843). Sobranceira figura do Partido Progresista, promoveu dende o seu ministerio un paquete de reformas das que salientan, por unha banda, o alistamento xeral no exército (servicio que podía trocarse polo pagamento dunha indemnización), e por outra, a supresión de case todas as ordes relixiosas (1835) agás as dedicadas ao ensino e á asistencia, vendendo os bens do resto ( desamortización) en subasta pública (leis do 1836 e 1837). O obxectivo destas medidas era ao tempo de carácter económico e político, pero non foi plenamento desenvolvido. Cando no 1844 os moderados acadaron o poder exiliouse novamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo castelán. Escribiu sempre en colaboración co seu irmán Serafín (Utrera, Sevilla 1873 - Madrid 1938) xunto a quen se iniciou no xornalismo. Escribiron duascentas obras, entre comedias e sainetes que recrean unha Andalucía na que a vida é idílica. Destacan: El patio (1900), El genio alegre (1906), Malvaloca (1912), La boda de Quinita Flores (1925), La pícara vida (1932) e outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Crítico musical. Realizou estudios musicais en Vigo e Santiago de Compostela, dedicándose dende moi novo á crítica musical. Colabora en diversos teatros e auditorios galegos en temas de divulgación musical (programas de man, conferencias). Socio fundador e secretario da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director adxunto e colaborador da revista musical Cavatina, primeira revista galega dedicada á ópera. Colabora en diversos xornais e revistas especializadas (Scherzo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario creado polos concellos de Vigo e Mondoñedo en 1991, ano no que se lle dedicou a Álvaro Cunqueiro o Día das Letras Galegas, co propósito de homenaxear a memoria deste escritor e difundir a súa obra e o seu significado na cultura galega. Convócase bianualmente e nel poden participar novelas ou conxuntos de relatos inéditos, sempre que superen as cento cincuenta páxinas. O fallo do xurado faise público normalmente o 22 de decembro, data que coincide co nacemento de Cunqueiro. Está dotado con dous millóns de pesetas. Na súa primeira edición (1991) resultou premiado Xesús Rábade Paredes coa novela Branca de Loboso; en 1993 Alfonso Álvarez Cáccamo co volume de relatos Xente de mala morte; en 1995 Xavier Lama cos relatos de Os moradores da nada. Na edición de 1997, a cuarta, tívose que adiar o ditame por mor do gran número de orixinais presentados. O fallo deuse a coñecer o 28 de de febreiro de 1999, coincidindo co aniversario do falecemento de Cunqueiro,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Foi creado en 1988 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dotado economicamente con 1.000.000 de pesetas e convocado con carácter anual, podían acceder a el tan só textos teatrais inéditos. O premio incluía a publicación e, de ser o caso, a representación da obra premiada. Nas sete edicións que tivo resultaron gañadores do Premio: Roberto Salgueiro con O arce do xardín (1988); Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello (1989); Agustín Magán por Os rebertes (1990); Roberto Vidal Bolaño con Saxo tenor (1991); Xosé Cid Cabido e Andrés Vila con Copenhague (1992) e Manuel Riveiro Loureiro por O prazo. Convocouse por última vez en 1994, debido a unha reestruturación na política de premios da Consellería de Cultura, pola que se decidiu outorgar un único galardón, o Premio das Letras e das Artes de Galicia, no que se recoñece o labor de toda unha traxectoria vital dedicada á cultura galega. En xaneiro de 1999 o Instituto Galego das Artes...
-
GALICIA
Foi tradutor ao castelán de varias obras de Eça de Queirós como Adán y Eva en el Paraíso (sen data), Leyendas de Santos. San Cristóbal (1915), Leyendas de Santos. San Onofre (1916). Como creador publicou La madre tierra (1909), breve comedia de costumes galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
amalecita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Baía de Guatemala, no golfo de Honduras (mar das Antillas). Aí desembocan as augas do lago Izábal, mediante un emisario. O principal porto da baía é Puerto Barrio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Locución do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que designa ‘estar doente’.
-
GALICIA
Doutor en Dereito e profesor da Universidade de Santiago de Compostela entre 1839 e 1844. Publicou no ano 1841 a obra Examen de cierto Bálsamo de Fierabrás, o sea cierto Yelmo de Mambrino, que un menguado acaba de descubrir milagrosamente y ofrece a la nación española cual otro Sancho Panza o Don Quijote, para defensa del capellán de la Santa Alianza, con un apéndice brevísimo sobre el pensar de un joven galiciano a mediados del siglo XIX; xunto a unhas follas onde atacaba o Claustro da Universidade de Santiago (Feliz acontecimiento universitario, 1841). Tamén un artigo en El Iris del Viejo Sexo, titulado “Al viejo, tonto y majadero director muy digno de un ridículo periódico que aquí se publica”, no que criticaba a varios escritores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Medicamento sintético a base de quinina, utilizado no tratamento do paludismo desde a Segunda Guerra Mundial.
-
Profesor emérito de estudos hispánicos na Brown University e doutor en Leis. Foi director de estudos graduados no Departament of Hispanic Estudies (Brown University), director do Centro de Estudios Latinoamericanos (Brown University), presidente da Asociación internacional de Valleinclanistas, vicepresidente da Asociación Internacional de Hispanistas, directivo do Instituto Internacional de Literatura Iberoamericana e directivo da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Obtivo a Orde de don Quijote da Sociedad Nacional Hispánica. Escribiu numerosos traballos e varias edicións sobre aspectos da literatura colonial e da literatura moderna hispánica, desde o s XVI ao XX, entre eles Gabriel Lobo Lasso de la Vega. Mexicana (1970), Estudios sobre el teatro antiguo hispánico y otros ensayos (1971), Homenaje a Juan López-Morillas. De Cadalso a Unamuno: ensayos sobre literatura e historia intelectual...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor uruguaio. É notable a súa obra novelística, na que adopta unha actitude de denuncia contra as contradicións da sociedade sudamericana. El caballo y su sombra (1941) e Desembocadura (1958), entre outras, marcan un camiño de politización progresiva e amosan grandes calidades narrativas. Cultivou tamén o conto, a poesía e o teatro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da literatura e crítico francés, fillo do científico André-Marie Ampère. Foi un dos primeiros que se trasladou ás fontes da orixe como método para establecer unha literatura comparada. É o autor, entre outros libros, de: Historia romana en Roma (1858), obra na que estableceu o seu método analítico baseado no emprego de fontes orixinais, rexeitando as versións modernas, medievais ou aquelas chegadas pola transmisión e reprodución de textos, para fixar os textos que servirían de base aos estudios de literatura comparada.
VER O DETALLE DO TERMO