"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse con Ghirlandaio e na Accademia del Disegno e traballou con G. Vasari. Cultivou a pintura relixiosa. Destaca, entre outras obras, A flaxelación da igrexa da Santa Croce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, fillo de Lyonel Feininger. Trasladouse a Alemaña e estudiou arquitectura con Walter Gropius na Weimar Bauhaus (1922-1925). En 1932 exerceu como asistente de Le Corbusier en París. Despois dunha etapa como fotógrafo independente en Estocolmo, en 1939 trasladouse a Nova York e comezou a traballar na axencia Black Star e na revista Life. Dende 1942 foi correspondente de guerra e fotógrafo da oficina de información dos EE UU. Permaneceu en Life ata 1962, ano en que novamente desenvolveu o seu labor como fotógrafo independente. Expuxo a súa obra no Metropolitan Museum of Art de Nova York e na George Eastman House de Rochester. Escribiu The Face of New York (1954) e Die Welt neu gesehen (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Monoterpeno monocíclico que existe en dúas formas opticamente activas. Está presente nos aceites esenciais do fiúncho, do eucalipto, do limón e da menta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico da arte e arquitecto francés. A súa obra máis representativa é Entretiens sur les vies et les ouvrages des plus excellents peintres anciens et modernes (Conversacións sobre as vidas e as obras dos máis excelentes pintores antigos e modernos, 1666-1688).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión fisiográfica do N de Europa que comprende o Escudo Báltico, estendida por Suecia, Finlandia, Carelia, a península de Kola e a maior parte de Noruega, afectadas polo ciclo oroxénico do Caledoniano. O nome de Fennoscandia deullo o xeólogo finlandés W. Ramsay en 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, da liñaxe miñota dos Guedes. Desde 1253 ata 1277 aparece vinculado á corte de Afonso III de Portugal. Estableceuse en Coimbra, onde exerceu o cargo de meirinho-mor e debeu morrer entre 1274 e 1278. Desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do s XIII e atribúenselle once composicións. As seis cantigas de amor, conservadas exclusivamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), desenvolven e magnifican o recorrente motivo da coita, que o trobador asocia, non só ao da morte por amor, senón tamén ao da separación dos namorados, en tanto que causa sufrimento. Sobre este último motivo, o da distancia que separa os amantes, articula o trobador as súas catro cantigas de amigo, recollidas en B e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (V).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Iniciou a súa carreira teatral en 1934 e, trala Guerra Civil, continuou coas súas actuacións en compañías afeccionadas e realizou pequenas intervencións en películas. En 1943 deu o salto definitivo ao cine como actor e director, e simultaneou logo ambas as facetas coas de guionista e actor teatral. Dentro da súa actividade como director de cine destacan as películas La vida por delante (1958), La venganza de don Mendo (1961), Ninette y un señor de Murcia (1965), La querida (1975), El viaje a ninguna parte (1986), El mar y el tiempo (1989) e Lázaro de Tormes (2000). Traballou como actor en máis dun cento de longametraxes, entre as que destacan El camino de Babel (1944), El destino se disculpa (1945), Botón de ancla (1947), Balarrasa (1950), Muchachas de azul (1956), El inquilino (1958), Se vive una sola vez (1963), Ana y los lobos (1972), El espíritu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante portugués. Descubridor das illas de Reunion e Mauricio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Foi un dos mestres de Ferreirim. A súa obra caracterizouse polo decorativismo e polas formas gótico-manuelinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto portugués. Dende 1490 traballou no mosteiro de Batalha, onde realizou o portal de acceso á rotonda das Capelas Imperfeitas (1509), o panteón de don Duarte e acabou as obras do claustro maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Coñecido como Grão Vasco, introduciu os elementos do Renacemento italiano na pintura lusa. Das súas obras destaca o retablo da catedral de Lamego (1506-1511) e sete plafóns sobre a Paixón para a igrexa e Freixo de Espada en Cinta (1520).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe patronímica moi frecuente en toda a Península. Procede do nome persoal de orixe xermánica Fernando + o sufixo patronímico -ez/es (‘fillo de Fernando’); de aí que fose moi frecuente tamén a forma Fernandes.

    2. Liñaxe que se estableceu en diversos lugares de Galicia como Arcos (Chantada), Rubián (Bóveda) ou A Fórnea (Trabada). Uníuse por enlaces matrimoniais a outras familias nobres, feito que deu orixe a novas estirpes, como Fernández de Biedma, Fernández de Boán, Fernández de Carrigueiros, Fernández de Castro, Fernández do Casal, Fernández de Temes, Fernández da Costa, Fernández de Estoa, Fernández de Estrada, Fernández Fole, Fernández Guixo, Fernández Barbeito, Fernández de Lugo, Fernández de Mañente, Fernández de Miranda, Fernández de Muras, Fernández de Mourillón, Fernández de Noguerol, Fernández de Parga, Fernández de Porto de Pedre, Fernández de Sandoval, Fernández das Seixas, Fernández de Senra, Fernández de Soutomaior ou Fernández de Traba. As súas armas traen un escudo partido: primeira partición, en campo de azul, cun castelo, de ouro; segunda partición, en campo de ouro, cun león rampante, de goles. Outra rama leva, en campo de azul, un castelo de prata, aclarado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de maxisterio e dereito e posteriormente residiu en Venezuela ata 1972. De regreso a Galicia, foi mestre en Ortigueira e colaborou en distintas publicacións, como Dorna ou Encrucillada. Publicou os poemarios Poemas gallegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (1976) e Escolma de poemas. Espigueo lírico (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Catedrático na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Membro de El Paso, a súa obra sitúase na tradición de F. Lloyd Wright e A. Aalto. Realizou xunto con J. L. Fernández del Amo a biblioteca do Instituto de Cultura Hispánica (1966-1977), e, no ámbito da rehabilitación, a remodelación do antigo hospital de San Carlos para a creación do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía. Director do Instituto de Conservación y Restauración de Bienes Culturales, publicou diversos ensaios, como La crisis de la arquitectura española (1972). Dende 1989 pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante da cátedra de Cirurxía e, posteriormente, doutorouse na Universidad de Salamanca e ampliou estudios en Madrid, Barcelona, Viena, Londres, París e Lyon. Foi presidente da Sociedade de Cirurxía de Galicia e da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o Instituto Policlínico A Rosaleda e foi Xefe do Servicio de Cirurxía no ambulatorio Concepción Arenal de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores, nos anos setenta, do Partido Popular de Galicia, e formou parte do colectivo Realidade Galega. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas de 1981, ocupou o cargo ata 1987. Na lexislatura 1994-1999 foi elixido eurodeputado polo Partido Popular, ocupándose da presidencia da Comisión para a reunificación de Alemaña e da Comisión de Exteriores e da vicepresidencia da delegación de América do Sur....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor de artigos sobre historia política moderna e as súas relacións co pensamento e a literatura. Entre outras obras, publicou Vida y obra de Ángel Ganivet (1925), En torno al 98 (1948) e Historia política de la España contemporánea (1956). Foi membro da Academia Española e da Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e profesor. Coñecido como Almuíña, especializouse en historia e cursou estudios de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Ourense (1956), na que obtivo o primeiro premio na modalidade de debuxo ao natural. Realizou estudios sobre actividade artística aplicada á dirección plástica en Francia (1975). A súa obra destaca polo tratamento lumínico, partiu do fauvismo para chegar a unha visión particular do neoimpresionismo. Cultivou a paisaxe, a mariña, o bodegón e as maternidades. Membro fundador do colectivo Mestres Pintores, recibiu o Primeiro Premio Provincial de Pintura ao Óleo e o Segundo Premio de Acuarela (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e comerciante. Formado no seminario de Ourense, foi mestre na escola de Sampaio, para despois dedicarse ao comercio. Exerceu como cronista da cidade de Ourense e presidente da Asociación da Prensa e do Orfeón ourensán. Foi un dos fundadores do Museo Arqueolóxico Provincial e conservador do mesmo, vogal da xunta de goberno da Escola Provincial de Artes e Oficios e da xunta de protección da infancia e da instrución pública. Foi deputado provincial por Viana do Bolo (1904) e polo Barco de Valdeorras (1904), e un dos representantes da cidade de Ourense no comité organizador do Congreso Gallego-Americano (1909). Colaborou en varias publicacións e escribiu, entre outras obras, El río Limia y sus contornos (1879), Armas de Orense (1891), Guerra hispanolusitana (1893), El Pontificado gallego: crónica de los obispos de Ourense (1897), Los judíos en Orense (1904) e Orensanos ilustres (1916). Foi membro correspondente da Real Academia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Estudiou belas artes na Universidade de Vigo (1997). Dende 1995 realizou exposicións individuais e colectivas de pintura e gravado. Polo seu primeiro traballo como ilustrador Onde perdeu Lúa a risa?, de M. Sánchez Moreiras (2001), recibiu o Premio Nacional Ilustración de Libros Infantiles y Juveniles 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, marqués de Loureda. Adquiriu o pazo de Loureda e propiedades vinculadas a el e mantivo negocios na cidade da Coruña. Foi elixido deputado en 1871 polo distrito de Carballo, polo de Carral (1872) e polo distrito da Coruña (1881-1903).

    VER O DETALLE DO TERMO