"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

    1. Calidade de equivalente.

    2. Forma que se corresponde exacta ou aproximadamente con outra doutra lingua diferente. Non deben confundirse os termos voces sinónimas e voces equivalentes: os sinónimos pertencen a unha mesma lingua e son, na maioría dos casos, intercambiables entre si, mentres que no caso das equivalencias se refiren aos mesmos termos en dúas ou máis linguas e non son intercambiables nun contexto determinado. Así, por exemplo, a voz galega chapeo ten como equivalencias a portuguesa chapeu, a catalá capell, a castelá sombrero, a francesa chapeau, a italiana cappello, a inglesa hat e a alemana hut.

    3. Confusión entre dúas ou máis realizacións fonemáticas que teñen, polo menos, un trazo distintivo común, de punto ou de modo de articulación, e que explican algunhas evolucións diacrónicas anómalas. Así, por exemplo, nas líquidas fórmanse equivalencias entre /r/ e /l/, xeralmente por disimilación, en casos como lat CALAMĔLLU > caramelo, LĪLĬU > lirio, LŎCĀLE > logal > logar > lugar ou PARABŎLA > paravra > palavra > palabra; ou tamén hai equivalencia, neste caso sincrónica, entre /b/ e /g/, en casos como VŎMĬTĀRE > vomitar > popular gomitar.

    4. Relación de igualdade funcional que, segundo Bally, se dá entre dous ou máis membros oracionais que poden intercambiarse a causa da súa función común, sen que os seus valores semánticos e estilísticos sexan necesariamente idénticos, e que é sempre viable dentro dun contexto determinado. Deste xeito, hai equivalencia entre [A poboación] viguesa, de Vigo, que hai en Vigo. OBS: Tamén se denomina concorrencia.

    5. Relación binaria entre os elementos dun conxunto que permite establecer unha clasificación destes elementos de tal maneira que quede cada un nunha clase, chamada de equivalencia, e estas clases non teñan ningún elemento común. Para que unha relación sexa de equivalencia ten que ser reflexiva, simétrica e transitiva. Son equivalentes dous elementos que pertencen á mesma clase. O conxunto das clases de equivalencia chámase conxunto cociente do conxunto de partida C para esta relación R, e escríbese C/R.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou o que equivale ou posúe o mesmo valor ou características.

    2. Aplícase á figura ou ao corpo que ten a mesma área ou o mesmo volume pero unha forma diferente á doutro.

    3. Tributo establecido por Filipe V en València (1717) e Aragón (1718) como imposto directo e único sobre a riqueza. Considerado equivalente ao conxunto de tributos e rendas provinciais aos que estaba sometida Castela, conservouse ata a reforma tributaria de 1845.

    4. Auga que queda adherida ás partículas do solo despois dunha centrifugación de mil veces a aceleración da gravidade.

    5. Peso en gramos do elemento ou composto liberado electroliticamente polo paso dun coulomb cunha eficiencia de corrente do 100%. É igual ao equivalente gramo dividido por 96.487.

    6. Peso en gramos dunha substancia que libera ou se combina cun mol de protóns, en caso de reaccións ácido base, ou cun mol de electróns, no caso de reaccións redox.

    7. Factor que relaciona as unidades caloríficas e as unidades mecánicas da enerxía. A súa determinación cuantitativa fíxoa Joule empregando un calorímetro que contén unha masa de auga, dentro do que pode xirar un sistema de paletas ao redor dun eixe. Este sistema acciónase por un corpo que cae dunha certa altura. O traballo efectuado polo corpo na caída emprégase en axitar a auga e convértese en enerxía calorífica. Así resulta que 1 caloría=4,186 joules, ou ben, 1 kcal=427,1 kpm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser do mesmo valor, do mesmo efecto ou da mesma significación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de equivocar ou equivocarse.

    2. Cousa feita de forma desacertada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén considere verdadeira ou apropiada unha cousa en lugar doutra e viceversa.

    2. Tomar por bo ou xulgar como correcto algo que non o é e viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de equívoco.

    2. Carácter en virtude do que un concepto se aplica en dous sentidos distintos. Oposta á univocidade, a medio camino entre ambas está a analoxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é susceptible de ser interpretado de dúas ou máis maneiras diferentes.

    2. Que provoca sospeitas polo seu comportamento ou intencións.

    3. Interpretación incorrecta dun feito que provoca confusión.

      1. Palabra ou expresión que pode ser entendida ou interpretada de dúas ou máis maneiras diferentes.

      2. Figura retórica que vén determinada polo xogo homofónico da identidade formal dun termo repetido, empregado con diferentes significados. Tamén se denomina aequivocatio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación do Cabaliño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de équidos, da orde dos perisodáctilos, ao que pertencen os cabalos, as cebras, os cebros e os asnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cadro dun taboleiro do xogo de xadrez ou de damas.

    2. Figura ou división cadrada semellante á dun taboleiro de xadrez ou damas.

    3. Cada unha das divisións cadradas do escudo, en esmaltes alternos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está dividido en cadros coma os do taboleiro de xadrez.

      1. Aplícase ao escudo co campo dividido por dous trazos verticais e tres horizontais, formando doce cadrados con esmaltes alternos, coma nun taboleiro de xadrez, e que se denominan puntos.

      2. Aplícase ás pezas ou figuras do escudo que están divididas en escaques. A diferencia das componadas -en que alternan un metal e unha cor nunha soa tira-, as pezas escaqueadas teñen que ter polo menos dúas disposicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1990. Subtitulouse “Revista bimestral de xadrez”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido vexetal de sostén con células de paredes grosas, frecuentemente lignificadas, que na madurez poden estar vivas ou mortas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao esclerénquima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da esclerótica propiamente dita, coñecida como esclerite, que se estende á córnea adxacente. Aparece unha opacidade no bordo corneal cerca da área esclerótica afectada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político. Foi cóengo de Zaragoza (1767-1789) e preceptor do futuro Fernando VII. Interveu nas negociacións que levaron á abdicación de Fernando VII (1808) e nas que o liberaron (1814). Membro do consello de Estado, perdeu pronto o favor do rei e foi desterrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade da Coruña. Situada no campus da Zapateira, trátase da única escola de arquitectura de Galicia. Creada ao abeiro do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia por decreto do 17 de agosto de 1973, inaugurouse en 1975. Ao edificio creado coa fundación da escola, uniuse unha segunda construción que acolle os departamentos e os estudios de terceiro ciclo. A dirección do centro correspóndelle á Xunta da Escola e ao Equipo de Dirección. Os estudios baséanse no plano de 1995 que estableceu tres especialidades, Tecnoloxía, Teoría e Deseño e Urbanismo, para acadar o título de arquitecto. Dispón de biblioteca, con hemeroteca e mediateca; laboratorio de deseño asistido; biblioteca de materiais; laboratorio de materiais; laboratorio de medios audiovisuais; laboratorio de fotografía; e taller de maquetas. Mantén convenios coa Deputación da Coruña e coa Xunta de Galicia para a elaboración do inventario do patrimonio arquitectónico da provincia da Coruña....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidade Politécnica de Catalunya dende 1971. Ademais dos estudios de arquitectura inclúe os de paisaxismo e deseño. Ten a súa orixe nos estudios establecidos na Llotja (1817-1850) e na Escola de Mestres de Obras (1850-1869). En 1869 fundouse a Escola Politécnica Provincial que comprendía unha escola de arquitectura, que en 1874 pasou a formar parte da Universidade e en 1875 denominouse Escola Superior de Arquitectura. Facilitou a aparición do modernismo aínda que a súa orientación foi moi académica e recibiu críticas de A. Gaudí e do GATPAC. O seu clasicismo conformou o novecentismo e o monumentalismo da posguerra, e nos anos sesenta tentou introducir a arquitectura do movemento moderno. Formáronse nela algúns arquitectos galegos como X. M. Bartolomé Argüelles, X. M. Casabella e X. Estévez Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Licenciado en Belas Artes pola facultade de San Jordi de Barcelona, ampliou estudios coas bolsas da Generalitat de Catalunya e da Fundació Amigó-Cuyás. As súas obras, baseadas na investigación e na experimentación, abranguen a reprodución gráfica, o debuxo, os elementos pretecnolóxicos como as cámaras escuras, a fotografía e a pintura -na que ademais dos produtos tradicionais empregou novos procedementos baseados en produtos naturais ou compoñentes químicos-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de arquitectura pertencente á Universidad de Madrid. A súa orixe vincúlase aos estudios que se daban na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Trala reforma educativa de 1844, estes estudios desenvolvéronse na Escuela de Nobles Artes (1845) e en 1848 creouse a Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, a primeira que funcionou en España. Dende 1936 a escola ocupa a sede na Ciudad Universitaria. Entre outros arquitectos galegos formáronse nela A. Álex Reylén, F. Castro Represas, J. A. Corrales, A. Fernández-Albalat, J. M. Gallego Jorreto, P. de Llano, I. Seara e A. de la Sota.

    VER O DETALLE DO TERMO