"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
-
Relativo ou pertencente aos graptolites.
-
Fósil do grupo dos graptolites.
-
Grupo de organismos fósiles, mariños, de peridermo quitinoso que formaron colonias flotantes nas zonas neríticas. Atópanse do Cámbrico ao Carbonífero, onde se extinguiron totalmente, e son moi importantes para datar os estratos onde aparecen. Os primeiros graptolites que se atoparon en Galicia foron os de Puentes de Domingo Flórez, no límite das provincias de León e Ourense, en 1860. Dentro dos graptolites destacan os xéneros Diplograptus, Monograptis, Phyllograptus e Rastrites.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Titulouse na Escola Superior d’Arquitectura de Barcelona (1878) e estableceuse en Madrid. Entre as súas obras destacan o edificio La Equitativa (1891), o monumento ao Rei Afonso XII no parque de El Retiro e a casa-palacio Longoria, sede da Sociedad General de Autores (1902-1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor alemán. Fundador e membro do grupo 47, a súa obra mostra a unión entre o compromiso social e a imaxinación. Publicou, entre outros libros, Noch zehn Minuten bis Buffalo (Faltan dez minutos para Buffalo, 1958), Die Blechtrommel (O tambor de folla de lata, 1959), Katz und Maus (O gato e o rato, 1961), Hundejahre (Anos de can, 1963), Örtlich betäubt (Anestesia local, 1969), Aus dem Tagebuch einer Schnecke (Do diario dun caracol, 1975), Der Butt (O rodaballo, 1977), Das Treffen in Telgte (Encontro en Telgte, 1979), Aufsätze zur Literatur (Ensaios sobre literatura, 1980), Die Rättin (A rata, 1986), Zunge Zeigen (Ensinar a lingua, 1988), Unkenrufe (Malos presaxios, 1992), Ein weites Feld (Un conto longo, 1995), Mein Jahrhundert (O meu século, 1999) e Im Krebsgang (A paso de caranguexo, 2002). Entre outros galardóns recibiu o Premio Büchner (1965), o Premio Feltrinelli (1982), o Premio Nobel de Literatura (1999) e o Premio Príncipe de Asturias (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Provenza, no departamento dos Alpes Maritímos, Francia, situada na beira meridional do Ròcavinhon (44.790 h [1999]). Nos arredores da cidade abundan os cultivos de rosas e outras flores, como tamén o de laranxeiras, coa finalidade de prover a industria perfumeira, dunha gran tradición na cidade. De orixe romana, desenvolveuse a partir do s X no cruzamento de camiños que unían as grandes rutas comerciais da Provenza. Dedicada ao comercio, acadou a súa independencia no s XII e desde o s XVII desenvolveu unha importante industria dos perfumes. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral (s XII) e o Museo Fragonard.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Zoólogo occitano. Foi profesor da Facultade de Ciencias de París, director do Laboratorie d´Evolution des Êtres Organisés (1941) e membro da Academia das Ciencias (1948). Fixo numerosos traballos sobre os ciclos e a citoloxía dos protozoos, a bioloxía e o comportamento de diversos insectos, especialmente os sociais. Entre as súas obras cabe destacar Traité de zoologie, en 25 volumes (1948-1967), e Parasites et Parasitisme e Précis de biologie animale (1957).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cartelista e deseñador suízo naturalizado francés. Iniciouse como arquitecto con Viollet-le-Duc. Como deseñador de carteis, vidreiras, mobles e xoias, participou na estética da art nouveau. Publicou un método de composición ornamental (1905) e creou un modelo de tipografía (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Profesor de composición na facultade de arquitectura de Milán. Colaborou no desenvolvemento do plan especial de Santiago de Compostela. Foi autor do colexio Raíña Fabiola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e lingüista alemán. Foi o iniciador da análise vectorial e autor de Die Wissenschaft der extensiven Grössen oder die Ausdehnungslehre (A ciencia das magnitudes extensivas ou a teoría da extensión, 1844); e, como lingüista, de Wöterbuch zum Rig--Veda (Dicionario de Rig-Veda, 1873) e Rig-Veda. Übersetzt und mit Kritischen Anmerkungen verschen (Tradución do Rig-Veda, 1876-1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cepillo de arame moi fino que empregan os ourives para limpar e alisar as pezas sobredouradas. Emprégase tamén para limpar armas de fogo.
-
-
Acción e efecto de gratificar.
-
Cantidade independente do salario que, con carácter individual e non periódico, recibe o traballador como estímulo ou recompensa por uns servicios determinados, extraordinarios ou non.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
gratificante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que gratifica ou satisfai.
-
-
Dar a alguén unha gratificación.
-
Compensar a alguén por un servizo ou favor prestado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aresta dunha vela por onde se suxeita ao pao, verga ou estai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dourar no forno, baixo un lume ou calor intensos, a parte superior dunha preparación culinaria para conseguir unha mellor presentación.
-
-
Sen pagar nada.
-
Sen cobrar ou sen obter outra cousa a cambio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Vigo en novembro de 1843. Impreso nos obradoiros tipográficos de Gabriel Román e Xosé Araújo, foi probablemente o primeiro periódico de anuncios que houbo en Galicia. Trátase dunha folla gratuíta con diversidade de anuncios e que incluía algunha noticia local.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Ponteareas en 1914. Publicouse por mor da festa de homenaxe que os habitantes da vila lle ofreceron á sociedade benéfico-social El Despertar del Tea de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento de agradecemento por un favor ou un servizo que se recibiu de alguén e a quen se está obrigado a corresponder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que dá gusto ou agrado.