"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Xénero de aves limícolas coas patas e o peteiro longos. Viven á beira dos ríos e son de cor xeralmente parda e con manchas brancas nas ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Océano Atlántico, situada nas pequenas Antillas, separada uns 15 km ao NL de Venezuela polo golfo de Paria (4.717 km2; 1.070.582 h [2000]). Xunto coa illa de Tobago forma o estado de Trinidad e Tobago. Está percorrida ao N por unha cordilleira que se estende en dirección L-O, paralela á costa, alta e rochosa, que culmina no Aripe (940 m) e que está cuberta de bosque denso. O clima é ecuatorial, con temperaturas suavizadas pola influencia marítima. Nela está a capital do estado, Port-of-Spain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular da América do Sur, nas pequenas Antillas (5.128 km2; 1.114.772 h [2000]). A capital é Port-of-Spain.
    Xeografía
    A república está constituída por Trinidad, a máis meridional das illas do Caribe, e por Tobago, que está a uns 32 km ao NL de Trinidad. Esta illa, situada na costa norte de Venezuela, representa o 94% da superficie total do país. A economía foi profundamente transformada nos últimos decenios, e pasou dunha estrutura agrícola a unha fase de expansión, por razón da explotación de ricos xacementos de petróleo (SO de Trinidad e golfo de Paria), gas natural e asfalto (Pitch Lake), elaborados integramente no país. Os cultivos principais son o da caña de azucre, o café, o cacao e os cítricos. A pesca, malia ser a pequena escala, é importante polo consumo interno. Hai refinarías de petróleo en Pointe-à-Pierre, Point Fortin e La Brea, cuxa capacidade obriga a buscar petróleo bruto en América do Sur e no Golfo Pérsico....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba da Trinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Trindade.

      1. Relativo ou pertencente á orde da Santísima Trindade da Redención dos Cativos.

      2. Membro da orde da Santísima Trindade da Redención dos Cativos, fundada por Xoán de Mata e Félix de Valois e aprobada polo Papa Inocencio III en 1198. A súa finalidade era a redención dos cativos cristiáns caídos en poder dos mouros. Tiñan os tres votos clásicos e un cuarto de entregarse como reféns en lugar dos cativos que non podían redimir e cuxa fe perigaba. Cunha organización semellante ás ordes militares, seguían as normas dos canons regulares. O seu hábito era branco cunha capa negra, e tiñan como distintivo unha cruz azul e vermella sobre o peito. Ao final do s XVI xurdiron os trinitarios descalzos, que se separaron da orde en 1783 e desapareceron en 1897.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Trinidad e Tobago ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Trinidad e Tobago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nitroderivado aromático, altamente explosivo, que se obtén a partir do TNT por eliminación do grupo metilo mediante un proceso de oxidación e que se emprega como explosivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emisión rápida e alterada de dúas notas musicais conxuntas.

    2. Canto dos paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está composto de tres unidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Polinomio que ten tres termos.

    2. Conxunto que está formado por tres elementos que actúan como unha unidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acabado de estrear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pau máis próximo á proa.

    2. Verga que se cruza sobre este pau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza lixeiramente curvada, que aplicada contra unha roda ou barra dentada, permite o paso dos dentes e impide que esta se mova en sentido contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tres veces dez.

    2. Que ocupa o lugar número trinta nunha serie. OBS: Nesta acepción adquire valor de ordinal e polo tanto equivale a trixésimo.

    3. Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 30 e na romana por XXX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito bélico de carácter europeo (1618-1648), que se prolongou na guerra entre Francia e a monarquía hispánica, que durou ata 1659. A primeira fase, chamada bohemio-palatina (1618-1625), iniciouse coa insurrección de Bohemia e os estados da Casa de Austria contra o futuro Emperador Fernando II, de tendencias absolutistas e católicas. Os nobres bohemios elixiron rei ao elector Federico V do Palatinado (1619), pero as tropas da Liga Católica, baixo o mando de T’Serclaes de Tilly, puxeron fin ao reinado de Federico na Batalla da Montaña Branca (1620). Comezou logo a chamada fase danesa (1625-1629), coa intervención de Cristián IV de Dinamarca. T’Serclaes de Tilly derrotou aos daneses na Batalla de Lutter (1626,) e Cristián IV renunciou a intervir en Alemaña (Paz de Lübeck, 1629). A intransixencia de Fernando II, que promulgou o Edito de Restitución (1629), provocou a continuación da loita. Iniciouse entón a chamada fase sueca (1630-1635). Gustavo II Adolfo de Suecia, con apoio francés,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisión de trinta cidadáns oligarcas, chamados tamén os Trinta e os Trinta Tiranos, instituída en Atenas tras a derrota ante Esparta (404 a C). Levaron a cabo feroces persecucións dos partidarios da democracia e despois dun ano de dominio foron depostos nunha revolta, na que participou decisivamente Trasibulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de trinta unidades.

    2. Idade comprendida arredor dos trinta anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e estratexia preconizadas polo sector da CNT favorable aos asinantes do manifesto dos Trinta (1931), contrario ao predominio da FAI na CNT. En realidade recolleu o ideario formulado polos principais dirixentes sindicalistas da CNT durante a Ditadura de Primo de Rivera fronte os partidarios de converter a CNT nun organismo explicitamente anarquista. Impulsou finalmente a constitución dos Sindicatos de Oposición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partir en cachos moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Dereito, foi profesor de dereito canónico na Universidade de Santiago de Compostela. Ordenado sacerdote en 1937, foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela, secretario capitular da mesma e chantre do cabido. Publicou Vida del Ilustrísimo Sr. D. Francisco de Aguiar y Seixas (1951) e La bula “Apostolici Ministerii” en Santiago (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO