"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñación montañosa de dirección NO-SL que se estende polas parroquias da Esculqueira e Chaguazoso, no concello da Mezquita, e lles serve de fronteira con Portugal. Culmina aos 1.152 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formarse ocos nas pedras ou nos cons por causa da erosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado centroeuropeo que limita ao N con Polonia, ao L con Ucraína, ao S con Hungría e ao O con Austria e a República Checa (49.034 km2; 5.397.000 h }estim 2000]). Esténdese entre os 48° e 50° de latitude N e os 17° e 23° de lonxitude L. A súa capital é Bratislava.
    Xeografía física

    Relevo, xeoloxía e climatoloxía
    O relevo eslovaco está constituído por un conxunto de cordilleiras que forman parte dos Cárpatos Occidentais. Ao N destacan os Beskidy Occidentais e os Beskidy Orientais, formados por materiais cristalinos. Tamén ao N, na parte central, localízanse os montes Tatra, onde se sitúa o cumio máis elevado, o pico Gerlachovsky, de 2.653 m de altitude. Ao L, os macizos volcánicos de Vihorlat establecen a transición coas terras baixas. A rede fluvial organízase nas concas do Váh, do Hron e doutros afluentes do Danubio, que serve de fronteira con Hungría, mentres que o Vldava actúa tamén como límite coa República Checa. O seu clima é continental,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Romper ou desfacer algunha cousa en anacos moi pequenos.

    2. Romperse ou desfacerse algunha cousa en anacos moi pequenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Formouse na Escola de Llotja de Barcelona e na Escola de Nobres Artes de Marsella. Membro do grupo dos nazarenos cataláns, en 1842 estableceuse en Madrid, onde fundou a revista artística El Renacimiento, xunto a Federico de Madrazo e Eugenio Ochoa (1847). Foi profesor da Escuela de Bellas Artes dende 1857 e pintor de cámara de Isabel II. Decorou, entre outras, as salas da presidencia do palacio do Congreso de los Diputados (1851?), o palacio Gaaviria (1855-1858) e o paraninfo da Universidade de Madrid (1855-1858). Entre as súas obras destacan A familia Flaquer (1845), Maties Muntadas e La era cristiana (1871). Pertenceu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1843.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político de carácter revolucionario xurdido en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial, liderado por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg. Constituíuse arredor do Spartakusbund (Liga de Espártaco), grupo disidente do partido socialdemócrata alemán e oposto á guerra. O nome procedía da edición das Spartakusbriefe (Cartas de Espártaco), publicadas en xaneiro de 1916. Convertéronse en partido socialdemócrata independente (USPD, 1917) e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Partido Comunista alemán (KPD). En xaneiro de 1919 constituíuse en Berlín un comité revolucionario que deu lugar ao levantamento espartaquista que se estendeu por Hamburgo, Bremen, Saxonia, Magdeburgo e Sarre. O movemento foi reprimido e os seus líderes, Luxemburg e Liebknecht, asasinados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao espartaquismo.

    2. Seguidor do espartaquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da análise química que se basea no estudo do espectro da substancia que se vai analizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina da arqueoloxía que estudia os restos culturais localizados en formacións subterráneas naturais, entre outras, covas, grutas e cavernas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pao ou columna de pedra, ou de calquera outro material, que serve de soporte a algunha cousa para que non caia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo co que se designan as bacterias do xénero Spirochaeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás espiroquetáceas.

    2. Bacteria da familia das espiroquetáceas.

    3. Familia de bacterias da orde das espiroquetais, Gram-negativas, de forma espiral e de tamaño variable (30 a 500 μm), cun axostilo moi claro que forma unha verdadeira crista envolvendo o corpo. Dentro destas existen bacterias saprófitas, simbiontes e parasitas. A familia comprende catro xéneros: Spirochaeta, Cristispira, Treponema e Borrelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás espiroquetais.

    2. Bacteria da orde das espiroquetais.

    3. Orde de bacterias unicelulares non fotosintéticas con células extraordinariamente longas, que se enrolan en espiral e alcanzan de 30 a 500 μm. Presentan axostilos e móvense describindo curvas cara a adiante e cara a atrás, pero mantendo sempre a súa estrutura helicoidal. Habitan xeralmente en sedimentos debaixo da auga sucia. Existen bacterias saprófitas e parasitas patóxenas responsables de enfermidades como a sífilis, as infeccións itéricas ou as febres recorrentes. A orde divídese na familia das espiroquetáceas e na familia das leptospiráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade producida por unha espiroqueta, como a febre recorrente, a sífilis ou a espiroquetose iterohemorráxica ou enfermidade de Weil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que esquece con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de esquecer ou esquecerse.

    2. Situación na que está algo ou alguén dos que ninguén se lembra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Deixar alguén de ter algo na memoria.

      2. Deixar de ter algo ou a alguén en conta.

    1. Deixar alguén de ter afecto por algo ou por outra persoa.

    2. Non vir á memoria.

    3. Non ser algo ou alguén obxecto do afecto dunha persoa.

    4. Non ter algo en conta.

    5. Deixar de ter algo na memoria.

    6. Deixar de ter ou sentir afecto por algo ou por alguén.

    7. Deixar de ter algo en conta. OBS: A vogal radical tónica do Presente de Indicativo é sempre aberta [ɛ].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode esquecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio feito de diferentes materiais, formada por dúas barras longas, colocadas de xeito paralelo e unidas por outras máis pequenas, colocadas transversalmente a unha distancia regular unha das outras, amodo de chanzos.

    2. Chanzos feitos de distintos materiais que se colocan nun terreo para salvar distintas alturas.

    VER O DETALLE DO TERMO