"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratados de paz concertados en Nimega entre agosto de 1678 e febreiro de 1679 para poñer fin á agresión francesa contra Países Baixos. Este feito levou a unha coalición contra Luís XIV, integrada por Países Baixos, a monarquía hispánica, o Sacro Imperio Romano-Xermánico, Brandenburgo e Lorena (1673-1674). Por este tratado, Holanda recuperou Maastricht e obtivo vantaxes comerciais; a monarquía hispánica recuperou Kortrijk, Oudenaarde, Gante, Charleroi e Limburg, pero concedeulle a Francia o Franco Condado e catorce lugares fronteirizos, e ao Sacro Imperio, a cambio de Philippsburg, cedeulle Friburgo de Brisgovia a Francia, que obtivo tamén o Ducado de Lorena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia, da familia das benzodiacepinas, que funde a 225°C. O seu uso está indicado na ansiedade e no insomnio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacteriostático que se presenta en forma de lamelas amarelas que se descompoñen entre 236°C e 240°C. Emprégase en medicina como antibacteriana local.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Cibrao das Viñas. Trátase dun edificio en forma de L, cunha planta na zona norte, e dúas na sur.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Noceda (As Nogais). Trátase dunha casona antiga que sufriu sucesivas reformas. A fachada principal, no lado S, é de cachotaría cunha portada alintelada que dá acceso a un patio interior cadrado. Conta cunha igrexa con campanario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos tratados de paz que puxeron fin á Guerra dos Trinta Anos no Mar Báltico e que tiveron lugar en Oliva (maio de 1660), Copenhaguen (xuño de 1661) e Kardis (xullo de 1661) entre Suecia, Dinamarca, Polonia e Rusia. Suecia obtivo o recoñecemento da súa soberanía sobre Pomerania, Livonia, Escania, Blekinge e as illas Åland, feito que significaba a hexemonía sobre o Mar Báltico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de tratados de paz asinados entre Suecia e os países coligados contra ela que puxeron fin á Guerra Nórdica. Polos Tratados de Estocolmo (1719-1720) Suecia cedeu Bremen e Verden a Hannover, Stettin e a Pomerania ao S do río Peene a Prusia e Slesvig a Dinamarca, ademais das concesións feitas a Rusia polo Tratado de Nystad (1721).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vigo (Cambre). Ten unha planta formada pola unión de dous corpos rectangulares, anexionados polo lado maior e desprazados. No lado máis pequeno sitúase unha torre de baixo e dous pisos, mentres que o resto do edificio só ten unha planta. Os muros están recebados, a excepción dos ocos, que están encintados en cantaría. Na fachada destaca un escudo.
-
GALICIA
Historiador. Foi subdirector xeral do Libro, Bibliotecas e Patrimonio Documental da Xunta de Galicia (1984-1988) e director xeral de Educación Básica da Xunta de Galicia (1987-1990). Da súa produción destacan Loio, de Monasterio Frutuosiano a encomienda Santiaguista (1984), Lois Peña Novo: Irmán da Fala, agrarista, avogado, galeguista, republicano, a paixón política, historia dunha frustación (1995) e Abrindo as portas ao San Froilán 1999 (2000). Recibiu o Premio de Investigación Científica para profesores de ensinanzas medias (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Municipo de Madrid, situado en La Alcarria (4.073 h [2001]). A vila foi deseñada por José Benito Churriguera, que a fixo por encargo dun banqueiro entre 1709 e 1713, e na que segue a tradición de Henares e de Lerma.
-
CIDADES
Cidade do ken de Shizuoka, na illa de Honshū, Xapón (211.382 h [1997]). Está situada na costa suroriental da illa, na desembocadura do Kanagawa, na baía de Suruga, 140 km ao SO de Toquio. Antiga cidade feudal, é un centro industrial, con produción de maquinaria, papel, metalúrxica e téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor, fillo de Ramón Núñez Espinosa. Traballou en Pontevedra a partir de 1850 e editou Un recuerdo histórico (1850), de Neira Mosquera, ademais de diferentes publicacións periódicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto automobilístico italiano. Despois dunha exitosa carreira no mundo do motociclismo (1921-1930), chegou ao automobilismo da man de Alfa Romeo (1930), para logo pasar a Ferrari (1935). Foi o único que inquietou a superioridade das marcas alemás Mercedes-Benz e Auto Union. Gañador de varios grandes premios, destacan as súas vitorias en Tunisia, na Eiffelrennen, na Coppa Ciano, na Targa Florio e nas 24 Heurs de Le Mans (1933).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do megye de Szabolcs-Szatmár-Bereg, Hungría (113.000 h [2000]). É un centro agrícola e núcleo industrial onde destaca o téxtil, a alimentación e o tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Praza monumental situada en Santiago de Compostela. Fórmana as fachadas dos principais edificios da cidade, en que se mesturan elementos arquitectónicos clásicos e barrocos. Débelle o nome ao obradoiro que se instalou nela para as obras que alí se realizaron durante séculos, e en que escultores e canteiros traballaban a pedra dos edificios que están ao seu redor e que conforman a representación do poder eclesiástico e civil, co concello, a catedral e a universidade. Está presidida pola fachada barroca da catedral de Santiago de Compostela (Ben de Interese Cultural, BIC, 1896), iniciada por Fernando de Casas Novoa en 1739, así como pola galería do claustro á súa dereita, que alberga o museo, e o pazo de Xelmírez (BIC, 1931) á esquerda. No lado S péchaa a portada gótica do pazo de San Xerome (ss XV-XVI) e no lado O o pazo de Raxoi (s XVIII), de estilo neoclásico e que alberga as dependencias da casa do concello. No lado N atópase o Hospital Real (BIC, 1931), mandado erixir polos Reis Católicos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ferrol a partir de xaneiro de 1928. Cesou en xullo de 1930. Subtitulouse “Revista mensual con censura eclesiástica, órgano del Círculo Católico de Obreros de Ferrol y de sus obras filiales”. De saída mensual, foi a sucesora do Boletín del Círculo Católico de Obreros de Ferrol. Os seus contidos centráronse na relixión e no mundo laboral. Dirixida por Antonio Porta Gárate (desde decembro de 1928), contou coas colaboracións de F. Gumersindo Placer, autor de recensións de teatro galego e artigos sobre folclore.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Oca (A Estrada). Ergueuse durante o s XVII, sobre as ruínas dunha fortaleza do s XV, e finalizouse en 1730. Foi propiedade de Sueiro de Oca, que o perdeu en 1477 ante o arcebispo de Santiago de Compostela, Alonso I de Fonseca. En 1586 comprouno María de Neira e un dos seus descendentes entroncou cos Gayoso. Pertence á casa ducal de Medinaceli. A parte máis antiga do pazo, construída en 1733 polo señor de Oca, Andrés Gayoso Ozores y Sotomayor, ten dúas ás en forma de L con dous andares e ten anexada unha torre, de planta cadrada e ameada. No andar inferior da fachada principal abriuse a porta e no superior un balcón. Na fachada posterior leva un pórtico cunha escalinata que descende ao patio, onde estaban as vivendas da servidume e as cortes; unha importante balaustrada na parte superior facía a función de solaina. Á vivenda uniuse unha capela dedicada a santo Antón, construída entre 1731 e 1752, con planta de cruz latina e anexada a través dunha balconada que permitía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Ourense. As obras da construción orixinal deberon comenzar durante a metade do s XV, por orde de Sueiro de Oca. No s XVI, Álvaro de Oca Sarmiento ordenou a súa reconstrución ao canteiro Antonio Díaz, en estilo plateresco, aínda que o pazo foi reformado e ampliado en posteriores ocasións. A fachada presenta características góticas, como a verticalidade, a tipoloxía dos escudos ou as columnas balaustradas. A portada é rectangular e arquitrabada, enmarcada por baquetas. No segundo andar abríronse catro balcóns voados sobre ménsulas, con balaustradas de pedra tallada. Rodeando ao que está sobre a portada principal, colocáronse tres escudos de armas. O interior organizouse ao redor dun patio cuberto, de dous andares. O de abaixo, conta con oito piares octogonais e o superior con esveltas columnas toscanas. Destacan os brasóns das pilastras, a escalinata e unha fonte de mármore de Carrara, que procede de Oseira. Pertenceu aos Oca, Valladares e Samiento e en 1850 converteuse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bureau International Permanent de la Paix.
-
GALICIA
Xurista, mestre e escritor. Licenciado en Filosofía e Letras (1940) e en Dereito (1950) pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a docencia en diferentes centros de Pontevedra (1940-1943), Lugo (1943-1949), Astorga (1949-1954) e Ourense (1954-1983). Integrouse nas Mocidades Galeguistas antes da Guerra Civil Española e presidiu a Caixa de Aforros de Ourense (1981). Colaborador de varios xornais e revistas e está considerado como o máximo bibliófilo galego. Publicou, entre outras obras, Dolor y olvido de López Ferreiro (1939), La biblioteca ideal de un cura mindoniense del siglo XVI (1947), Cuatro grandes juristas orensanos (1960), La custodia de Arfe en la catedral de Santiago (1973), Tres fitos senlleiros na historiografía da lingua galega: 1768, 1868, 1968 (1980), Fantasía e realidade en “La Catedral y el niño” (1997) e Otero Pedrayo, orador (2001). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, académico correspondente...
VER O DETALLE DO TERMO